Pablo Fernández Eiras (peso pesado do Mat's) acadou a medalla de bronce no Open Internacional de Luxemburgo, despois de caer nun axustado combate contra o representante de Francia.
En primeira rolda o galego foi moi superior ao seu rival e gañou por diferenza de 20. En cuartos de final superou ao representante inglés por un claro 9-2, e na semifinal contra o francés estivo moi preto de meterse na final. Foi por diante durante boa parte do combate, pero ao final se lle escapou a vitoria por dúas penalizacións (5-4).
Gran traballo Pablo!