Circular número: 07/09
Destinatario: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS
Asunto: CTO. GALEGO EXHIB. ADULTS E FASE AUTONÓMICA EXHIB.
CIRCULAR Nº 07/2009
ASUNTO: FASE AUTONÓMICA DO CAMPIONATO INFANTIL DE EXHIBICIÓN
E
CAMPIONATO GALEGO DE EXHIBICIÓN ADULTOS - “XUNTA DE GALICIA” 2008
DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES FEDERADOS.
LUGAR: Pavillón Municipal dos Remedios - OURENSE.
DATA: Sábado, 18 de abril de 2009.
HORARIO: A partires das 10.00 horas.
INSCRICIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo antes das 13.00 h. do día 13 de abril de 2009 (Prégase cumplimenten completamente as inscricións indicando nome e dous apelidos, así como o resto dos datos federativos completos. LETRA CLARA).
DOCUMENTACION:
• Licencia federativa ano 2009.
• Folla de inscrición debidamente cumplimentada.
• Permiso paterno orixinal para os menores de idade (deberá de ser enviado á FGT xunto coas inscricións dentro do prazo de inscrición no novo modelo facilitado pola FGT e que se pode descargar de www.taekwondogalego.com ).
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN:
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): CLASIFICADOS NAS FASES PROVINCIAIS.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): CLASIFICADOS NAS FASES PROVINCIAIS.
CATEGORÍA ADULTOS: De 6 a 9 participantes con 15 ou máis anos cumpridos no ano en curso. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente.
En caso de que un clube presente máis dun equipo deberá de definir coas letras A, B e C cada un dos equipos inscritos, non permitíndose varia-la orde establecida polo sorteo.
AS INSCRICIÓNS QUE NON CHEGUEN EN PRAZO NON SE ACEPTARÁN.
Nota importante: A FET informounos o venres que NON se permite a participación de deportistas nados no ano 1994 en categorías CADETE e ADULTO, polo que terán que escoller unha das dúas categorías para a participación. Tendo en conta que o aviso chegou con moito retraso por parte da FET e moitos clubes xa tiña os equipos confeccionados, esta FGT permitirá a participación dos mesmos no Campionato Galego de Exhibición Adultos e Cadete con deportistas dos anos 1993 e 1994 comúns a amba-las dúas categorías, pero estes equipos NON PODERÁN ASPIRAR Ó PODIUM NIN CLASIFICARSE PARA O NACIONAL, simplemente poderán participar.
A reunión de árbitros e delegados terá lugar no mesmo pavillón ás 09.00 horas.
A Coruña, 3 de Abril de 2009.