O traballo da Federación Galega de Taekwondo e de todos e cada un dos que formamos parte da familia do taekwondo galego será recoñecido no transcurso da gala dos Premios Nacionais de Taekwondo, que se celebrará o próximo día 13 de febreiro en Cartagena.
A Federación Galega recibirá o Premio Nacional a federación autonómica que mellor promocionou o noso deporte no ano 2014. Nesta categoría tamén resultarán galardonadas as federacións de Asturias e Andalucía.
Ademais, tamén teremos premios a nivel individual. Alejandro Vidal recibirá o Premio Nacional ao Deportista de Combate en categoría de Parataekwondo do ano 2014, mentres que a xuiza María Bautista Mestre recollerá a medalla de bronce ao mérito deportivo.
Dende a Federación Galega de Taekwondo queremos dar a noraboa a todos os premiados tanto a nivel individual coma colectivo.
A gala celebrarase o día 13 de febrero (20:00 horas) no salón de actos "Isaac Peral" da Facultade de Ciencias da Empresa de Cartagena.