CIRCULAR Nº 26/2018
DESTINATARIO: Todo-los Clubes e Ximnasios.
ASUNTO: CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE ATA NACIONAL.
DATA: SABADO, 17/11/2018.
LUGAR: Centro Galego de Tecnificación – PONTEVEDRA.
HORARIOS: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
INSCRICIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo, APLICACIÓN WEB REMITINDO ORIXINAIS ASINADOS COA COPIA DO DNI – PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA AS 13.00 HORAS DO 09/11/2018. ORIXINAIS NA FGT ANTES DESA DATA.
*NON se admitirán inscricións sen licencia nacional solicitada no momento da tramitación inicial.
CUOTAS DO CURSO:
- Xuiz Cronometrador.…………………….. 63,00 Euros
- Árbitro Rexional …………………….…… 98,00 Euros
- Árbitro Nacional ……………………….… 163,00 Euros
- Reciclaxe:
Árbitros, Monitores e Adestradores
COLEXIADOS COMO ÁRBITROS --------- GRATIS
NON COLEXIADOS COMO ÁRBITROS ------ 20 Euros
TEMPOS DE PERMANENCIA E GRAOS:
Para Xuiz Cronometrador: Grao mínimo cinto AZUL.-Idade 14 anos cumpridos.
Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN.-Un ano de xuiz cronometrador, colexiación actual como xuiz cronometrador.
Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN.-Un ano de árbitro rexional (ou Interrexional)- (Aprobado en Asamblea Xeral da FET de data 11/06/2008), colexiación actual como árbitro rexional.
DOCUMENTACIÓN: A documentación a presentar é a seguinte:
Para Xuiz Cronometrador
- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada – APLICACIÓN WEB.
- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia.
- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
- Ter licencia federativa do presente ano 2018.
-Cinto AZUL.
Para Árbitro Rexional
- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.
- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.
- 1º DAN.
- Título de xuiz cronometrador – 1 ano
- Colexiación en vigor de xuiz cronometrador.
- Ter licencia federativa do ano 2018
- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
Para Árbitro Nacional
- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.
- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.
- 2º DAN.
- Título de árbitro rexional – 1 ano
- Colexiación en vigor de árbitro rexional.
- Ter licencia federativa do ano 2018.
- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.
É imprescindible para se presentar ao curso pertencer a clube afiliado a esta FGT no ano 2018 e contar con licencia nacional tramitada (non se admite o trámite xunto coa inscrición).
MATERIAL: Deberán presentarse provistos de: Dóbok, libreta, regulamento IMPRESO E ESTUDIADO, e bolígrafo. Todo-los cursillistas deberán acudir en dobok ó curso.
Este curso realizarase polas Normas da Federación Mundial W.T.F.
En caso de non haber inscricións suficientes poderase suspender o Curso.
Non se admitirá documentación en trámite polo que deberán anticiparse a solicitar o que lles falte con suficiente tempo para o día que finalice o prazo ter toda a documentación COMPLETA.
Para a reciclaxe, os interesados, deberán estar en posesión da licencia de 2018 e enviar o impreso de inscrición (aplicación web) debidamente cumplimentado indicando que é para reciclaxe.
É IMPRESCINDIBLE QUE O IMPRESO DE ACTIVIDADES NACIONAIS VEÑA TOTALMENTE CUBERTO A TRAVÉS DA WEB E ASINADO EN ORIXINAL XUNTANDO DNI.
A Coruña, a 28/10/2018.
O SECRETARIO XERAL
Juan Carlos Caínzos Gómez