Aproveitando o marco iniguable que ofrece SO10 Campamento Internacional de Verán de Taekwondo, e que se celebrará durante os días 9 ao 15 de xullo, a FGT en colaboración co Club Natural Sport - Videlgi e o Concello de Riveira, lanza un curso gratuito, enfocado a formación continua e permanente dos Adestradores Galegos.
Este curso contará con verdadeiros especialistas na materia, destacando o Dr. Joaquín Dosil, unha verdadeira eminencia no traballo psicolóxico cond eportistas e adestradores. A través da sua ponencia "Adestramento Mental en Taekwondo", abordaranse estratexias mentais para traballar en taekwondo, o adestrador líder, a comunicación e a fortaleza mental.
Outros especialistas cos que contaremos serán o mestre Salvador Allende, o mellor adestrador do mundo en traballo desde idades tempranas na nosa especialidade, e que desenrolará unha serie de talleres con adestradores atendendo aos cativos e cativas segundo as súas idades.
A nivel de arbitraxe, e como sempre da man da nosa Internacional María Bautista, acompañada por dúas árbitros excepcionais como son Carmen Navarro e Paula Remírez, trasladarannos todas as novidades regulamentarias sufridas pola modalidade de combate nos últimos tempos.
E como non podería ser doutro xeito, e aproveitando a dúas figuras excepcionais do noso deporte como son Aaron Cook e Jaouad Achab, realizaremos un taller dirixido para adestradores que tentarán "destripar" as características do modelo competitivo do taekwondo desde dentro.
ADESTRADORES GALEGOS COLEXIADOS: GRATUITO
ADESTRADORES GALEGOS SEN COLEXIAR OU DEPORTISTAS GALEGOS INTERESADOS EN FACER O CURSO: 50€
ADESTRADORES DE TAE KWON DO DE FORA DE GALICIA: 150€
OUTRAS PERSOAS VINCULADAS AO DEPORTE CON INTERÉS NA FORMACIÓN CONTINUA: 200€
TALLER JOAQUÍN DOSIL: 50€
Esta cuota non inclúe o aloxamento nin a manutención.
Para facer a inscripción deberán tramitala:
Adestradores e deportistas galegos a través da aplicación da FGT (web oficial da FGT antes das 13.00 horas do 28/06/2018 )
Adestradores , deportistas de taekwondo e persoas interesadas doutras disciplinas, a través do e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Ao finalizar o curso entregarase un diploma de asistencia (sempre e cando se cubran máis do 75% das horas é dicir 15 hs). este curso non convalida con ningunha hora nin asignatura dos cursos de adestradores oficiais.