Masculino: cinto marrón.
Feminino: cinto azul.
2.3. DOCUMENTACIÓN:
2.3.1. Autorización paterna de todo-los participantes no novo modelo de certificación oficial remitido ós clubes e aloxado na web da FGT, onde se ceritificarán tamén as condicións psicofísicas dos competidores.
2.3.2. FOTOGRAFÍA EN FORMATO JPG POR MAIL DE TODO-LOS COMPETIDORES GARDANDO O ARQUIVO CO NOME/APELIDOS DO COMPETIDOR.
2.4. IDADES: So poderán participar os desportistas que teñan un mínimo de 14 anos a cumprir no ano en curso. ANO 1996 E ANTERIORES.
2.5. PROTECCIÓNS: Son estritamente obrigatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas (non empeines) e petos e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans.
2.6. OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
2.7. ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
2.8. UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
2.9. PESOS
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
Mini-mosca - 54 kg. - 46 kg.
Mosca 54 - 58 46 - 49
Galo 58 - 63 49 - 53
Pluma 63 - 68 53 - 57
Lixeiro 68 - 74 57 - 62
Super-lixeiro 74 - 80 62 - 67
Medio 80 - 87 67 - 73
Pesado + 87 Kgs. + 73 Kgs.
2.10. TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos
Prata: 3 puntos
Bronce: 1 punto.
Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate si computarán.
3. ORGANIZACIÓN
3.1. ORGANIZA: Club NATURAL SPORT VIDELGI de RIBEIRA, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
3.2. PESAXE: Venres, 17 de Decembro, provincia de:
A CORUÑA: ás 13.00 hr. no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.
ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.
LUGO: De 17.00 a 18.00 hr.E.Lucense Tkd. Piscina As Pedrerías. Avda. Filarmónica, s/n. Lugo OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.
PONTEVEDRA: De 14.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Tao C/ Coruña 13 baixo, Vigo.
De 13.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.
3.3. SORTEO: Realizarao o Director Rexional de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a: D. Jorge Rodríguez Longueira, ó email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
3.4. XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
3.5. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 15.30 horas.
3.6. TODO-LOS CLUBES PARTICIPANTES DEBERÁN NOMINAR UN ÁRBITRO, DO QUE SE INDICARÁN OS DATOS NO SISTEMA DE INSCRICIÓN, informando ó director de arbitraxe.
4. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
4.1. PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2010.
4.2. ÁRBITROS: Todo-los clubes deberán propoñer un árbitro para poder participar na competición.
4.3. TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
5. RECLAMACIÓNS:
5.1. COMITÉ DE COMPETICIÓN: Estará formado por:
Presidente: D. Jorge Rodríguez Longueira.
Vocais: D.José Ángel Torres Taboada, D. Juan Luis Martínez Queiruga e un técnico máis que será escollido por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.
5.2. RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.
Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), dos que se entregará o correspondiente recibo. No caso de que a reclamación sexa considerada, devovelrase o importe. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Á DIRECTORA DE ARBITRAXE.
5.3. Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
A Coruña, 15 de Novembro de 2010.