×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 147
Viernes, 17 Febrero 2012 10:11

CIRCULAR 07/2012.- CURSO DE ARBITRAXE.

Written by
Rate this item
(0 votes)

CIRCULAR Nº 07/2012 

DESTINATARIO: Todo-los Clubes e Ximnasios. 

ASUNTO: CURSO DE ARBITRAXE ATA NACIONAL

DATA: Sábado, 21 de ABRIL de 2012

LUGAR: Centro Galego de Tecnificación Deportiva – PONTEVEDRA. 

HORARIOS: De 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. 

INSCRICIÓNS: Na Federación Galega de Taekwondo, APLICACIÓN WEB REMITINDO ORIXINAIS ASINADOS COA COPIA DO DNI – PRAZO DE INSCRICIÓN DO 31/03/2012 Ó 12/04/2012 – ENTRADA DO ORIXINAL NA FGT ANTES DAS 13.00 HORAS DO 12/04/2012. OS CURSILLISTAS DEBERÁN TER LICENCIA E GRAO TRAMITADOS NA FGT ANTES DAS 13.00 HORAS DO VENRES 30/03/2012.

 

CUOTAS DO CURSO: 

  • Xuiz Cronometrador.…………………….. 55,00 Euros
  • Árbitro Rexional …………………….…… 91,00 Euros
  • Árbitro Nacional ……………………….… 153,00 Euros
  • Reciclaxe:

Árbitros, Monitores e Adestradores   COLEXIADOS --------- GRATIS

NON COLEXIADOS -------- 20 Euros

 TEMPOS DE PERMANENCIA E GRAOS

Para Xuiz Cronometrador: Grao mínimo cinto AZUL.-Idade 14 anos cumpridos.

Para Árbitro Rexional: Grao mínimo Cinto Negro 1º DAN.-Un ano de xuiz cronometrador, colexiación actual como xuiz cronometrador.

Para Árbitro Nacional: Grao mínimo Cinto Negro 2º DAN.-Un ano de árbitro rexional (ou Interrexional)- (Aprobado en Asamblea Xeral da FET de data 11/06/2008), colexiación actual como árbitro rexional.

DOCUMENTACIÓN: A documentación a presentar é a seguinte:

Para Xuiz Cronometrador

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou Libro de Familia.

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

- Ter licencia federativa do presente ano 2012.

-Cinto AZUL. 

Para Árbitro Rexional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- 1º DAN.

- Título de xuiz cronometrador – 1 ano

- Colexiación en vigor de xuiz cronometrador.

- Ter licencia federativa do ano 2012

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS. 

Para Árbitro Nacional

- Folla de inscrición debidamente cumplimentada e asinada. – APLICACIÓN WEB.

- Fotocópia do D.N.I. por ambas caras ou do Libro de Familia.

- 2º DAN.

- Título de árbitro rexional – 1 ano

- Colexiación en vigor de árbitro rexional.

- Ter licencia federativa do ano 2012.

- Autorización paterna ós menores de 18 anos – QUEDARÁ EN POSESIÓN DO CLUBE QUEN CERTIFICA TELA NO SEU PODER A TRAVÉS DA APLICACIÓN WEB. DEBERÁ POÑELAS A DISPOSICIÓN DA FGT DE XEITO INMEDIATO SE LLE FOSEN REQUERIDAS.

 É imprescindible para se presentar ao Curso pertencer a Clube afiliado a esta FGT no ano 2012.

MATERIAL: Deberán presentarse provistos de: Dóbok, libreta, regulamento IMPRESO E ESTUDIADO (DESCARGAR DA WEB), e bolígrafo. Tamén deberán traer uniforme oficial de arbitraxe para o caso dos xuices cronometradores que se presentan a rexional e os árbitros rexionais que se presentan a nacional para poder realizar as prácticas de arbitraxe.

Non se poderán realizar conxuntamente os cursos de Xuiz Crono e Arbitro Rexional.

Este curso realizarase polas Normas da Federación Mundial W.T.F.

En caso de non haber inscricións suficientes poderase suspender o Curso. 

Non se admitirá documentación en trámite polo que deberán anticiparse a solicitar o que lles falte con suficiente tempo para o día que finalice o prazo ter toda a documentación COMPLETA.

Para a reciclaxe, os interesados, deberán estar en posesión da licencia de 2012 e enviar o impreso de inscrición (ACTIVIDADES NACIONAIS) debidamente cumplimentado indicando que é para reciclaxe. 

É IMPRESCINDIBLE QUE O IMPRESO DE ACTIVIDADES NACIONAIS VEÑA TOTALMENTE CUBERTO A TRAVÉS DA WEB E ASINADO EN ORIXINAL, NON VALE FAX NIN MAIL.

A Coruña, a 17 de febreiro de 2012.

Read 478 times

Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo

www.taekwondogalego.org | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.