×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Domingo, 24 Enero 2010 15:03

09/2009 CAMPIONATO GALEGO SUB-21

Written by
Rate this item
(0 votes)

Circular número: 09/09

Destinatario: CLUBES FEDERADOS

Asunto: CAMPIONATO GALEGO SUB-21


CIRCULAR Nº 09/2009

 

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO SUB 21 MASCULINO E FEMININO

“XUNTA DE GALICIA” - ANO 2009

 

 

 

1. A COMPETICIÓN

 

1.1. LUGAR: Pavillón da Universidade de Vigo – CUVI - VIGO

1.2. DATA: Sábado, 30 de Maio de 2009.

1.3. HORÁRIO: A partires das 10.00 horas.

 

2. NORMAS TÉCNICAS

 

2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2009 poderán presentar unha equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso. As inscricións debidamente cumplimentadas e coa documentación esixida, remitirase á FGT, debendo ter entrada na mesma antes das 13.00 horas do dia 18 de maio. As que cheguen con posterioridade ou incompletas, non se admitirán.

2.2. GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto Marrón.

Feminino: Cinto Azul.

2.3. DOCUMENTACIÓN :

2.3.1. Os menores de 18 anos, autorización paterna e certificación de aptitude psicofísica no impreso facilitado pola FGT e que se pode descargar da web.

2.3.2. Impreso de inscrición debidamente cumplimentado (nome e e dous apelidos, data de nacimento e nº de licenza).

2.4. IDADES: Poderán participar os desportistas nados nos anos 89, 90, 91, 92, 93, 94 e 95. Aprobado en Asamblea da FET do 11/06/2005.

2.5. PROTECCIÓNS: Son estritamente obligatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas (non empeines) e petos e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans.

2.6. OS COMBATES: Rexerase polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.

2.7. ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.

2.8. UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2.9. PESOS:

CATEGORIAS MASCULINA FEMININA

Semi-minimosca - 50 kg - 43 kg

Mini-mosca 50 - 54 43 - 46

Mosca 54 - 58 46 - 49

Galo 58 - 63 49 - 53

Pluma 63 - 68 53 - 57

Lixeiro 68 - 74 57 - 62

Super-lixeiro 74 - 80 62 - 67

Medio 80 - 87 67 - 73

Pesado + 87 Kgs. + 73 Kgs.

 

2.10. TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeu aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Oro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: as medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán para a clasificazón. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).

 

3. ORGANIZACIÓN

 

3.1. ORGANIZA o Clube KIAP DE VIGO por delegación da Federación Galega de Taekwondo.

3.2. PESAXE: Venres dia 29 de Maio, provincia de:

A CORUÑA: ás 13.00 hr. no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.

ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.

LUGO: De 13.00 a 14.00 hr. no Ximnasio Moo Duk Kwan, Porta dá Cume 29 , Vilalba.

OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.

PONTEVEDRA: De 14.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Tao C/ Coruña 13 baixo, Vigo.

De 13.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.

3.3. SORTEO: Realizarao a Directora Rexional de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dita directora en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

3.4. XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do incio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.

3.5. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 10.00 horas.

 

4. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

4.1. PERTENZA A CLUB FEDERADO: Os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2009.

4.2. ÁRBITROS: A parte dos nominados, os clubes poderán proferir outro colexiado máis, inscribíndoo na folla de inscrición de desportistas e comunicándoo á Directora de Arbitraxe, o cal recibirá a gratificación correspondente en caso de ser selecionado e segundo a súa categoria, a cargo da FGT. Toda-las propostas deberán ter entrada na FGT antes do dia 9 de Setembro de 2009.

 

 

 

 

 

 

 

 

5. RECLAMACIÓNS :

 

5.1. COMITÉ DE COMPETICIÓN: Estará formado por:

Presidente: Don ALFONSO GUEDELLA VILLAR.

Vogais: D. María Bautista Maestre, D. José A. Torres Taboada e un técnico máis que será escollido por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

5.2. RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor.Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.

Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 €), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.

 

5.3. Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato.Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, con chándal ou dobok, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo contravimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

 

 

A Coruña, 28 de Abril de 2009

Read 757 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.