Domingo, 27 Mayo 2018 00:00

A selección galega sub 21 feminina, primeira no Campionato de España Featured

Written by
Rate this item
(0 votes)

Galicia volveu subirse ao podio do Campionato de España sub 21. A selección feminina sub 21 logrou onte en Marina D’Or a primeira posición por equipos, mentes que na clasificación xeral (masculina e feminina) foi bronce cun total de trece medallas (2 ouros, 4 pratas e 7 bronces).

 

Categoría feminina

 

Como sempre, as nosas deportistas estiveron impresionantes. En -53 quilogramos temos a dúas grandes campioas que sempre están no máis alto do podio. Esta vez foi Alma Pérez (Suh Sport) a que logrou a medalla de ouro contra Arlet Ortiz (Mat’s), que foi prata.

 

Alma gañou todos os seus combates con bastante superioridade. En primeira rolda superou a Sori Kim (Extremadura) por 19-6 e nos cuartos a Natalia Ruedas (Castela a Mancha) por 17-31. Na semifinal a rival era á valenciana Lorena Macía e Alma gañou de forma contundente (21-14). E na final esperaba a súa compañeira de adestramento, Arlet Ortiz. Ambas se coñecen moi ben e iso queda reflectido no tapiz, con combates moi apertados. Onte Alma foi mellor e venceu por 9-17, para lograr así o título de campioa de España.

 

Polo outro lado do cadro, Arlet venceu á Carla Reig (Valencia) por 5-1 e na semifinal a Lorena Cabel (Valencia) nun axustado combate (3-2). Na final non puido con Alma.

 

No peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) estivo abafadora. No primeiro combate foi moi superior a Sara Mora (Canarias), como amosa o resultado de 12-1. Na semifinal sentenciou a Desiree Ortega (Valencia) cun 1-16 e na final esperaba a catalá Silvia Boix, que nos últimos combate se lle atragantara a Tania. Pero onte a galega non deu a mínima opción. Tomou o mando dende o inicio e foi moi superior (18-3).

 

En – 49 quilogramos, prata (María González) e bronce (Sara Cortegoso) galegos. María González (Couto) gañou tres combates: A Patricia Oliva de Extremadura (7-11); a María Aguado (Castela a Mancha) por 20-6 e a Sheila Torras (Cataluña) por 21-22. Na final perdeu contra Irena Laguna (Madrid) por 3-15. Pola súa banda, Sara Cortegoso venceu a Eva Muñoz (Andalucía) por 25-4 e posteriormente a Julia Real (Canarias) nun apertado combate. Caeu en semifinais con Irene Laguna (Madrid), tamén de forma moi axustada (19-21).

 

Sofía Pérez (-73 quilogramos, Natural Sport) logrou o seu bronce ao superar a Neus Domenech (Valencia) por 6-4 nos cuartos de final. Na semifinal foi superada por Lea López (Cataluña) por un axustado 6-8.

 

En -62 quilogramos, Myriam García (Patiño) venceu en cuartos de final de forma clara a María Cano (Madrid) por 24-8 e na semifinal, contra Laura Pérez (Castela e León), quedou as beiras da final. Foi un combate moi axustado que se decidiu no punto de ouro.

 

Categoría masculina

 

Dani Corrales (-87, Patiño) logrou a medalla de prata tras gañar a Andrew Morales (Canarias) por 4-0 e a Alonso Hernández (Madrid) por  2-11. Perdeu na final contra Manuel Villén (Murcia) por 12-21.

 

Ademais, Adrián Pombo (-80, Natural Sport) tamén acadou o subcampionato, tras vencer en dous combates. Superou a Gabriel Molina (Madrid) por 5-0 e a Jorge Ros (Valencia) no punto de ouro (2-0). Na final enfrontouse a Jon Cintado, nun axustadísimo e fermoso combate que, nesta ocasión, caeu a favor do valenciano por 5-4.

 

Ademais houbo catro bronces. Brais Iglesias (-74, Natural Sport) subiu ao terceiro chanzo do podio, tras lograr a vitoria en dous combates por 1-22 (a Pablo Ortega, de Castela e Mancha). Unai Silva (-68, Mace Sport) tamén foi bronce con dous triunfos: Ante Kevin Rodríguez (Extremadura) por 20-7 e Óscar Hernández (Castela e León), por 12-14. Caeu na semifinal contra Raúl Corredor (Madrid) por 7-13.

 

No peso pesado houbo dous bronces galegos. Jesús Manuel Veiga (Maniotas) gañou a Félix Martín (Castela a Mancha) por 13-9 e confirmou a súa presenza no podio, pero perdeu en semifinal contra o madrileño Alejandro Vilariño (13-10). Pola súa banda, Emilio Pousada (Mace Sport) venceu a Miguel Ángel Vargas (Canarias) por 10-21 e garantiu o seu bronce. Posteriormente non puido clasificarse para a final, ao perder ante Borja Sánchez (Aragón) por 10-0.

 

Read 1270 times
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.