A difusión do Taekwondo foi favorecida pola escasez doutras modalidades deportivas que puideran practicarse de xeito dirixido (cun adestrador), nun recinto pechado, con comodidades como vestiarios e algunhas sofisticacións descoñecidas daquela como as "saunas".
As clases impartíanse nun ambiente de disciplina férrea, puntualidade absoluta,aseo corporal e do dóbok (sempre en perfectas condicións), respeto á xerarquía e, principalmente, ó mestre, autoridade absoluta dentro do ximnasio. Todo isto aderezado cunha curiosidade reverenciosa, gañas de aprender e ilusión, moita ilusión...
Pioneiros
O primeiro mestre en chegar a Galicia foi Yoon Yeo Bong no 1972 (actualmente reside no Canadá). Comezou as súas ensinanzas nun ximnasio de Vigo, logo en Pontevedra e, finalmente en Santiago, no ximnasio Yoon, que hoxe é coñecido como ximnasio Taepar.
No ano 1974 instalaronse en Vigo, Ourense, Pontevedra e Coruña respectivamente os mestres Chang I Sung, Lee Dong Kyu, Suh Seung Yeul e Uh Soo Il. Foron istes os mestres pioneiros do Taekwondo en Galicia, ainda que durante os anos 80 proliferaron os ximnasios dirixidos por outros mestres coreanos: Yoon Young Kap, Kim Mu Won e Choi Yun Moom en Lugo, O mestre Mim en Monforte, O mestre Sin en Chantada, Nam Ku Kang e o seu irmán Yun Ku Kang en Ferrol
Na Coruña, polos ximnasios KIM e UH pasaron un grande número de mestres que logo se estableceron noutros lugares: Lee Kyu Yun (Actualmente en Australia), Kim Jin Hak (Reside en Valencia), Uh Soo Won (Vitoria), Choi Kwon Sung (Estados Unidos), Park Ki Bu, Song Tae Hwan (Campeón do Mundo e adestrador da Selección Española no principio dos anos 80, reside actualmente en Canadá). Kim Cha (reside en Ponferrada), Kim Mam Bo (ainda reside na Coruña), Cho Sung Chang (falecido recentemente no Prat de Llobregat), Lee Dae Song (reside en Madrid), Kim I Kwan (sobriño do mestre UH da Coruña).
O mestre Uh Soo il, director dos ximnasios KIM e UH da Coruña, ostentou durante varios anos o cargo de Seleccionador Nacional de Taekwondo dirixindo na Selección Española a deportistas que hoxe coñecemos todos: Benigno Lopez do Chang Do Kwan de Vigo, Antonio Montes, actualmente técnico en Vilalba, M. Ángel Trabazos, actualmente técnico en Ourense; Jesús Benito (quen acadou baixo a súa dirección o Subcampionato do Mundo en Sttutgard).
Outros deportistas galegos daqueles anos convertíronse despois en excelentes técnicos que traballaron e traballan con grande ilusión e axudaron ó asentamento e difusión do Taekwondo na nosa comunidade: Juan Carlos Martinez en Betanzos e Malpica, Carlos Fraguela en Sada e na Coruña, Manuel Barreto na Coruña, J. Luis Garrapucho na Coruña, Domingo Fernández en Cee, Lorenzo Luaces en Ferrol, Francisco Paredes en Santiago, Victor Lopez en Órdenes, Enrique Vázquez en Ourense, Juan C. Lopez Eiriz en Carballiño, J. Manuel Soto en Carballiño, J. Jose Diaz Mosquera, Miguel A. Torres e Miguel Cortegoso en Pontevedra. Alfonso Guedella, Miguel Meilán, J. Luis Alvarez, Francisco Orellana e Francisco Penín en Vigo, e tantos outros.
Na provincia de Pontevedra estableceuse a finais dos 70 Santiago Durán Soto, quen pode ser considerado un "visionario" e que dou un importante empuxe ó Taekwondo cun enfoque innovador, tremendas campañas publicitarias e contratos cos mellores competidores do momento para formar ós seus deportistas. Da súa cadea de ximnasios BUDO saíron grandes deportistas como Santiago Souza, Luis Mediavilla, José Carlos Costas, Esperanza Meilán, Marinela, María, Fernando Orellana e a práctica totalidade dos actuais adestradores de Taekwondo de Vigo. Foi tamén o primeiro empresario de Taekwondo que contratou a unha muller para impartir clases de Taekwondo, Keka Verdú, nunha época en que a igualdade de oportunidades da muller no ámbito do adestramento deportivo e máis no das artes marciais nin se plantexaba.
