×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Viernes, 03 Junio 2011 17:09

CIRCULAR 16/2011. CURSOS DE TITULACIÓN TAEKWONDO E HAPKIDO

Written by
Rate this item
(0 votes)

Circular Nº 16/2011

DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES  FEDERADOS E FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS. 

ASUNTO: CURSO DE TITULACIÓN PARA MONITOR, ADESTRADOR REXIONAL E ADESTRADOR NACIONAL DE TAEKWONDO E MONITOR DE HAPKIDO.

LUGAR: Centro Galego de Tecnificación Deportiva. PONTEVEDRA. Rúa Padre Fernando Olmedo, 1. 36002 Pontevedra.

DATA: Do 04 ó 23 de Xullo de 2011 (BLOQUE ESPECÍFICO).

HORÁRIO: De Luns a Sábado – COMUNICARANSE HORARIOS.

(Do 4 ó 9 en Ribeira – Campamento SO3 – do 11 ó 23 no CGTD).

INSCRICIÓNS: As inscricións debidamente cumplimentadas no impreso de INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES NACIONAIS (descargar da web www.taekwondogalego.com / CLUBES GALEGOS CUBRIR NA APLICACIÓN WEB E REMITIR POSTERIORMENTE ASINADA CO RESTO DA DOCUMENTACIÓN). DATA LÍMITE PARA REMISIÓN DE DOCUMENTACIÓN 28/06/2011.

O XUSTIFICANTE DE PAGO COA CORRESPONDENTE FOLLA DE LIQUIDACIÓN E TODA A DOCUMENTACIÓN EN ORIXINAL E ASINADA, PRESENTARASE NA FGT ANTES DAS 13.00 HORAS DO 28/06/2011.

FORMA DE PAGO: Deberá efectuarse o pago do 100% da cuota do curso antes das 13.00 h. do dia 28/06/2011.

Monitor: 320 €

Adestrador Rexional: 375 €

Adestrador Nacional: 690 €

 

DOCUMENTACIÓN COMÚN A TODO-LOS CURSILLISTAS:

  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia da LICENCIA federativa actual.
  • Impreso oficial de actividades nacionais TOTALMENTE CUBERTO CON LETRA CLARA E ASINADO POLO INTERESADO E ADESTRADOR NAC. Clubes galegos deberán cubri-lo na aplicación web.
  • Fotocopia do resguardo de ingreso na conta da FGT en Novacaixagalicia, nº de Cta. 2080 0219 21 0040002885.
  • Folla de liquidación de cuotas federativas cuberta (descarga web).

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA E DE CONVOCATORIAS PARA CURSAR O BLOQUE COMÚN:

http://www.deportegalego.es

 

A ESCOLAGALEGA DO DEPORTE IMPARTIRÁ OS BLOQUES COMÚNS DOS TRES NIVEIS.

PARTES:

BLOQUE COMÚN   /   BLOQUE ESPECÍFICO   /  PRÁCTICAS

NIVEL I - MONITOR (TOTAL 270 HORAS)

Serán 75 horas teóricas - 150 horas prácticas.

ESTA FGT IMPARTIRÁ O BLOQUE ESPECÍFICO. O BLOQUE COMÚN (45 hr) DESTE NIVEL SERÁ CONVOCADO POLA  SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Ter 16 anos cumpridos.
  • Certificación de ter aprobado o bloque común.
  • Fotocopia compulsada do carné de 1° DAN.
  • Fotocopia do título de xuiz cronometrador.
  • Fotocopia do Graduado Escolar / ESO ou Título Superior compulsado por un Notario ou polo organismo oficial de educación correspondiente.
  • Certificado asinado e selado polo Director dun club e un Adestrador Nacional colexiado, conforme o aspirante realizou 150 horas de práticas en dito club baixo a dirección técnica do Adestrador Nacional asinante.
  • Autorización paterna para os menores de 18 anos.

NIVEL II - ADESTRADOR REXIONAL (480 HORAS)

Serán 210 horas teóricas – 200 prácticas.

ESTA FGT IMPARTIRÁ O BLOQUE ESPECÍFICO. O BLOQUE COMÚN (70 hr.) DESTE NIVEL SERÁ CONVOCADO POLA  SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • Ter 18 anos cumpridos.
  • Certificación de ter aprobado o bloque común.
  • Fotocopia do carné ou diploma de 2º DAN ou superior.
  • Fotocopia do carné de árbitro rexional.
  • Fotocopia do diploma ou carné de MONITOR.
  • Fotocopia da colexiatura actual de MONITOR.
  • Un ano de antigüidade como Monitor colexiado.
  • Certificado asinado e selado polo Director dun club e un Adestrador Nacional colexiado, conforme o aspirante realizou 200 horas de práticas en dito club baixo a dirección técnica do Adestrador Nacional asinante.

