Máis de 1.200 deportistas participarán no XXI Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra que se vai a desenvolver no pavillón Príncipe Felipe os días 3 e 4 de novembro.
Hoxe tivo lugar no Concello de Pontevedra o acto de presentación do evento que reunirá na cidade a taekwondistas de todos os equipos de Galicia, de León, Zamora, Canarias, Mallorca, Madrid, Tenerife, Asturias e Bilbao, ademais de equipos de Portugal e Porto Rico. No acto participaron a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro: o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz; a deputada provincial Montse Magallanes; Carmen Fernández, representante de Abanca e Miguel Cortegoso, do Club Mace-Sport de Pontevedra.
O campionato terá o seguinte guión:
Sábado, 3 de novembro
- De 9.00 a 14.00 horas. Combate junior e infantil
- De 14.00 a 20.00 horas. Combate alevín e cadetes
Domingo 4 de novembro
- De 9.00 a 14.00 horas. Combate absoluto e máster
- De 9.30 horas a 14.00 horas. Técnica
- De 16.00 a 18.00 horas. Exhibición.