Martes, 08 Mayo 2018 00:00

Miguel Barreiro, seleccionado para formar parte do equipo de Exhibición da Federación Mundial

Written by
Rate this item
(0 votes)
Miguel Barreiro Estévez, integrante do club Yidam-CEIP Balaídos e subcampión do mundo de taekwondo praia na modalidade de Rompementos, foi seleccionado para formar parte do Equipo de exhibición da Federación Mundial. É a primeira vez na historia que un español obtén este nomeamento.
 
Desde o 1 de xuño ao 31 de decembro realizará exhibicións por todo o mundo no equipo que neste momento é o mellor do mundo. Miguel Barreiro participou no Cto do mundo praia celebrado na illa de Rodas, Grecia, e obtivo ademais do subcampionato na modalidade de Rompementos libres, tamén o mesmo posto en rompemento de salto de altura e en quinteto freestyle de exhibición.
 
A modalidade de rompementos libres, é sen dúbida a máis espectacular: O participante ten 2 minutos de tempo e pode romper un máximo de 10 táboas en modo de coreografía. Despois do pase á final, a actuación de Miguel foi espectacular só fallou unha táboa quedándose a escasas décimas do representante coreano que obtivo o campionato.
 
Miguel é cinto negro 1er dan, leva practicando taekwondo desde os 4 anos como actividade extraescolar no colexio Balaídos ata que decidiu unirse aos grupos de exhibición do club Yidam onde conseguiu ser tres veces campión de España de exhibición.
 

 

Read 934 times
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.