Deportistas que non poden ser esquecidos chegarían despois de mans doutros técnicos galegos:
José Carlos Costa, Campion de Europa e Santiago Souza, Subcampión de Europa, alumnos de Santiago Durán. Francisco Zas, único taekwondista galego que participou nos Xogos Olímpicos, alumno de Manuel Barreto. Belén Fernández, Subcampiona do Mundo e Campiona da Copa do Mundo, alumna de Miguel Meilán. Marco Carreira, Subcampión de Europa, alumno de J. Luis Garrapucho; Iván Ron, Bronce Mundial, alumno de Francisco Paredes
Moitos outros non se atopan recollidos neste artigo por falla de espacio material, pero están nas lembranzas de todos e irán aparecendo a medida que recobremo-la nosa memoria xuntando os saberes de todos nós.
Competicións
No ano 1978 a Selección Galega alzouse co primeiro título de Campións de España en Santander, título histórico que hoxe xa empeza a ser habitual para os taekwondistas galegos, pero que daquela era unha xesta, habida conta do dominio catalán e madrileño nas competicións estatais.
En 1980 celebrouse na Coruña o Campionato de España Absoluto, primeira competición estatal organizada en Galicia.
No ámbito autonómico, no que se celebraban maratonianos campeonatos nos que había que empezar a colocar tapices ás 7 da mañá e se recollía moitas veces pasadas as 10 da noite, a década dos 70 foi amplamente dominada polo Ximnasio KIM da Coruña, do que saíron salientables deportistas que dominaron o panorama deportivo gañando con asiduidade os Campionatos Galegos nas diferentes categorías. A década dos 80 pertenceu por dereito ó clube BUDO, baixo a dirección de Santiago Durán, que acadou títulos autonómicos, en ocasións, en tódalas categorías. Posteriormente, na década dos 90, habería un amplo dominio do clube TAO de Vigo, rivalizando co Clube da Policía Nacional da Coruña nas categorías xuvenil e xunior, e co Kiap que tiña un dos mellores equipos femininos.
Federación
O Taekwondo Galego pasou moitos anos, como xa se dixo, integrado na Federación Galega de Judo e DDAA, domiciliada na rúa Riego de Agua, na Coruña e presidida por D. Óscar Cacheiro Rocha e da que era Secretario Xeral D. Obdulio Salido del Real e Tesoureiro D. Enrique Cruz Martínez.
O primeiro representante do departamento de Taekwondo foi o "Sr. Luis", D. Luis Armesto Castris, un dos primeiros galegos que acadaron o cinto negro de Taekwondo. Posteriormente D. Manuel Campos (o médico) axudoulle na tarefa de dirixi-lo departamento de Taekwondo da FGJDA.
A Federación Galega de Taekwondo xestouse a partir do ano 1986, tra-la formación dunha Comisión Xestora nacida en Vigo ó abeiro dunha reunión dos directorres de clubes con D. Marco Saila, quen foi durante moitos anos presidente da Federación Española de Taekwondo.
D. Juan Carlos Martínez foi o encargado de lidera-los traballos da Comisión Xestora para a creación e rexistro na Secretaría Xeral do Deporte da Federación Galega de Taekwondo. Corría o ano 1989 e a FGT foi presidida por D. Juan Carlos Martínez ata o 2003 en que finalizou os dezasete anos de presidencia continuada.
A Tesorería da Federación Galega de Taekwondo foi ostentada por Dna. Dolores Clemente Blanco ("Doris") e, dende hai uns anos, por D. Luis Edreira Fraga. Na Secretaría estiveron D. Javier Otero del Valle, que proviña da Federación de Judo e D. José Manuel Fidalgo Legido, actual Secretario Xeral que nos aporta a súa experiencia federativa, pois provén da Federación de Tenis e do Consello Superior de Deportes.
No ámbito da Administración hai que lembrar a Dna. Maricuca, Dna. María Maceiras, Dna. Esther Souto e, na actualidade, a D. Juan Carlos Caínzos.
Taekwondo en Ourense
O Taekwondo chegou á Ourense no ano 1974 da man do profesor Lee Dong Kyu, no clube Lim creado por un surcoreano que chegara á provincia de Ourense para traballar como sexador nunha granxa de polos (Uteco) e que solicitaba un adestrador desta modalidade deportiva.
O profesor Lee continuou posteriormente a súa traxectoria dando clases no pavillón dos Remedios (antigo Francisco Franco) durante varios anos. Naquela época so había catro maestros de Taekwondo en toda a Comunidade Autónoma.
