×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Lunes, 02 Enero 2012 12:00

CIRCULAR 01/2012.- CPTO. GALEGO PROMESAS

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 01/2012

 DESTINATARIO: TODO-LOS CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS. 

ASUNTO: CAMPIONATO PROMOCIÓN CADETE, XUNIOR E ABSOLUTO, MASCULINO E FEMININO. “XUNTA DE GALICIA” - 2012 

  1. A COMPETICIÓN.

 

1.1.          LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal do GATAÑAL. Ctra. A Liméns. CANGAS.

1.2.          DATA: Sábado, 28 de xaneiro de 2012.

1.3.          HORÁRIO: A partires das 10.00 horas. 

 

  1. NORMAS TÉCNICAS:

 

  1. a. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes, reafiliados no ano 2012, poderán presentar un equipo masculino e outro feminino para cada unha das categorias, con un máximo de dous competidores por peso. INSCRICIÓN A TRAVÉS DA WEB – PRAZO DE INSCRICIÓN ENTRE O 16 E O 20 XANEIRO DE 2012. IMPORTANTE; OS DEPORTISTAS PARTICIPANTES DEBERÁN TER TRAMITADA E ABONADA NESTA FGT LICENCIA E GRAO ANTES DAS 13.00 HORAS DO MARTES 10 DE XANEIRO.

LEMBRASE A TODO-LOS CLUBS QUE É OBRIGATORIO NOMINAR UN ÁRBITRO PARA A COMPETICIÓN enviando o correspondente nome a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

  1. GRAO MÍNIMO E MÁXIMO: Para as tres categorias o grao mínimo será o Cinto Laranxa, non existindo asi mesmo grao máximo para nengunha delas. Non poderán participar os medallistas na categoria na cal obtivesen medalla no ano anterior. Por exemplo, un desportista que obtivese medalla en Cadete poderá participar en Xunior ou Absoluto, pero non en Cadete. (Acordo da Asamblea Xeral do 03.03.01).

 

  1. Os medallistas en campionatos estatais non poderán participar na categoría Promesa, independentemente do tempo transcorrido dende a obtención da medalla.
  2. Poderán solicitar a inclusión na categoría promesa aqueles deportistas que, sendo medallistas nos Campionatos Galegos Oficiais da categoría, obtiveran a medalla sen competir ou perdendo os combates. Quedarán exluídos desta posibilidade aqueles/as deportistas que foran convocados pola Selección Galega para participar en Campionatos Estatais. A solicitude de inclusión destes deportistas deberá de cursarse, motivando a solicitude coa información pertinente, ó Director Deportivo da FGT, quen comunicará a autorización ó Secretario Xeral da FGT para a súa admisión ou non. (Acordo da Asamblea Xeral do 01/03/2008).

 

  1. DOCUMENTACIÓN A APRESENTAR: INSCRICIÓN A TRAVÉS DO SISTEMA WEB. O clube farase cargo das autorizacións paternas dos deportistas e deberá poñelas a disposición da FGT se esta as solicitase.

 

  1. IDADES:

- CADETE: os nados nos anos 1998, 1999 e 2000.

- XUNIOR: de 14 a 17 anos cumpridos o ano en curso (anos 1995, 1996, 1997 e 1998).

- ABSOLUTO: a partir de 14 anos cumpridos o ano en curso (anos 1997 e anteriores).

NOTA: Un mesmo desportista non poderá participar en máis dunha categoria.

  1. PROTECCIÓNS: Son estrictamente obligatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco reglamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas, petos e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans.
  2. REGULAMENTO: Aplicarase o regulamento da W.T.F.
  3. ARBITRAXE: Os árbitros deberán vestir: Pantalón gris, camisa branca, garavata da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
  4. PESOS: Os estipulados ofícialmente para as tres categorias (ver nota adxunta).
  5. TROFEOS:

- INDIVIDUAL: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria, medalla.

- EQUIPOS: Primeiro, Segundo e Terceiro de cada categoria (masculino e feminino) trofeo.Seguirá-se o seguinte baremo: OURO = 7 puntos , PRATA = 3 puntos, BRONCE = 1 punto.

