Circular número: 03/09
Destinatario: CLUBES FEDERADOS
Asunto: CTO. GALEGO CADETE
CIRCULAR Nº 03/2009
DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO
“XUNTA DE GALICIA” ANO 2009
1. A COMPETICIÓN
1.1. LUGAR: Pavillón Municipal do Gatañal. CANGAS (Pontevedra).
1.2. DATA: Domingo, 22 de Febreiro de 2009.
1.3. HORÁRIO: a partires das 10.00 horas.
2. NORMAS TÉCNICAS
2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2009, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.
As inscricións debidamente cumplimentadas con todo-los datos nos impresos aloxados na web www.taekwondogalego.com , remitiranse á FGT, debendo ter entrada na mesma antes das 13.00 horas do dia 10 de Febreiro de 2009.
2.2. GRAO MÍNIMO:
Masculino: Cinto AZUL.
Feminino: Cinto VERDE.
2.3. DOCUMENTACIÓN :
2.3.1. Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa do presente ano 2009, obtida coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato.
2.3.2. Autorización paterna de TODO-LOS participantes e de aptitude psicofísica para participación na competición usando o impreso aloxado na web.
2.3.3. Impreso de inscrición debidamente cumplimentado (nome e dous apelidos, data nacimento e nº licencia).
2.4. IDADES: Soamente poderán participar os desportistas nados nos anos 1995, 1996 e 1997.
2.5. PROTECCIÓNS: Son obligatorias: casco, antebrazos, espinilleras, coquiña, peto, protector BUCAL, protector de EMPEINE homologada e GUANTES, todas reglamentarias.Cada desportista deberá ter as súas.
2.6. OS COMBATES: Rexerán-se polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
2.7. ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
2.8. UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
1. PESOS:
Masculino Categoria
Feminino
- 33 kg
Minimosca
- 29 kg
33 kg - 37 kg
Mosca
29 kg - 33 kg
37 kg - 41 kg
Galo
33 kg - 37 kg
41 kg - 45 kg
Pluma
37 kg - 41 kg
45 kg - 49 kg
Lixeiro
41 kg - 44 kg
49 kg - 53 kg
Superligeiro
44 kg - 47 kg
53 kg - 57 kg
Semimedio
47 kg - 51 kg
57 kg - 61 kg
Meio
51 kg - 55 kg
61 kg - 65 kg
Semipesado
55 kg - 59 kg
+ 65 kg
Pesado
+ 59 kg
1.1. TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.
Oro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
2. ORGANIZACIÓN
2.1. ORGANIZA o Clube KIAP de Cangas por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
2.2. PESAXE: Sábado, día 21, provincia de:
A CORUÑA: ás 13.00 hr. non Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Rolda, 56 - A Coruña.
ás 13.00 hr.non Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.
LUGO: De 13.00 a 14.00 hr.non Ximnasio Moo Duk Kwan, Porta dá Cima 29 , Vilalba.
OURENSE: de 13 a 15 horas non Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.
PONTEVEDRA: De 14.00 a 15.00 hr.non Ximnasio Tao C/ Coruña 13 baixo, Vigo.
De 12.00 a 13.00 hr.no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.
2.3. SORTEO: Realizarao a Directora de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dita directora: Dona María Bautista Maestre no email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
2.4. XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase UNHA hora antes do inicio da competición no pavillón – Lémbrase a todo-los árbitros a obrigatoriedade de asistir a esta xuntanza, e parte da dieta que perciben corresponde á mesma.
2.5. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 10.00 horas.
3. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
3.1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2009, e ter a licenza federativa actual.
3.2. ÁRBITROS: A parte dos nominados, os clubes poderán proferir outro colexiado máis, o que reciberá unha dieta, en caso de ser seleccionado e segundo a súa categoria, a cargo da FGT. Toda-las propostas deberán ter entrada na Federación antes do día 10 de Febreiro de 2009.
3.3. TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
4. RECLAMACIÓNS
4.1. COMISIÓN DE CAMPEONATO: Estará formada por:
Presidente: Don Alfonso Guedella Villar.
Vogais: D.María Bautista Maestre, D. José A.Torres Taboada e un técnico mais que será elexido por sorteo o día da competición ademáis do xuiz de mesa do tapiz no cal se produza a reclamación.
4.2. RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.
4.3. Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30€), dos que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.
4.4. Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.
NOTA MOI IMPORTANTE: Segundo o lembrado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas.
Desportistas e adestradores para recoller as medallas:
a. Recollerá-se a medalla en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.
b. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.
A Coruña, 23 de Febreiro de 2009.