Viernes, 15 Junio 2018 00:00

O TkDay celebra en Caldas a súa segunda edición cuns 200 deportistas

Written by
Rate this item
(0 votes)

Mañá 16 de xuño Caldas de Reis acollerá a segunda edición do TKDay, un evento lúdico-deportivo que afronta o reto de pechar a tempada nun ambiente no que a rivalidade se deixa de lado para compartir experiencias e a paixón polo deporte.  O pasado ano contaron cuns 200 deportistas e este ano a participación será a mesma.

 

O obxectivo do evento segue sendo o mesmo: Que os mozos deportistas, de entre 7 e 12 anos, gocen ao redor do seu deporte favorito. Entre as novidades do programa deste ano, inclúese un taller exclusivo para os máis pequenos de Caldas.

   

Lúa Piñeiro, organizadora do evento, explica esta novidade: “Para nós é importante que Caldas de Reis teña relevancia. Por iso incluímos un taller no que poderán participar @gratuitamente todas as nenas e os nenos do pobo de entre 7 e 12 anos”.

 

Medallistas internacionais. Como xa sucedeu o ano pasado, non se descoidará a formación dos participantes. Así, ao longo da xornada haberá un amplo abano de adestradores, con títulos a nivel internacional, en tres disciplinas do Taekwondo: Combate, técnica e acrobacias. Así, no TKDay estarán Lúa Piñeiro, Samuel Meilán, Manuel Rodríguez, Raul Bouzas, ou o diploma olímpico Rui  Bragança e o equipo de especialistas de cinema Galaico  Stunt, que participan en series como Fariña ou  Serramoura.

 

 

 O acontecemento conta co patrocinio do  Concello de Caldas de Reis, a Deputación de Pontevedra e a Federación  Galega de Taekwondo. Ademais, colaboran empresas privadas como, Saunier Duval,  J.Rey Asesores, San Marcos e o Club  Olimpic.

 

 

 

 

 

Read 757 times
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.