PREBENXAMIN: 2004-2005 - ESTA CATEGORÍA NON CLASIFICA PARA O CPTO. DE ESPAÑA. (Amarelo/Laraxa).
BENXAMÍN: 2002-2003 – GRAO MÍNIMO – AMARELO/LARANXA.
ALEVÍN: 2000 – 2001 – GRAO MÍNIMO – LARANXA/VERDE.
INFANTIL: 1998-1999 – GRAO MÍNIMO – VERDE/AZUL.
CADETE: 1996-1997 – GRAO MÍNIMO – AZUL/MARRÓN.
A competición réxese polo regulamento oficial.-
CLASIFICACIÓN.- O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provinciais os equipos participantes foran impares.
EN TODO CASO, COMO MÍNIMO, SEMPRE CLASIFICARÁN OS CATRO PRIMEIROS (OURO, PRATA E DOUS BRONCES).
As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta DO 21 Ó 29 DE FEBREIRO.
OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS ANTES DAS 13.00 HR. DO XOVES 16 (LIQUIDACIÓN E PAGO NA SEDE DESTA FGT), POLA CONTRA NON PODERÁN INSCRIBIRSE NA COMPETICIÓN – NON SE FARÁN EXCEPCIÓNS.
Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN.
O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUEIRIDAS.
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA
DATA: Sábado, 14 de ABRIL de 2012
LUGAR: (comunicarase posteriormente).
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.
CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares.
Máis información en: http://www.deporteescolargalego.com/
http://www.deporteescolargalego.com/adjuntos/documentacion/2011_2012/1_deportiva/taekwondo.pdf
A Coruña, 8 de febreiro de 2012.