Viernes, 09 Noviembre 2018 00:00

SARA CORTEGOSO, BRONCE NO EUROPEO SUB 21 DE POLONIA

Written by
Rate this item
(0 votes)

Sara Cortegoso (Mace Sport) logrou hoxe a primeira medalla para o taekwondo galego no Europeo sub 21. A pontevedresa, que fixo un torneo excepcional, acadou a medalla de bronce en -49 quilogramos e estivo a piques de meterse na gran final.

 

Sara Cortegoso (-49, Mace Sport) comezaba a competición contra Hilal Kaya (Turquía), unha complicada rival, pero a pontevedresa non lle deu a máis mínima opción, dominando o combate dende o inicio para así lograr a vitoria cun contundente 12-0.

 

En segunda rolda esperaba a chipriota Athina Evangelou e tocou sufrir un pouco. E iso que de inicio a galega logrou escaparse no marcador de forma moi clara, pero despois a nosa deportistas cometeu un par de erros que permitiu a Avengelou achegarse no marcador, ata rematar nun apertado  (9-10).

 

Desta forma chegou aos cuartos de final, o pase decisivo para as medallas, onde a rival era Dominika Hronova (República Checa). E Sara volveu a lucir. No comezo estivo bastante axustado, pero logrou facer unha pequena brecha no marcador e así levou o combate moi controlado ata o final. A pesar de que as distancias non eran moi longas, a vitoria non corría perigo algún.

 

A medalla de bronce xa estaba asegurada, pero Sara quería máis e enfrontou a semifinal coa rusa Alena Mironyuk coa máxima ilusión. Sara foi por diante no marcador durante case todo o combate, pero equivocouse nos xiros, algo que aproveitou a rusa para darlle a volta e conseguir a vitoria. Moi grande Sara!

                                                                               

Adrián Pombo (-80 quilogramos, Natural Sport Riveira) foi o primeiro en saír ao tapiz. Tiña enfronte a un rival moi duro, o ruso Stanislav Melnik, medallista mundial cadete, campión de Europa cadete (2015) e medalla de ouro este ano na Copa Presidente de Atenas e no Open de Polonia. E todo saíu mal para o galego dende o inicio. No primeiro asalto, o ruso logrou unha dobre acción, con patada a cara, que lle permitiu escaparse de forma clara no marcador e xa Pombo non tivo opcións de achegarse. Ao final, 23-7.

 

Tania Castiñeira (+73, Hebe) será a última galega en competir no Europeo sub 21 de Polonia. Teremos que esperar ao domingo para ver á nosa representante.

Read 424 times Last modified on Viernes, 09 Noviembre 2018 22:26
Comunicación Fegatae

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.