×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Jueves, 22 Enero 2015 00:00

O SÁBADO 24 CELEBRARANSE EN MOAÑA OS CAMPIONATOS GALEGOS SUB 21 E CADETE

Written by
Rate this item
(0 votes)

A competición comezará ás 09.30 horas e contará coa participación de 246 deportistas.


A Coruña, 22 de xaneiro de 2015. O sábado 24 de xaneiro (a partir das 09.30 horas) celebraranse en Moaña (pavillón municipal de Reibón) os Campionatos Galegos cadete e sub 21, que reunirán a máis de 240 deportistas destas categorías e 31 árbitros. A calidade está garantida neste torneo xa que no mesmo participarán medallistas estatais e incluso en competicións internacionais.


O torneo cadete comezará ás 09.30 de mañá coa participación de máis de 150 deportistas (63 mulleres e 88 homes), mentres que o sub 21 terá lugar pola tarde (a partir das 15.30 horas) con cen taekwondistas (43 na categoría feminina e 52 na masculina). En ambos casos estará en xogo a clasificación para o Campionato de España das diferentes categorías, que está previsto para o mes de marzo.

Read 1570 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.