Circular 11/2018
DEPORTE ESCOLAR
FASE PROVINCIAL E AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubs:
HORARIOS: CONFIRMARANSE HORARIOS
A Coruña: Domingo 13/05/2018. CLUBE DOBOK. Pavillón Municipal de Arteixo.
Pontevedra: Sábado 12/05/2018. CLUBE KIAP. PAVILLÓN DAS MARISMAS EN REDONDELA.
Lugo: Domingo 13/05/2018. CLUBE JANSU. Pavillón Municipal de Vilalba.
Ourense: Domingo 13/05/2018. CLUBE COUTO. OURENSE.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubs organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).
As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta ATA AS 13.00 HORAS DO 06/05/2018. Nesa data a inscrición pecharase e será definitiva sen posibilidade de cambios.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN – OS CLUBES CONTAN CUN LISTADO ACTUALIZADO DE DEPORTISTAS MUTUALIZADOS.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN – EXHIBICIÓN INFANTIL E CADETE
A inscrición farase por equipo (3 equipos como máximo por categoría e club). En caso de que un club teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 6 deportistas como mínimo e 9 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.
Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos.
- Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
- Los competidores participarán co mesmo grao que figuran en la inscrición.
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 2006 ata o 2009, coa posibilidade de poder inscribir un máximo de tres deportistas do ano 2010 por club, non por equipo.
*OS DEPORTISTAS QUE PARTICIPARAN NA CATEGORÍA CADETE NON PODERÁN PARTICIPAR NESTA CATEGORIA.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009.
* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. Non se require grao mínimo para participar, pero sí se o equipo pretende clasificar para o cpto. de España. Amarelo /Laranxa.
CLASIFICACIÓN:
O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado, ou ouro, prata e bronces.
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
DATA: 19/05/2018
LUGAR: OUTES A CORUÑA
ORGANIZA CLUBE NATURAL SPORT
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares e todos os empatados co último clasificado.
- Os competidores de exhibición deberán presentar DNI na mesa de revisión de acceso ó tapiz.
- Os competidores participarán co mesmo grao que figuran na inscrición.
A Coruña, 26/04/18 Asdo. Juan Carlos Caínzos.- Secretario Xeral