Pablo Fernández Eiras (+87 quilogramos, Mat's) non tivo moita sorte no sorteo do Campionato de Europa Sénior de Kazán. Ao galego tocoulle en "sorte" no primeiro cruce do seu peso un dos favoritos para as medallas, o ruso Oleg Kuznetcov, e ao que se enfrontara hai un par de semanas na Copa Presidente de Grecia.
Hoxe Pablo deu a cara dende o inicio. O combate estivo moi axustado nos dous primeiros asaltos e no terceiro, Kuznetcov logrou poñerse por diante no marcador. Isto obrigou a Eiras a atacar e deixar aberta a posibilidade de contras para o ruso, de enorme envergadura, que non as desaprovechou, para aumentar así as distancias.
Desta forma rematou a aventura de Pablo Fernández Eiras no Europeo Sénior de Kazán. Pola súa banda, Kuznetcov acadou a medalla de bronce.