A reunión de árbitros e delegados terá lugar no mesmo pavillón cunha hora de antelación.
Enviar nominación de árbitros antes do xoves 10 a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (Esperanza Meilán).
Modalidades de participación.-
TÉCNICA: Poderán participar en técnica tódolos deportistas federados que ostenten como mínimo o 1º Pum (deportistas con 14 anos cumpridos no ano en curso) ou 1º Dan (deportistas con 15 ou máis anos cumpridos no ano en curso). A inclusión nas categorías farase por ano natural.
Categorías:
INDIVIDUAL
- Xunior de 14 a 18 anos (01/01/1993 - 31/12/1997)
- Senior 1 de 19 a 30 anos (01/01/1981 - 31/12/1992)
- Senior 2 de 31 a 40 anos (01/01/1971 - 31/12/1980)
- Master 1 de 41 a 50 anos (01/01/1961 - 31/12/1970)
- Master 2 de 51 anos a 60 anos (01/01/1951 - 31/12/1960)
- Master 3 de 61 a … (01/01/1901 - 31/12/1950)
PARELLAS
- Parellas 1 de 14 a 35 anos (01/01/1976 - 31/12/1997)
- Parellas 2 de 36 ou máis anos (01/01/1901 - 31/12/1975)
TRIOS SINCRONIZADOS:
Dividiranse en categoría masculina e categoría feminina. Non se poderá participar con máis nin menos de 3 competidores.
- Trio Masculino 1 de 14 a 35 anos (01/01/1976 - 31/12/1997)
- Trio Masculino 2 de 36 ou máis anos (01/01/1901 - 31/12/1975)
- Trio Feminino 1 de 14 a 35 anos (01/01/1976 - 31/12/1997)
- Trio Feminino 2 de 36 ou máis anos (01/01/1901 - 31/12/1975)
Os clubes poderán inscribir TRES participantes ou equipos por cada modalidade e categoría.
Os clubes poderán inscribir un deportista de reserva para equipos sincronizados (Tríos e Parellas).
A Coruña, 3 de marzo de 2011