×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Martes, 31 Mayo 2011 18:44

CIRCULAR 14/2011. EXAME DE CINTOS NEGROS

Written by
Rate this item
(0 votes)

IMPORTANTE. POR FAVOR, PREGAMOS NON ESGOTEDES O PRAZO DE INSCRICIÓN, XA QUE É A PRIMEIRA VEZ QUE SE FARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB E PODERÍAN APARECER ERROS. PRECISARIAMOS TEMPO PARA SOLUCIONALOS. GRACIAS.

UNHA VEZ PROCESADAS AS ALTAS NA APLICACIÓN WEB (IMPRESCINDIBLE), DEBEREDES IMPRIMILAS FOLLAS DE ACTIVIDADES NACIONAIS, ASINALAS, XUNTAR DNI E REMITIR Á FGT ANTES DO 20/06/2011.

Intentaremos evitar o envío postal nun futuro. Estamos a traballar no sistema.

-----------------------------------------------

CIRCULAR Nº 14/2011

 

ASUNTO: EXAME DE CINTO NEGRO 1º, 2º, 3º, 4º, 5º Dan e 1º e 2º PUM.

DESTINATARIOS: TODO-LOS CLUBES FEDERADOS.

1.DATA: Sábado, 9 de Xullo de 2011.

2.LUGAR: Complexo Deportivo de ELVIÑA. Praza Agustín Díaz, 3. 15008 A CORUÑA.

3. HORARIO: - De 09.30 a 14.00 e de 15.00 a 20.30 horas.

 

4.INSCRICIÓNS: A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. ISTO CREARÁ AS FOLLAS DE ACTIVIDADES NACIONAIS TOTALMENTE CUBERTAS, AS QUE DEBEDES IMPRIMIR, ADXUNTAR COPIA DO DNI, ASINAR POR DEPORTISTA E ADESTRADOR E MANDAR EN ORIXINAL Á FGT COA CORRESPONDENTE LIQUIDACIÓN. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS QUE NON FOSEN PROCESADAS NA WEB. ENTRADA NA FGT ANTES DAS 13.00 HORAS DO 20 DE XUÑO.

 

5.CUOTAS DO EXAME:

a)   PRIMEIRO DAN:   96 euros

b)  SEGUNDO DAN: 133 euros

c)   TERCEIRO DAN: 158 euros

d)  CUARTO DAN: 180 euros

e)   QUINTO DAN:   300 euros

  1. f)    PRIMEIRO PUM: 70 euros

g)   SEGUNDO PUM: 70 euros

Por acordo da Asamblea Xeral da Federación Española de Taekwondo non é obrigatorio o pago do DAN Internacional (WTF), aínda que SI o é para participar en actividades INTERNACIONAIS da WTF.

6.REQUERIMENTOS E DOCUMENTACIÓN

6.1.PARA TODALAS CATEGORIAS:

  • Impreso oficial de inscrición en actividades nacionais, CUBERTO NA APLICACIÓN WEB.
  • Fotocopia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia
  • Orixinal do carnet de competición totalmente CUBERTO POLO CLUBE. (Descagar de www.taekwondogalego.com - IMPRESOS)
  • Fotocopia do resguardo bancario de ingreso da cuota correspondente.
  • Folla oficial de liquidación de clube.
  • Autorización paterna aos menores de 18 anos – O CLUBE DEBERÁ RESPONSABILIZARSE DAS MESMAS E POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT SE FOSEN REQUERIDAS.

 

6.2.PRIMEIRO DAN (ESTE EXAME TAMÉN SE PODE FACER NO CLUBE):

  • Datos do carné de grao de MARRÓN na folla de actividades nacionais.
  • Quince anos cumpridos o dia do exame
  • Datos das licencias federativas dos anos 08, 09, 10 e 11 ou catro alternas máis a do 2011 con data completa de exped. na folla de activ. Nacionais.
  • Levar como mínimo doce meses de cinto marrón
  • Datos da colexiación e nº títitulo de xuiz cronometrador na folla de activ. nacionais

 

6.3.SEGUNDO DAN:

  • Dezaseis anos cumpridos como mínimo
  • Datos das licencias federativas do 10 e 11, ou de dúas alternas despois de ter obtido o dan anterior mais o actual do ano 2011, na folla de activ. Nacionais con data de expedición.
  • Levar como mínimo un ano de primeiro dan
  • Datos do 1er.DAN Nacional na folla de actividades nacionais.
  • Datos da colexiación actual de Árbitro Regional co nº de título na folla de activ. Nacionais.

