×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Lunes, 03 Enero 2011 12:24

CIRCULAR 01/2011. CPTO. GALEGO CADETE

Written by
Rate this item
(0 votes)

IMPORTANTE: Os clubes participantes deberán estar afiliados e coas licencias dos deportistas tramitadas antes do 9 de Xaneiro e o grao requerido. É imprescindible, para estaren cubertos polo seguro deportivo da FGT.

CIRCULAR Nº 01/2011

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO CADETE MASCULINO E FEMININO - “XUNTA DE GALICIA” ANO 2011

 1. A COMPETICIÓN

1.1.             LUGAR: Pavillón Municipal de Barraña. BOIRO.

1.2.             DATA: Sábado, 29 de Xaneiro de 2011.

1.3.             HORÁRIO: A partires das 10.00 hr. (probablemente en xornada de mañá).

 

2. NORMAS TÉCNICAS

2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2011, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.

As inscricións faranse exclusivamente a través da aplicación web, entre o 11 e o 20 de Xaneiro. A partires desa data calquera modificación terá un custe de 20 euros por deportista. Inclusive a nominación de árbitros fora de prazo.

2.2.             GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto AZUL.

Feminino: Cinto VERDE.

2.3.             DOCUMENTACIÓN:

2.3.1.       Todo-los desportistas deberán estar en posesión da licenza federativa do presente ano 2011, obtida coa suficiente antelación para que suministre efectos o seguro de accidentes o día do campionato, e os graos requeridos.

2.4. IDADES: Soamente poderán participar os desportistas nados nos anos 1997, 1998 e 1999.

2.5.             PROTECCIÓNS: Son obligatorias: casco, antebrazos, espinilleras, coquiña, peto, protector BUCAL, protector de EMPEINE homologada e GUANTES, todas reglamentarias. Cada desportista deberá ter as súas.

2.6.             OS COMBATES: Rexeránse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.

2.7.             ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.

2.8.             UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (NON VAQUEIRO), camisa branca, gravata da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

1.                  PESOS:

 

Masculino

Categoria

Feminino

- 33 kg

 

Minimosca

- 29 kg

 

 

33 kg - 37 kg

 

Mosca

29 kg - 33 kg

 

 

37 kg - 41 kg

 

Galo

33 kg - 37 kg

 

 

41 kg - 45 kg

 

Pluma

37 kg - 41 kg

 

 

45 kg - 49 kg

 

Lixeiro

41 kg - 44 kg

 

 

49 kg - 53 kg

 

Superlixeiro

44 kg - 47 kg

 

 

53 kg - 57 kg

 

Semimedio

47 kg - 51 kg

 

 

57 kg - 61 kg

 

Medio

51 kg - 55 kg

 

 

61 kg - 65 kg

 

Semipesado

55 kg - 59 kg

 

 

+ 65 kg

 

Pesado

+ 59 kg

 

 

 

1.1.             TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo ós equipos campións, masculino e feminino.

Oro: 7 puntos.

Prata: 3 puntos.

Bronce: 1 punto.

 

2.                  ORGANIZACIÓN

 

2.1.             ORGANIZA o Clube SUH SPORT de Boiro por delegación da Federación Galega de Taekwondo.

2.2.             PESAXE: Venres, día 28, provincia de:

A CORUÑA: ás 13.00 hr. no Ximnasio Garrapucho. Paseo de Rolda, 56 - A Coruña.

ás 13.00 hr.no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.

LUGO: De 17.00 a 18.00 hr.E.Lucense Tkd. Piscina As Pedrerías. Avda. Filarmónica, s/n. Lugo

OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.

PONTEVEDRA: De 14.00 a 15.00 hr.non Ximnasio Tao C/ Coruña 13 baixo, Vigo.

De 13.00 a 15.00 hr.no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.

2.3.             SORTEO: Realizarao o Director de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a dito director: Don Jorge Rodríguez Longueira no email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

2.4.             XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase UNHA hora antes do inicio da competición no pavillón – Lémbrase a todo-los árbitros a obrigatoriedade de asistir a esta xuntanza, e parte da dieta que perciben corresponde á mesma.

2.5.             COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 10.00 horas.

 

3. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

3.1.             PERTENZA A CLUB FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2011, e ter a licenza federativa actual.

3.2.             ÁRBITROS: Os clubes participantes teñen a obriga de incluir un árbitro colexiado xunto coa inscrición. Ós que non o fagan, anularáselles a inscrición, e se o aportan fora de prazo abonarán 20 euros coma modificación da mesma.

3.3.             TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.

 

4. RECLAMACIÓNS

4.1.             COMISIÓN DE CAMPEONATO: Estará formada por:

Presidente:. D. Jorge Rodríguez Longueira.

Vogais:, D. José A.Torres Taboada, Don Víctor Costado Lima e un técnico máis que será elexido por sorteo o día da competición ademáis do xuiz de mesa do tapiz no cal se produza a reclamación.

4.2.             RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do club.

4.3.             Ó entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30€), dos que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.

4.4.             Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir con chándal e con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

NOTA MOI IMPORTANTE: Segundo o lembrado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunícanse os requerimentos necesarios para a ceremonia de recollida de medallas.

Desportistas e adestradores para recoller as medallas:

a.   Recollerá-se a medalla  en chándal ou en dóbok. Os adestradores poden facelo en chándal.

b. En caso de non vestir adecuadamente, recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ao finalizar o acto.

 

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE PARA OS SEUS COMPETIDORES.

LEMBRAMOS TAMÉN A ABRIGA DE NOMINAR UN ÁRBITRO POR CLUBE PARA A COMPETICIÓN.

A Coruña, 2 de Xaneiro de 2011.

Read 493 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.