Circular número: 06/09
Destinatario: CLUBES FEDERADOS
Asunto: CPTO. ESCOLAR DE EXHIBICIÓN - FASE PROVINCIAL
Circular 06/2009
DEPORTE ESCOLAR
FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
DATA: Sábado, 4 de Abril de 2009.
LUGAR:
A Coruña: ORGANIZA CLUBE NATURAL SPORT RIVEIRA. Pavillón Municipal.
Pontevedra: ORGANIZA CLUBE MACE SPORT. Pavillón Principe Felipe.
Lugo e Ourense: ORGANIZA CLUBE COUTO. Sr. Modesto Glez.
Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos organizadores (Teléfonos de contacto e emails na web www.taekwondogalego.com ).
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN:
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 1997 ata o 2000, coa posibilidade de poder inscribir un máximo de tres deportistas do ano 2001 por clube, non por equipo.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 1993-1994-1995-1996-1997-1998-1999-2000.
Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego de técnica exhibición.
Adxuntamos impreso para inscribir ós equipos, o que deberá presentarse nesta FGT E NO CLUBE ORGANIZADOR antes das 13.00 horas do VINDEIRO VENRES DÍA 27 (ver enderezos electrónicos en www.taekwondogalego.com )
Os competidores deberán estar mutualizados pola Dirección Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de www.deporteescolargalego.org , nos prazos indicados.
AS INSCRICIÓNS QUE NON CHEGUEN EN PRAZO NON SE ACEPTARÁN. INSISTIMOS NA ABRIGA DE REMITI-LAS SIMULTANEAMENTE Ó CLUBE ORGANIZADOR EN CADA PROVINCIA E A ESTA FGT ANTES DAS 13.00 HORAS DO VENRES DÍA 27.
A Coruña, 23 de Marzo de 2009.