×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Jueves, 24 Marzo 2011 19:57

CIRCULAR 09/2011. CURSO DE ARBITRAXE

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 09/2011

DESTINATARIO: Todo-los Clubes e Ximnasios.

ASUNTO: CURSO DE ARBITRAXE ATA NACIONAL.

DATA: Domingo, 1 de Maio de 2011.

LUGAR: Complexo Deportivo de Elviña. Salón de Actos. A Coruña.

HORARIOS: De 09.30 a 14.00 e de 15.30 a 20.30 horas.

INSCRICIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo, NA FOLLA DE ACTIVIDADES NACIONAIS (Actualizada na web) COA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA. Deberán estar en posesión da FGT antes das 13.00 horas do día 14 de Abril de 2011. Á documentación acompañarase folla de liquidación e comprobante do pago das correspondentes cuotas (TODO XUNTO, NON ADMITIREMOS DOCUMENTACIÓNS “A PRAZOS”).

CUOTAS DO CURSO:

  • Xuiz Cronometrador.…………………….. 54,00 Euros
  • Árbitro Rexional …………………….…… 90,00 Euros
  • Árbitro Nacional ……………………….… 150,00 Euros
  • Reciclaxe:

Árbitros, Monitores e Adestradores   COLEXIADOS --------- GRATIS

NON COLEXIADOS -------- 20 Euros

 

 

TEMPOS DE PERMANENCIA E GRAOS:

 

Para Xuiz Cronometrador: Grao mínimo cinto MARRÓN.-Idade 14 anos cumplidos.

Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN.-Un ano de xuiz cronometrador, colexiación actual como xuiz cronometrador.

Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN.-Un ano de árbitro rexional (ou Interrexional)- (Aprobado en Asamblea Xeral da FET de data 11/06/2008), colexiación actual como árbitro rexional.

DOCUMENTACIÓN: A documentación a presentar é a seguinte:

Para Xuiz Cronometrador

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia.

- Fotocópias do CARNÉ MARRON (NON SE PRECISAN OS ANTERIORES).

- Autorización paterna ós menores de 18 anos.

- Ter licencia federativa do presente ano 2011 (INDICAR O Nº NON É PRECIOSO MANDAR COPIA). 

 

 

Para Árbitro Rexional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- Fotocópia do carnet ou título de 1º DAN.

- Fotocópia do carnet ou título de xuiz cronometrador.

- Fotocópia do carnet de colexiación en vigor de xuiz cronometrador.

- Ter licencia federativa do ano 2011 (INDICAR O Nº NON É PRECIOSO MANDAR COPIA).

- Autorización paterna os menores de 18 anos.

Para Árbitro Nacional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- Fotocópia do carnet ou título de 2º DAN.

- Fotocópia do carnet ou título de Árbitro Rexional ou Interrexional.

- Fotocópia da colexiación de árbitro rexional en vigor.

- Ter licenza federativa do presente ano 2011 (INDICAR O Nº NON É PRECIOSO MANDAR COPIA).

- Autorización paterna os menores de 18 anos.

 

É imprescindible para se presentar ao Curso pertencer a Clube afiliado a esta FGT no ano 2011.

 

MATERIAL: Deberán presentarse provistos de: Dóbok, libreta e bolígrafo. Tamén deberán traer uniforme oficial de arbitraxe para o caso dos xuices cronometradores que se presentan a rexional e os árbitros rexionais que se presentan a nacional para poder realizar as prácticas de arbitraxe.

 

Non se poderán realizar conxuntamente os cursos de Xuiz Crono e Arbitro Rexional.

Este curso realizarase polas Normas da Federación Mundial W.T.F.

En caso de non haber inscricións suficientes poderase suspender o Curso.

 

Non se admitirá documentación en trámite polo que deberán anticiparse a solicitar o que lles falte con suficiente tempo para o día que finalice o prazo ter toda a documentación COMPLETA.

Para a reciclaxe, os interesados, deberán estar en posesión da licencia de 2011 e enviar o impreso de inscrición (ACTIVIDADES NACIONAIS) debidamente cumplimentado indicando que é para reciclaxe.

 

É IMPRESCINDIBLE QUE O IMPRESO DE ACTIVIDADES NACIONAIS VEÑA TOTALMENTE CUBERTO E ASINADO EN ORIXINAL, NON VALE FAX NIN MAIL.

 

 

 

A Coruña, a 21 de Marzo de 2011.

Read 597 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.