×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Jueves, 24 Marzo 2011 19:54

CIRCULAR 08/2011. CPTO. GALEGO SUB-21

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 08/2011

 

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNÁSIOS FEDERADOS

ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO SUB 21 MASCULINO E FEMININO

“XUNTA DE GALICIA” - ANO 2011

 

1. A COMPETICIÓN

 

1.1.             LUGAR: Pavillón Municipal de Barraña – BOIRO.

1.2.             DATA: Sábado, 7 de Maio de 2011.

1.3.             HORÁRIO: A partires das 10.00 horas.

 

2. NORMAS TÉCNICAS

 

2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2011 poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso. As inscricións faranse a través da aplicación web entre o 4 e o 19 de abril de 2011. Os clubes faranse cargo das autorizacións paternas, poñendoas a disposición da FGT se fosen requeridas.

OS DEPORTISTAS QUE NON REUNAN REQUISITOS O DÍA QUE SE ABRA O PRAZO DE INSCRICIÓN NON PODERÁN PARTICIPAR NA COMPETICIÓN, POLO QUE RECOMENDAMOS TRAMITEN LICENCIAS E GRAOS PENDENTES ANTES DO MÉRCORES 30 DE MARZO. OS QUE CHEGUEN CON POSTERIORIDADE NON ESTARÁN PROCESADOS PARA A INSCRICIÓN.

2.2. GRAO MÍNIMO:

Masculino: Cinto Marrón.

Feminino: Cinto Azul.

2.3.             DOCUMENTACIÓN :

2.3.1.       Os menores de 18 anos, autorización paterna e certificación de aptitude psicofísica no impreso facilitado pola FGT  e que se pode descargar da web. Será custodiado polo clube.

2.4.             IDADES: Poderán participar os desportistas nados nos anos 90, 91, 92, 93, 94 e 95.

2.5.             PROTECCIÓNS: Son estrictamente obligatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas (non empeines) e petos e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans.

2.6.             OS COMBATES: Rexerase polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.

2.7.             ARBITRAXE: Rexerá-se polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.

2.8.             UNIFORMIDADE OBLIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.

 

 

 

 

 

 

 

 

2.9.             PESOS:

CATEGORIAS   MASCULINA              FEMININA

MASCULINO : -50,-54,-58,-63,-68,-74,-80,-87,+87

FEMENINO: -43, -46, -49,-53,-57,-62,-67,-73,+73


 

2.10.         TROFEOS:

Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.

Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:

Oro: 7 puntos

Prata: 3 puntos

Bronce: 1 punto.

Nota: as medallas que se obteñan sen facer combate sí computarán para a clasificazón. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).

 

3. ORGANIZACIÓN

 

3.1.             ORGANIZA o Clube SUH SPORT DE BOIRO por delegación da Federación Galega de Taekwondo.

3.2.            PESAXE: PESAXE: Venres, día 6, provincia de:

A CORUÑA: ás 13.00 hr.  no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.

ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.

LUGO: De 17.00 a 18.00 hr.E.Lucense Tkd. Piscina As Pedrerías. Avda. Filarmónica, s/n. Lugo OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.

PONTEVEDRA: De 14.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Tao C/ Coruña 13 baixo, Vigo.

De 13.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.

3.3.             SORTEO: Realizarao o Director Rexional de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a: D. Jorge Rodríguez Longueira, ó email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

3.4.             XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.

3.5.             COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 10.00 horas.

 

4. CONDICIÓNS ECONÓMICAS

 

4.1.             PERTENZA A CLUB FEDERADO: Os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2011.

4.2. ÁRBITROS: Os clubes deberán nominar obrigaroriamente un árbitro, inscribíndoo na folla de inscrición de desportistas e comunicándoo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. . Os que non o nominen dentro do periodo de inscrición non poderán participar na competición. O árbitro acudirá á competición coa folla de liquidación cuberta e asinada.

 

 

 

 

 

5. RECLAMACIÓNS :

 

5.1.             COMITÉ DE COMPETICIÓN: Estará formado por:

5.2.             Presidente: COMISIÓN DE CAMPEONATO: Estará formada por:

Presidente:. Dna. Jorge Rodríguez Longueira.

Vogais:,Don Juan Luis Martínez Queiruga, Don Víctor Costado Lima e un técnico máis que será escollido por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.

5.3.             RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas reflectidas no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor.Deberán facer-se sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.

Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 €), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o seu importe.

 

5.4.             Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todos os actos do campionato.Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, con chándal ou dobok, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.

A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo contravimento das normas que figuran nesta circular ou da legalidade vixente.

 

 

AVISO IMPORTANTE: INFÓRMASE ÓS CLUBES QUE DEBERÁN ACUDIR Á COMPETICIÓN CON PARTES DE ACCIDENTE PARA OS SEUS COMPETIDORES.

LEMBRAMOS TAMÉN A ABRIGA DE NOMINAR UN ÁRBITRO POR CLUBE PARA A COMPETICIÓN.

 

 

A Coruña, 21 de Marzo de 2011.

Read 483 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.