×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Viernes, 10 Febrero 2012 13:20

CIRCULAR 06/2012.- CPTO. ESCOLAR DE EXHIBICIÓN E COMBATE.

Written by
Rate this item
(0 votes)

Circular 06/2012

DEPORTE ESCOLAR.- FASE PROVINCIAL – CAMPIONATO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN E COMBATE 

DATA: Coruña, Lugo e Ourense: Sábado, 31 de marzo de 2012.

           Pontevedra: Sábado, 17 de marzo de 2012.

LUGAR: Organizan os servicios provinciais da SXpD en colaboración cos seguintes clubes: 

A Coruña: CLUBE KWON. Pavillón Municipal. BETANZOS.

Pontevedra: CLUBE MAT´S. Pavillón Municipal. MARÍN.

Lugo: CLUBE ESCOLA LUCENSE. PAVILLÓN MUNICIPAL "CASA DO DEPORTE". Avda. Duquesa de Lugo, s/n. LUGO.

Ourense: CLUBE COUTO. Pavillón dos Remedios. OURENSE. 

Para máis información sobre pavillóns de celebración e horarios, contactar cos clubes organizadores (Tlfnos. de contacto, enderezo e emails na web www.taekwondogalego.com ).

 

INSCRCICIÓN: As inscricións deberán facerse a través da aplicación web da FGT que permanecerá aberta DO 27 DE FEBREIRO Ó 7 DE MARZO.

OS DEPORTISTAS TEÑEN QUE TER A LICENCIA E GRAO TRAMITADOS ANTES DAS 13.00 HR. DO MARTES 21/02/12 (LIQUIDACIÓN E PAGO NA SEDE DESTA FGT), POLA CONTRA NON PODERÁN INSCRIBIRSE NA COMPETICIÓN – NON SE FARÁN EXCEPCIÓNS. 

Os competidores deberán estar mutualizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para o que tiveron que ser inscritos en tempo e forma na base de datos de XOGADE, nos prazos indicados. OS DEPORTISTAS NON REXISTRADOS EN XOGADE NON PODERÁN PARTICIPAR E ESTA FGT NON SE FARÁ CARGO DAS RESPONSABILIDADES DERIVADAS DE DEPORTISTAS NON REXISTRADOS NA APLICACIÓN.

O CLUBE CERTIFICARÁ A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB QUE TEN AS AUTORIZACIÓNS PATERNAS NO SEU PODER, E DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DESTA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS. 

CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN

a) ESPECIALIDADE DE EXHIBICIÓN:

A inscrición farase por equipo (3 equipos como máximo por categoría e entidade). En caso de que unha entidade teña varios equipos deberá inscribilos como equipo A, B e C. Os equipos estarán formados por 6 deportistas como mínimo e 9 como máximo e poderán inscribir 3 suplentes.

Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos indistintamente, pero que competirán xuntos. 

CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 2000 ata o 2003, coa posibilidade de poder inscribir un máximo de tres deportistas do ano 2004 por clube, non por equipo.

CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 1996-1997-1998-1999-2000-2001, 2002 e 2003.

* Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego. ** Grao mínimo, amarelo/laranxa.

b) ESPECIALIDADE DE COMBATE:

ALEVÍN: nados nos anos 2000 - 2001.

INFANTIL: nados nos anos 1998 – 1999. 

REGULAMENTO ADAPTADO PARA MODALIDADE DE COMBATE:

Poderase inscribir un equipo masculino e outro femenino con un máximo de catro competidores por peso en cada categoría tanto masculina como femenina. En caso de que se inscriban deportistas cun peso corporal que non estea recollido nas categorías preexistentes e sempre que se xunten catro ou máis competidores nese ratio de peso poderase abrir unha nova categoría. En caso contrario integraranse

na categoría inmediatamente superior.

 

Grao mínimo:

Para a categoria alevín o grao mínimo e o amarelo-laranxa,  tanto para a categoría masculina como feminina.

Para a categoría infantil o grao mínimo é o verde.