6.4.TERCEIRO DAN:

  • Dezaoito anos cumpridos como mínimo
  • Datos das licencias federativas dos anos 09, 10 e 11 ou de tres alternas despois do dan anterior máis o actual do ano 2011.
  • Levar como mínimo dous anos de segundo dan
  • Datos do titulo do 2º DAN Nacional na folla de activ. Nac.
  • Datos do título e da colexiación actual de Árbitro Nacional na folla activ. Nac.

6.5.CUARTO DAN:

  • Vinteiún anos cumpridos como mínimo
  • Datos das licencias federativas dos anos 08, 09, 10 e 11 ou de catro alternas despois do dan anterior máis o actual do ano 2011.
  • Levar como mínimo tres anos de terceiro dan
  • Datos do titulo do 3er.DAN Nacional na folla de actividades nacionais.
  • Datos da colexiación actual de Árbitro Nacional na folla de activ. Nacionais.

6.6.QUINTO DAN:

  • Vintecinco anos cumpridos como mínimo
    • Datos das licencias federativas dos anos 07, 08, 09, 10 e 11 ou de cinco alternas despois do dan anterior máis o actual do ano 2011.
    • Levar como mínimo catro anos de cuarto dan
    • Datos do título do 4º DAN Nacional na folla de actividades nacionais.
    • Datos da colexiación actual de Árbitro Nacional na folla de activ. Nac.

6.7.PRIMEIRO PUM: (ESTE EXAME TAMÉN SE PODE FACER NO CLUBE).

  • Dez anos cumpridos e ser menor de quince
    • Datos das licencias federativas dos anos 07, 08, 09, 10 e 11 ou seis alternas máis o actual do ano 2011.
    • Datos do carné de grao de MARRÓN na folla de actividades nacionais.
    • Levar doce meses como mínimo de cinto marrón.

6.8.SEGUNDO PUM:

  • Doce anos cumpridos e ser menor de quince
  • Datos do títuo de 1º PUM na folla de actividades nacionais.
  • Datos das licencias federativas dos anos 10 e 11 con data de exped.
  • Levar un ano como mínimo de primeiro pum.

 

NOTAS IMPORTANTES:

  1. Non se aceptará a inscrición de ningún aspirante se o clube non está ó corrente das súas cuotas e reafiliado no ano 2011.
  2. O exame realizarase polo regulamento que actualmente está en vigor e que pode consultarne na web oficial desta FGT.
  3. A aqueles aspirantes que non aporten correctamente TODA a documentación solicitada, dentro do prazo, anularáselles o exame, segundo consta no Regulamento Nacional.
  4. Aqueles aspirantes que necesiten algún documento deberán solicitalo coa ANTELACIÓN suficiente. Os que estean pendentes de recibir algún documento (arbitraxe, DAN, Colexiacións, etc) deberán comunicá-lo por escrito na folla de actividades nacionais, facendo constar que está EN TRÁMITE, pero non deixa-lo oco en branco.
  5. O apartado de combate realizarase unha vez acabada parte técnica de todos os aspirantes, podendo modificarse segundo necesidades de organización.
  6. Co fin de axilizar a revisión das documentacións, ante a posibilidade da existéncia de moitas inscricións e haxa que nomear dous tribunais de exame, e en benefício de todos, prégase aos aspirantes efectuen as súas inscricións coa suficiente antelación.
  7. En caso de que non haxa suficientes inscricións  poderase suspender a actividade.
  8. 8. No impreso de inscrición figuran 6 casiñas onde se deben anotar os NÚMEROS DE LICENCIAS E DATAS DE EXPEDICIÓN DIA/MES/ANO DAS MESMAS - OBRIGATORIO, cumpliendo este requerimento rigorosamente, non sería necesario enviar fotocopia das licencias. En caso de non ser certos os dados cubertos no impreso de inscrición, o exame  sería anulado pola FET perdendo tódolos dereitos.
  9. 9. O EXAME DE 1º PUM E 1º DAN PODERÁ REALIZARSE NO MESMO CLUBE COA SINATURA DUN ADESTRADOR NACIONAL COMO TRIBUNAL DE EXAME. Mantéñense tanto as esixencias documentais como as cuotas establecidas. O único que varia é que antes era preciso un tribunal e un membro federativo e agora co Adestrador Nacional é suficiente. No referinte á documentación a apresentar a esta FGT e á FET así coma os requerimentos a cumprir seguirán sendo os mesmos.

 

A Coruña, 27 de Maio de 2011.

Read 551 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.