Esta fin de semana celebraranse as fases provinciais de de Pontevedra, A Coruña e Lugo do taekwondo escolar nas modalidades de técnica e freestyle na que participarán preto de 550 deportistas das categorías benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
A fase provincial da Coruña celebrarase o sábado 21 de abril (09:30 horas) no Pavillón de Palmeira – Alcalde Torres Colomer en Riveira, organizado polo club Natural Sport de Riveira, coa participación de 191 deportistas. A proba de Lugo tamén se disputará o sábado, no Pavillón Municipal de Taboada a partir das 10:00 horas coa participación de 71 taekwondistas. Este torneo será organizado polo Neka.
A última fase provincial en celebrarse esta fin de semana será a de Pontevedra, que terá lugar o domingo 22 de abril no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra (a partir das 09:30 horas). Será a proba de maior participación con 277 taekwondistas inscritos e estará organizada polo Mace Sport.
A fase provincial de Ourense disputarase o sábado 28 de abril no Pavillón de Oira (Ourense) con 58 deportistas inscritos.
A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final, que se celebrará o domingo 6 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte de Lemos. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.