Circular número: 08/09
Destinatario: CLUBES FEDERADOS
Asunto: CTO. GALEGO DE TECNICA INFANTIL E ADULTOS
CIRCULAR Nº 08/2009
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO DE TÉCNICA E PUMSE INFANTIL E ADULTOS.
DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES FEDERADOS.
LUGAR: Pavillón Municipal da Pinguela. Ctra. De Sober, s/n. MONFORTE.
DATA: Sábado, 9 de Maio de 2009.
HORARIO: A partires das 10.00 horas.
INSCRICIÓNS:
Na Federación Galega de Taekwondo antes das 13.00 h. do día 30 de abril de 2009 (Prégase cumplimenten completamente as inscricións indicando nome e dous apelidos, así como o resto dos datos federativos completos. LETRA CLARA).
DOCUMENTACION:
• Licencia federativa ano 2009.
• Folla de inscrición debidamente cumplimentada.
• Permiso paterno orixinal para os menores de idade (deberá de ser enviado á FGT xunto coas inscricións dentro do prazo de inscrición no novo modelo facilitado pola FGT e que se pode descargar de www.taekwondogalego.com ).
REGULAMENTACIÓN: A competición regularase polos Regulamentos en vigor aprobados pola FET.
PARTICIPACION
ADULTOS: Poderán participar en técnica tódolos deportistas federados que ostenten como mínimo o 1º Pum (deportistas con 14 anos cumpridos no ano en curso) ou 1º Dan (deportistas con 15 ou máis anos cumpridos no ano en curso). A inclusión nas categorías farase por ano natural.
INFANTIL: Poderán participar os deportistas nados entre os anos 1994 e 2003 na súa correspondente categoría entre as que se indican a continuación. Cada clube poderá inscribir TRES equipos por categoría:
- Categorías Infantil:
BENXAMIN: anos 2000 e 2003
ALEVÍN: anos 1998 e 1999
INFANTIL: anos 1996 e 1997
CADETE: anos 1994 e 1995
- Categorías Adultos:
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS:
1. Xunior de 14 a 18 anos cumpridos no ano en curso (Anos 95-91)
2. Senior 1 de 19 a 30 anos cumpridos no ano en curso (Anos 90-79)
3. Senior 2 de 31 a 40 anos cumpridos no ano en curso (Anos 78-69)
4. Master 1 de 41 a 50 anos cumpridos no ano en curso (Anos 68-59)
5. Master 2 51 anos ou máis cumpridos no ano en curso (Anos 58-…)
PARELLAS
1. Parellas 1 de 14 a 35 anos cumpridos no ano en curso (Anos 95-74)
2. Parellas 2 36 ou máis anos cumpridos no ano en curso (Anos 73-…)
TRIOS SINCRONIZADOS:
Dividiranse en categoría masculina e categoría feminina. Non se poderá participar con máis nin menos de 3 competidores.
1. Trio Masculino 1 de 14 a 35 anos cumpridos no ano en curso(Anos 95-74)
2. Trio Masculino 2 36 ou mais anos cumpridos no ano en curso(Anos 73-…)
3. Trio Feminino 1 de 14 a 35 anos cumpridos no ano en curso (Anos 95-74)
4. Trio Feminino 2 36 ou máis anos cumpridos no ano en curso (Anos 73-…)
Os clubes poderán inscribir TRES participantes ou equipos por cada modalidade e categoría.
Os clubes poderán inscribir un deportista de reserva para equipos sincronizados (Tríos e Parellas).
Non se aceptará ningunha documentación fora de prazo ou en trámite. Todolos participantes deberán de pertencer a un clube dado de alta e con profesor colexiado no presente ano 2009 y deberán de ter licencia federativa en vigor no presente ano 2009.
A reunión de árbitros e delegados terá lugar no mesmo pavillón ás 09.00 horas.
Comunicarase horario da competición a través da web, como referencia de participación, debendo de estar presentes no lugar do campionato cunha hora de antelación.
AVISO IMPORTANTE - CPTO. GALEGO DE TÉCNICA
COMUNICASE A TODO-LOS CLUBES QUE DE INSCRIBIR DEPORTISTAS DO ANO 1995 QUE PODERÍAN IR EN CATEGORÍA CADETE OU XUNIOR, DEBERÁN DE FACELO NUNHA DAS CATEGORÍAS, ESCOLLENDO A QUE CONSIDEREN MÁIS AXEITADA SEGUNDO O CASO.
A Coruña, 16 de Abril de 2009.