Computarán todas as medallas conseguídas, independentemente de que os desportistas fixesen ou non combate. (Lembro Asamblea Xeral de 03.03.01)

 

  1. ORGANIZACIÓN:

 

  1. ORGANIZA: Club KIAP de Cangas por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
  2. PESAXE: o viernes dia 27 de xaneiro, os competidores das províncias de:

A CORUÑA: ás 13.00 hr.  no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.

ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.

LUGO: De 17.00 a 18.00 hr.E.Lucense Tkd. Piscina As Pedrerías. Avda. Filarmónica, s/n. Lugo OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.

PONTEVEDRA: De 13.00 a 15.00 hr. no Gimnasio Area C/ Doctor Carracido, 13. Vigo.

De 13.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.

  1. SORTEO: Realizarao o Director Rexional de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a: D. Jorge Rodríguez Longueira, ó email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  2. REUNION DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase UNHA HORA antes do inicio da Competición no pavillón. (É DE OBRIGATORIA ASISTENCIA E PRÉGASE ESPECIAL PUNTUALIDADE).
  3. COMEZO DA COMPETICIÓN: 10.00 horas.
  4. NORMAS PARA OS ADESTRADORES:
    1. INDUMENTARIA: É obligatoria a utilizazón de roupa e calzado desportivo para acceder á pista e durante o enderezo dos combates.
    2. SANCIÓNS: no Comité Executivo da W.T.F. e a Asamblea Xeral da F.E.T. lembraron que nos campionatos se sancionará, de acordo co Regulamento Internacional de Arbitraxe, as acenacións, aplausos e acenos ostensibeis dos adestradores durante o combate, lembrando que as sancións previstas poden chegar até a descalificación do competidor e a inabilitación do adestrador.Os actos anteriormente citados incitan á violencia e aos desórdens, tanto do público como dos participantes, o que vulnera o REAL DECRETO sobre violencia no desporte e o Regulamento de Disciplina Desportiva, ademais do espectáculo deplorabel e tan prexudicial para o Tae Kwon Dó que dan os infractores destas regras.

 

  1. CONDICIÓNS ECONÓMICAS:

 

  1. a. PERTENZA A UN CLUB FEDERADO: os desportistas, árbitros, adestradores e delegados deberán pertencer a clubes federados, cuia cuota do ano 2012.
  2. ÁRBITROS: Cada club participante nunha competición oficial da FGT terá que solicitar a inscrición dun árbitro ou xuiz colexiados. A inscrición do árbitro/xuiz deberá de realizarse xunto coa do equipo, aplicación web, podendo ser un colexiado afiliado a outro club.

 

 

  1. RECLAMACIÓNS:

 

COMISIÓN DO CAMPIONATO: Estará formada por:

  • Director Deportivo
  • Director de Arbitraxe da FGT
  • Xuiz da mesa central do tapiz no que se produza a incidencia reclamada.
  • Técnico responsable do clube organizador do evento
  • Un técnico elexido por sorteo na reunión técnica da proba.

A Comisión de Campionato actuará de oficio en caso de observar un comportamento antideportivo por parte dun participante, podendo aplicar, en casos de actuacións claramente antideportivas, unha inhabilitación para acceder á pista durante a seguinte ou seguintes dúas probas como medida cautelar previa á apertura de expediente disciplinario. En todo caso levantarase acta na propia competición na que consten as persoas responsables dos actos antideportivos e unha descripción dos mesmos.

 

RECLAMACIÓNS: segundo o Regulamento da W.T.F.  faranse por escrito no impreso oficial e asinado polo Delegado Oficial do Club reclamante, estrumando préviamente 30 euros que serán dedevoltados en caso de prosperar a reclamación.

NOTA MOI IMPORTANTE: Segundo o acordado por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinária celebrada o 16/02/02, comunicanse os requerimentos necesários para a ceremonia de recollida de medallas.

Desportistas e Adestradores para recoller as medallas:

  1. a. Recollerase a medalla  en chándal ou en dóbok.  Os adestradores poden facelo en chándal.
  2. b. O protocolo de recollida será:

Unha vez chamado o desportista situarase enfrente de quen esté encargado de facer a entrega, saudará e recollerá a medalla. A continuación saudará e retirará-se.

  1. En caso de non vestir adecuadamente  recollerá a medalla un compañeiro, ou se lle entregará ao delegado do club ó finalizar o acto.

 

A Coruña, 2 de xaneiro de 2012.

Read 478 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.