Posteriormente chegaron outros maestros surcoreanos como Moon Han Seon (quen reside en Madrid na actulidade), e finalmente, os maestros Lee Kwon, Chon e Kimg.
Pouco a pouco foise implantando a modalidade de mans de alumnos deste maestro que foron creando máis clubes en Ourense, Carballiño, Celanova, Rivadavia, Leiro...
Entre os adestradores de Taekwondo destacados de Ourense pódense citarJuan Carlos López Eiriz (5º Dan), M. Ángel Trabazos (5º Dan), José Manuel Soto Dapena (5º Dan), José Manuel López Hermida (4º Dan), Enrique Vázquez Barredo (3º Dan), Daniel Losada Rial (3º dan) e Modesto González Arias (3º Dan).
Os clubes existentes na actualidade son:
- Lim (Seoul) OURENSE
- Lee OURENSE
- Taebek CARBALLIÑO
- Trabazos OURENSE
- Olimpia MASIDE
- Couto OURENSE
- Olimpico CELANOVA
Dende o ano 1974, no que na provincia de Ourense so había exhibicións, ata o 2004, o taekwondo divulgouse enormemente na provincia de Ourense, que conta na actualidade con máis de 100 cintos negros de Taekwondo e competidores de nivel autonómico, nacional e internacional.
Na capital da provincia celébrase anualmente o Campeonato Internacional Cidade de Ourense e foi sede nunha ocasión do prestixioso Open de España de Taekwondo.
Non desexamos despedir este pequeño apunte histórico que deberá de ser completado en vindeiras edicións desta publicación sen ter unha especial lembranza para tódolos que nalgún momento da súa vida fixeron do taekwondo o seu centro, se volcaron nel e traballaron con ilusión e entrega.
As nosas desculpas por anticipado, porque seguro que olvidamos a moitas persoas, pero, para todas elas a nosa admiración e respeto. Gracias.
Os mellores dos mellores
Francisco Zas Couce, nado na Coruña e alumno de Manolo Barreto, adestrador do clube Sport Center, pode ser considerado o mellor deportista masculino na historia do Taekwondo Galego ata os nosos días.
Ós quince anos tivo que marchar á Blume de Madrid para formar parte da Selección Española de Taekwondo, trasladándose posteriormente ó Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés, no que residíu máis de dez anos.
O seu historial é realmente abraiante, destacando entre os numerosos éxitos acadados por el ata o 2000:
- Sete Campionatos e catro Subcampionatos de España Absoutos entre os anos 1991 e 2000
- Cinco Copas de S.M "El Rey"
- O título de Campión de Europa Absoluto (Zagreb Croacia, 1994)
- O título de Campión dos Xogos Mundiais (La Haya Holanda, 1993)
- Dúas medallas de bronce nos Campionatos do Mundo de 1993 (Nova Iorque-EUA) e 1999 (Edmonton-Canadá)
A súa carreira deportiva tivo un brillante final coa participación no 2000 nos Xogos Olímpicos de Sydney.
Dende 2001 ata 2002 permaneceu como Adestrador da Selección Española de Taekwondo. Coa súa volta a Galicia a bon seguro que o Taekwondo Galego, que perdeu un dos seus mellores deportistas coa súa retirada, gañou un excelente técnico.
Para todos os que o acompañamos durante estes anos foi un constante deleite pola súa mestría técnica e a paixón con que encarou tódalas súas metas.
(Leer entrevista)
Belén Fernández Valtuille, nada en Vigo e alumna de Miguel Meilán, adestrador do clube Tao, é, sen dúbida, a mellor deportista feminina na historia do Taekwondo Galego.
Belén acadou en 1993 o seu primeiro título de Campiona de España, revalidando o seu título en 1994.
Despois de remata-la carreirade Ciencias do Mar que estudaba en Vigo, aceptou a proposta de ingresar no Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés co obxectivo de acada-lo título de Campiona do Mundo e participar nas Olimpiadas de Athenas 2004.
A unión entre a súa calidade técnica excepcional e a súa claridade de metas permitíulle acadar no ano 2000 o título de Campiona do Mundo Universitaria, ó que seguirían durante o 2000 e 2001 o Subcampionato do Mundo en Jeju (Corea) e o título de Campiona da Copa do Mundo en Ho Chi Min (Vietnam).
Tras permanecer inactiva durante parte de 2002 e 2003 a causa de graves lesións deportivas, véndose sen opcións de poder participar en Athenas 2004, decidíu que chegara o momento da retirada dunha vida deportiva plagada de éxitos.
(Leer entrevista)