×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Viernes, 05 Diciembre 2014 09:38

AXUDAS GALICIARIO-EXCELENCIA DEPORTIVA

Written by
Rate this item
(0 votes)

DESCARGA DE IMPRESOS:

https://www.dropbox.com/sh/l67f5ogqppx1ma5/AAATp9fcZ2oE_yX_5k6V7Kt6a?dl=0

Infórmase de que hoxe  5 de decembro publicamos no Diario Oficial de Galicia a 1ª fase de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, baixo a denominación  “Convocatoria de AXUDAS GALICIARÍO- EXCELENCIA DEPORTIVA”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación de deportistas DGAN  e para a súa clasificacións aos XXOO/XXPP de Río 2016. Seguindo coa filosofía de anos e convocatorias precedentes, este plan é unha actuación máis na liña de apoiar aos nosos deportistas para que sigan mellorando o seu rendemento deportivo e co que pretendemos axudarlles na súa dedicación ao deporte de alto nivel.

VER MÁIS INFORMACIÓN


Pola experiencia acumulada nos anos anteriores, e ao fin de optimizar esta actuación de xeito que resulte o máis operativa e beneficiosa para os deportistas destinatarios, neste ano incorporamos como novidade unha convocatoria en dúas fases:

  • 1ª FASE: Decembro 2014: Publicada no día de hoxe. Fíxense no apartado 3 e no 6.3 das bases para ver se algún dos seus deportistas pode ser beneficiario/a desta primeira fase.

Esta primeria fase hoxe publicada, e denominada “Axudas GALICIARÍO – EXCELENCIA DEPORTIVA”¸ conta á súa vez con dous tipos e axudas: as axudas GALICIARÍO (destinadas a Deportistas que teñan participado en XXOO/XXPP anteriores e que continúen a prepararse para os vindeiros XXOO/XXPP de Río 2016) e as axudas Excelencia DGAN 1-2-3 (destinadas a deportistas que teñan acadado os máis altos resultados en competicións deportivas internacionais da súa modalidade, sexa olímpica ou non –ver condicións nas bases-). Se algún deportista está nestes supostos, poderán optar ás axudas convocadas hoxe.

  • 2ª FASE: Principios 2015, da que os/as manteremos informados/as.

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e rematará o vindeiro 15 de decembro.

Se algún dos deportistas DGAN da súa federación non se atopa entre os posibles beneficiarios da primeira fase “Axudas GALICIARÍO – EXCELENCIA DEPORTIVA”,  a principios de 2015 -como lle dicía-, publicaremos a segunda fase: serán as axudas DGAN.

Para calquera dúbida, pode contactar conmigo ou co Técnico Deportivo responsable desta convocatoria, Luciano Díaz no teléfono 881999843 ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

Read 1062 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.