Se coordinarán comidas y desplazamientos con los servicios provinciales. Para cualquier aclaración rogamos contacten con el club organizador, porque en ningún caso están garantizados.

En el caso de Pontevedra, nos adelantan que solo ofrecen 150 comidas, por lo que se dará prioridad a los deportistas que tengan que quedarse a la tarde y si este filtro no es suficiente, a los que residan en localidades menos próximas.

PESOS:

INFANTIL- Feminina Masculina

Minimosca -29kg -33kg

Mosca -33kg -37kg

Galo -37kg -41kg

Pluma -41kg -45kg

Lixeiro -44kg -49kg

Super lixeiro -47kg -53kg

Semimedio -51kg -57kg

Medio -55kg -61kg

Semipesado -59kg -65kg

Pesado +59kg +65kg 

ALEVÍN - Feminina Masculina

Minimosquito -28 kg -28 kg

Mosquito -31 kg -31kg

Minimosca -34 kg -34 kg

Mosca -37 kg -37 kg

Minigalo -40 kg -40 kg

Galo -43 kg -43 kg

Minipluma -46 kg -46 kg

Pluma -49 kg -49 kg

Lixeiro -52 kg -52 kg

Superlixeiro -55kg -55 kg

Semimedio -58 kg -58 kg

Medio -62 kg -62 kg

Pesado+62kg+62k


Pesaxe:

Na categoría infantil realizarase a pesaxe o día antes da competición nas sedes oficiais da FGT. Na categoría alevín realizarase a pesaxe o mismo día da competición dúas horas antes do comenzo da proba na misma sede do campeonato.

Os deportistas deberán de pesarse co uniforme oficial (dobok e cinturón).

Proteccións:

Son obrigatorias as proteccións que o regulamento da WFT establece (casco, protector de xenitais, proteccións de antebrazos e de espinillas, protector bucal, peto, guantillas de pés e de mans). Cada competidor deberá de levar as súas proteccións.

Arbitraxe:

Aplicaráse o regulamento WTF vixente coas adaptacións pertinentes en cada categoría.

O uniforme dos árbitros será o oficial da FGT (camisa branca, garabata azul, americana azul marino, pantalón gris e zapatillas de deporte brancas).

Normativa:

Infantil - esta categoría ceñirase o regulamento en vigor para os campionatos de España e Europa da categoría.

Alevín- a competición será adaptada nos seguintes aspectos:

• A zona de combate reducirase a un tamaño de 6mt x 6mt.

• A duración dos combates reducirase a dous asaltos de minuto e medio con corenta segundos de descanso entre asaltos.

• Haberá un árbitro central que se encargará de dirixir os combates e velar pola seguridade dos rapaces ademais de otorgar os puntos obtidos por cada competidor. Un xuiz cronometrador na mesa central encargarase de anotar os puntos e penalizacións indicados polo árbitro central na folla de competición

• Non se permitirán os ataques realizados con técnicas que golpeen a cara ou cabeza. Os deportistas que executaran este tipo de técnicas serán penalizados e, en caso de reincidir poderán ser descalificados..

• As técnicas de xiro (de 360º, tuit chagui, momdollio ó peto ou pivotes) que conecten claramente no protector pectoral ou peto puntuarán dobre.

 

CLASIFICACIÓN:

O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares, ou ouro, prata e bronces.

MÁIS INFORMACIÓN NO REGULAMENTO DA WEB DO DEPORTE ESCOLAR:

http://www.deporteescolargalego.com/adjuntos/documentacion/2011_2012/1_deportiva/taekwondo.pdf

FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBATE E EXHIBICIÓN.

DATA: Sábado, 28 de ABRIL de 2012. 

LUGAR: COMUNICARASE LUGAR DE CELEBRACIÓN.

Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO MÉRCORES SEGUINTE Á COMPETICIÓN, no arquivo electrónico que remitiremos dende a FGT.

CLASIFICACIÓN: O sistema de clasificación será N/2 no caso de que o número de participantes sexa par e (N/2) + 1 no caso de que nas fases provincias os equipos participantes foran impares. 

A Coruña, 8 de febreiro de 2012.

Read 561 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.