MESTRE-ADESTRADOR NACIONAL (600 HORAS)

ESTA FGT IMPARTIRÁ O BLOQUE ESPECÍFICO. O BLOQUE COMÚN DESTE NIVEL SERÁ CONVOCADO POLA  SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Ter 20 anos cumpridos.
  • Fotocopia do diploma ou carné de 3° DAN ou superior.
  • Fotocopia do diploma ou carné de ADESTRADOR REXIONAL.
  • Fotocopia da colexiatura actual de ADESTRADOR REXIONAL.
  • DOUS anos de antiguidade como Adestrador Rexional colexiado.
  • Certificado asinado e selado polo Director dun club e un Adestrador Nacional colexiado, conforme o aspirante realizou 200 horas de práticas en dito club baixo a dirección técnica do Adestrador Nacional asinante.

 

NIVEL I - MONITOR (TOTAL 270 HORAS) - HAPKIDO

Serán 75 horas teóricas - 150 horas prácticas.

ESTA FGT IMPARTIRÁ O BLOQUE ESPECÍFICO. O BLOQUE COMÚN (45 hr) DESTE NIVEL SERÁ CONVOCADO POLA  SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Ter 16 anos cumpridos.
  • Certificación de ter aprobado o bloque común.
  • Fotocopia compulsada do carné de 1° DAN.
  • Fotocopia do título de xuiz puntuador (convocarase curso).
  • Fotocopia do Graduado Escolar / ESO ou Título Superior compulsado por un Notario ou polo organismo oficial de educación correspondiente.
  • Certificado asinado e selado polo Director dun club e un Adestrador Nacional colexiado, conforme o aspirante realizou 150 horas de práticas en dito club baixo a dirección técnica do Adestrador Nacional asinante.
  • Autorización paterna para os menores de 18 anos.

OUTROS CASOS:

1°) Para estranxeiros, aparte dos documentos enumerados, deberán PRESENTAR:

  • Fotocopia compulsada do permiso de residéncia en España en vigor.
  • Fotocopia do pasaporte compulsada.
  • Convalidación de graos.
  • Orixinal do diploma do grao a convalidar.
  • Fotocopia da LICENCIA actual.
  • Certificado de estudios compulsado polo consulado, equivalente a E.X.B. ou superior.

2°) Os que desexen asistir ao curso en calidade de oíntes, deberán PRESENTAR:

  • Impreso oficial de inscrición.
  • Fotocopia do dan.
  • Fotocopia da LICENCIA actual
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Prezo por asignatura: 74 euros.

3°) Os que desexen recuperar asignaturas pendentes do curso anterior, deberán PRESENTAR:

  • Impreso oficial de inscrición.
  • Certificado de asignaturas pendentes.
  • Fotocopia do dan.
  • Fotocopia da LICENCIA actual.
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Prezo por asignatura: 74 euros.

NOTAS IMPORTANTES

  • Esta convocatoria é única. Os deportistas que se matriculen sen contar cos requisitos necesarios para acceder ó curso perderán todo-los dereitos e o importe íntegro da matrícula.
  • A recuperación das asignaturas suspendidas obriga a todo-los aspirantes, se é durante o curso, a asistir a todas as horas de clase das mesmas.
  • Os que, por calquera circunstancia durante o curso, deixen de asistir perderán o importe total do mesmo.
  • O curso realizarase sempre e cando haxa un número mínimo de persoas inscritas en cada modalidade, segundo normativa da FET.
  • Non se aceptarán inscricións por email nen fax.

Para o non reflectido nesta circular, deberán remitirse á normativa vixente da Federación Española de Taekwondo, Consello Superior de Deportes e Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O ANO PASADO AMPLIOUSE O PRAZO DE ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN SEN ÉXITO, ESTANDO A FINAIS DE ANO RECLAMANDO DOCUMENTACIÓN ÓS CURSILLISTAS, POLO QUE NON SE ADMITIRÁ DOCUMENTACIÓN FORA DE PRAZO. SE NON ESTÁ DEPOSITADA NESTA FGT O 28/06/2011, ANULARASE O CURSO, PERDENDO TODO-LOS DEREITOS.

A Coruña, 1 de Xuño de 2011.

Read 538 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.