×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Martes, 22 Mayo 2018 00:00

Cpto. España Universitario

Written by
Rate this item
(0 votes)

 

A Universidade da Coruña participou a pasada fin de semana no Campionato de España Universitario celebrado en Los Alcázares, Murcia. Sofía Pérez, Sara García e Laura Dosil foron as representantes da UDC, que, con Rubén Taboada como coach, acadaron pleno de medallas:
- Sofía Pérez, do Natural Sport, fixo valer a sua condición de cabeza de serie 1 e acadou a medalla de ouro e o titulo de Campiona de España na categoría de -73 kg.
- Sara García, do Dobok, acadou a medalla de bronce na categoría de -57 kg. Despois de chegar ata semifinais, Sara perdeu nun combate moi axustado con Águeda Redondo, da Univ. Miguel Hernández, quen despois sería a gañadora da categoría.
- Laura Dosil, do Natural Sport, debutou nun universitario cunha merecida medalla de bronce. Laura cruzouse en semifinais coa subcampiona olímpica, Eva Calvo, a quen foi gañando durante parte importante do combate. Eva fixo valer a súa experiencia para poñerse por diante nun par de accións do segundo asalto, pero Laura non cedeu terreo e estivo a piques de empatar o combate nos últimos segundos.

 

Read 967 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.