Viernes, 18 Mayo 2018 00:00

O 19 de maio celebrarase en Outes a Final Galega Escolar de Combate e Exhibición con 480 participantes

Written by
Rate this item
(0 votes)

O sábado 19 de maio celebrarase en Outes (Pavillón Municipal da Serra de Outes) a final galega de taekwondo escolar nas modalidades de combate e exhibición, cunha participación total de 480 deportistas e 43 árbitros.

 

A final de exhibición -categorías infantil (deportistas nados entre os anos 2006 e 2009) e cadete (nados entre os anos 2002 e 2009)- comezará ás 10:00 horas. Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan  movementos, defensa persoal e acrobacias. Ademais, na categoría cadete está en xogo a clasificación para o Campionato de España, xa que os dous primeiros clasificados serán os representantes galegos no Estatal. Na modalidade de exhibición participarán 13 equipos na categoría cadete e  14 en infantil. En  total 260 deportistas.

 

A modalidade de combate comezará ás 14:30 horas coa participación de 220 deportistas das categoría alevín (nados nos anos 2006 e 2007) e infantil (nados nos anos 2004 e 2005). As e os taekwondistas competirán coas pertinentes proteccións. Na categoría alevín a zona de combate queda reducida (6x6 metros) e os combates serán de dous asaltos de minuto e medio (cun descanso de 40 segundos). Non poderán participar nesta competición os medallistas ouro e prata nos Campionatos Galegos ou membros da selección galega.

 

Para participar na final, as e os deportistas tiveron que quedar na metade mellor clasificada nas fases provinciais celebradas a pasada fin de semana. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que delega.

 

Read 1877 times
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.