×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Miércoles, 21 Febrero 2018 00:00

Circular 07/2018. Cpto. Galego Sub-21

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 07/2018

 

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO SUB 21 MASCULINO E FEMININO

“XUNTA DE GALICIA” - ANO 2018

 

 

 

  1. A COMPETICIÓN

 

  • LUGAR: POLIDEPORTIVO CASTELAO II, RÚA PARAISO - ORDES (A CORUÑA).
  • DATA: Sábado, 7 de abril de 2018.
  • HORÁRIO: A partires das 09.00 HORAS. (o horario podería modificarse en función do número de inscritos).

 

  1. NORMAS TÉCNICAS

 

  1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2018, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, antes das 13.00 horas do luns 26/03/2018.

  1. Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas orixinais, poñéndoas a disposición da FGT se fosen requeridas.
  2. GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto Marrón.

Feminino: Cinto Azul.

  • DOCUMENTACIÓN :
    • Inscrición na aplicación web e autorización paterna para os menores de 18 anos, que será custodiada polo clube en orixinal.
    • Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa e grao do presente ano 2018, obtidos coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos poidan estar actualizados na aplicación.

 

  • IDADES: Poderán participar os desportistas nados nos anos 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002.
  • PROTECCIÓNS: Son obrigatorias toda-las proteccións reglamentarias. Cada desportista deberá te-las súas, excepto o peto.
  • OS COMBATES: Rexerase polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
  • ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
  • UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • PESOS:

MASCULINO : -50,-54,-58,-63,-68,-74,-80,-87,+87

FEMENINO: -43, -46, -49,-53,-57,-62,-67,-73,+73

 

Os pesos de -50kg masculino e -43kg femenino NON clasificacirán para o cpto. de España desta categoría, xa que os oficiais son os mesmos da categoría absoluta.

 

  • TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Oro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: as medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán para a clasificazón. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).

 

  1. ORGANIZACIÓN

 

  • ORGANIZA o Clube XXX por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  • PESAXE: PESAXE: Venres, día 6, provincia de:

 

  • Riveira: Club Natural Sport, ÁS 17.00 horas.
  • A Coruña: Gimnasio Garrapucho de 17:00 a 18:00 horas.
  • Marín: Ximnasio Mat´s de 16:00 a 17:00 horas.
  • Vigo: Ximnasio Seungsport. Rúa Travesía de Vigo, 36 interior.

                                               (Nas instalacións do Colexio Quiñones de León). De 16.00 a 17.30 horas.

  • Lugo: Ximnasio Jansu. Domingo Goas - Vilalba. De 17:00 a 18:00 horas.
  • Ourense: Ximnasio Couto. De 13:00 a 15:00 horas.

 

 

  • SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
  • COMEZO DA COMPETICIÓN: ÁS 09.00 HORAS.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

  • PERTENZA A CLUB FEDERADO: Os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2018.
  • ÁRBITROS: Os clubes deberán nominar obrigaroriamente un árbitro, inscribíndoo na APLICACIÓN WEB e comunicándoo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. durante o prazo de inscrición oficial . Os que non o nominen dentro do periodo de inscrición non poderán participar na competición. Os que o nominen fora de prazo pagarán a cuota de 10 euros.

 

 

  1. RECLAMACIÓNS :

 

  • COMITÉ DE CAMPEONATO: Estará formado por:

Presidente: D. Juan Carlos Quintana Domínguez.

Vocais: O director do clube organizador e dous un técnicos máis que serán escollidos por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

 

  • RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor.Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.

Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 €), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.

 

  • Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, con chándal ou dobok, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

NOTAS MOI IMPORTANTES:

 

Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas.

 

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

 

  1. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
  1. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

ACORDO DA ASAMBLEA DE 16/02/2012.- OS COMPETIDORES NON PODERÁN PARTICIPAR NOS CPTOS. GALEGOS OFICIAIS CO EQUIPAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA.

          

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE, PROTOCOLO E CADRO MÉDICO PARA OS SEUS COMPETIDORES.

 

NOS SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS DE NINGÚN TIPO O DÍA DA COMPETICIÓN SE NON SE REALIZAN SEGUNDO O PROTOCOLO ENRIBA ESTABLECIDO.

 

A Coruña, 20 de febreiro de 2018

                                                                                              O SECRETÁRIO XERAL

 

 

                                                                                             Juan Carlos Caínzos Gómez

Read 897 times Last modified on Martes, 13 Marzo 2018 13:39

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.