Jueves, 12 Febrero 2015 00:00

A selección galega participará o sábado 14 de febreiro no Campionato de España sénior de combate

Written by
Rate this item
(0 votes)

A selección galega participará o sábado 14 de febreiro (a partir das 08.00 horas) no Campionato de España sénior de combate, que se celebrará en Cartaxena. O torneo será clasificatorio para o Mundial de Rusia.

O combinado galego partirá en autobús esta noite en dirección a Cartaxena, onde terá lugar tanto a gala de entrega dos Premios Nacionais de Taekwondo coma o Campionato de España sénior. A selección viaxa coa intención de acadar bos resultados, sobre todo porque as e os deportistas buscarán a súa clasificación para participar no próximo mundial.

No equipo galego destacan deportistas cun magnífico curriculum e con posibilidades de loitar polo título, ademais de taekwondistas novos que veñen empurrando forte. Así contamos con medallistas nacionais e internacionais coma os irmáns José e Juan Fernández (ambos recuperados de sendas lesións), Fernando Rascado, Borja Ríos, Lúa Piñeiro ou Katia Calvar, por exemplo, e tamén cos máis novos Xian Silva (prata no Europeo sub 21) ou Sabela López, que o pasado ano xa logrou unha medalla no Campionato de España absoluto, a pesar da súa idade. No Campionato de España, que se celebrará nos seis tapices dispostos no pavillón central, participarán un total de 250 deportistas, 75 técnicos e 56 árbitros.

Resultados 2014. Galicia logrou un total de dez medallas (dous ouros, tres pratas e cinco bronces) no Campionato de España sénior de combate 2014 que se disputou en Cáceres. Con estes resultados, Galicia logrou na clasificación por equipos a medalla de bronce na categoría feminina, e foi prata na masculina e na xeral.

Os ouros foron para Juan Fernández e Lúa Piñeiro, mentres que as pratas foron para Xián Silva, Borja Ríos e Sabela López. Ademais, Galicia logrou cinco bronces para Miguel Cobas, Katia Calvar, Lara Ouviña, Francisco Padín e Fernando Rascado.

Read 1244 times Last modified on Jueves, 12 Febrero 2015 11:33
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.