Esta fin de semana tamén se celebrou en Oropesa do Mar o Campionato de España de Clubs de Técnica e Freestyle e, novamente, con espectaculares resultados para o taekwondo galego.
Houbo unha choiva de medallas galegas nas diferentes categorías (ver os resultados no enlace) e grazas a iso tamén houbo premios na clasificación por equipos.
Así, na clasificación de clubs do Campionato de España de Adultos de Técnica e Freestyle proclamouse vencedor o Yidam CEIP Balaídos, con treinta puntos.
Na clasificación de clubs do Campionato de España Infantil de Técnica e Freestyle o vencedor foi o Han's Horang-I (con 38 puntos) e co Natural Sport Sada na segunda posición (20 puntos).
No enlace tedes todos os resultados.