Lunes, 05 Noviembre 2018 00:00

Tao adulto e Yidam cadete, campións de España de exhibición

Written by
Rate this item
(0 votes)
Os nosos clubs seguen dando alegrías e esta fin de semana sumamos novos éxitos en Pontevedra, no Campionato de España de Exhibición (categorías absoluta e cadete). Os podios foron completamente galegos co Tao como campión na categoría adulta e o Yidam, na cadete.
 
 En adultos, repetiuse o mesmo podio do Campionato Galego, o cal amosa o poderío do taekwondo galego na modalidade de exhibición. Así, proclamouse campión de España o Tao Clínica Luís Vilas de Vigo, que estreou coreografía para este evento, que representaba como un deportista ten que levantarse tras unha caída. Ademais, o Tao contou  coa novidade da reincorporación á alta competición de David Meilán, sete anos despois. David foi o encargado de pechar o exercizo cunha acrobacia da máxima dificultade. O subcampionato foi para o Yidam CEIP Balaídos (tamén de Vigo), a só unha décima do primeiro, nunha moi apertada final. Ademais, o Mace Sport de Pontevedra e o Olimpic de Vilagarcía, acadando o bronce.

 Na categoría cadete houbo cambio de posicións, ao lograr o Yidam, cunha execución espectacular, o título por diante do Tao, que foi segundo. A exhibición do Yidam chámase “Los guardianes de Almas” e representa a uns gardiáns que teñen que impedir que unha almas  divertidas se  desmadren. Durante todo o proceso da coreografía os gardiáns tratan de controlar ás almas ata que ao final conségueno.

 A prata foi para o Tao, nun exercizo que representaba o traballo en equipo, mentres que os bronces foron para o Mace Sport e o Natural Sport Sada.

 Desta forma viviuse en Pontevedra unha nova xornada de éxito para o taekwondo galego, cun dominio absoluto dos nosos clubs e a posibilidade de gozar deste marabilloso espectáculo na casa.

Noraboa para todos e todas!!!! E a seguir traballando!!

Read 491 times Last modified on Lunes, 05 Noviembre 2018 16:41
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.