Responsable comunicación da Federación Galega de Taekwondo
CIRCULAR 19/2010. CURSO TÉCNICO EN LUGO E PONTEVEDRA
Circular nº 19/2010
DETINATARIO: Clubes afiliados á FGT – Das provincias de Lugo e Ourense.
ASUNTO: CURSO TÉCNICO NAS PROVINCIAS DE LUGO E OURENSE
LUGAR:
Horario de mañá en Ourense. Organiza o clube Couto. Pista central do Pavillón dos Remedios en Ourense. Para máis información contactar con Tito no 655868557. Horario de
Horario de tarde. Organiza o clube Jansú. Para máis información contactar con Juan C. Quintana no teléfono 982511582. Pavillón polideportivo de Baamonde (Begonte) de
DATA: Sábado, 5 de xuño de 2010.
CIRCULAR 17/2010. TORNEO CIDADE DE OURENSE
Circular 17/2010
TORNEO DE OURENSE
1. COMPETICION
1.1 LUGAR : Pavillón dos Remedios, Ourense.
1.2 DATA : Sábado, 19 de Xuño de 2010.
1.3 HORARIOS : Técnica, a partir das 10:00 horas.
Exhibición, a partir das 17:30 horas.
Combate, a partir das 12:00 horas.
CIRCULAR 18/2010. EXAME DE CINTOS NEGROS
CIRCULAR Nº 18/2010
ASUNTO: EXAME DE CINTO NEGRO 1º, 2º, 3º, 4º, 5º Dan e 1º e 2º PUM.
DESTINATARIOS: TODO-LOS CLUBES FEDERADOS.
1.DATA: Sábado, 10 de Xullo de 2010.
2.LUGAR: Complexo Deportivo de ELVIÑA. Avda. Glasgow.
3. HORARIO: - De
4.INSCRICIÓNS: na FGT ata as 13.00 h. do día 21 de Xuño de 2010, con TODA A DOCUMENTACIÓN e o xustificante bancario de ingreso coa súa correspondente folla oficial de liquidación. AS INSCRICIÓNS QUE CHEGUEN FORA DE PRAZO NON SERÁN ACEPTADAS.
Circular 16/10. CURSO PREPARACIÓN EXAME DE CINTOS NEGROS
CIRCULAR 16/2010
ASUNTO: CURSO DE PREPARACIÓN DO EXAME DE CINTURÓN NEGRO.
DESTINATARIO: DEPORTISTAS QUE ASPIREN Ó CINTO NEGRO E PUM.
LUGAR: Pavillón Polideportivo do Colexio de Mondego – SADA (A Coruña).
DATA: Sábado, 12 de Xuño de 2010.
HORA: De
CIRCULAR 15/2010. FASE AUTONÓMICA - DEPORTE ESCOLAR
Circular 15/2010
DEPORTE ESCOLAR
FASE AUTONÓMICA – CAMPIONATO ESCOLAR DE TÉCNICA E EXHIBICIÓN
DATA: Sábado, 22 de Maio de 2010.
LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal de SADA (A Coruña). Organiza o clube Natural Sport Sada, por delegación da FGT e da Secretaría Xeral para o Deporte.
CATEGORÍAS E IDADES DE PARTICIPACIÓN:
EXHIBICIÓN
CATEGORÍA INFANTIL (Categoría A): Nados en 1998 ata o 2001, coa posibilidade de poder inscribir un máximo de tres deportistas do ano 2002 por clube, non por equipo.
CATEGORÍA CADETE (Categoría B): Nados nos anos 1994-1995-1996-1997-1998-1999-2000-2001.
Estas idades serán as que se terán en conta para o vindeiro campionato galego de técnica exhibición.
TÉCNICA
PREBENXAMIN: 2004-2003 (NON CLASIFICA PARA O NACIONAL – Pte. Autoriz. SXpD no autonómico)
BENXAMÍN: 2002-2001-2000
ALEVÍN: 1999-1998
INFANTIL: 1997-1996
CADETE: 1995-1994
Participan os deportistas clasificados nas fases provinciais. PREGAMOS ÓS ORGANIZADORES DOS DISTINTOS PROVINCIAIS NOS REMITAN OS CLASIFICADOS ANTES DO 18/05/2010.
A Coruña, 7 de Maio de 2010.
CIRCULAR 14/2010. MACRO-EXHIBICIÓN NA PRAIA DE SAMIL
Circular 14/2010.
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIO FEDERADOS NESTE ANO 2010.
ACTIVIDADE: Macro Exhibición aberta a todo-los clubes de Galicia, con motivo da celebración do Campionato do Mundo Universitario en Vigo.
DATA: Sábado, 12 de Xuño de 2010.
LUGAR: Praia de SAMIL (Vigo-Pontevedra). Os deportistas de Vigo deberán desprazarse pola súa conta dada a proximidade. Para os deportistas doutras zonas de Galicia haberá un autobús para a ída e o regreso. Enviaremos máis información en función do número de clubes interesados.
01/2010 PREMIOS AUTONOMICOS TAEKWONDO 2009 (27/02/2010)
Circular número: 01/10
Destinatario: CLUBES FEDERADOS
Asunto: PREMIOS AUTONOMICOS TAEKWONDO 2009
Circular nº 01/2010
CONVOCATORIA DOS PREMIOS AUTONÓMICOS DE TAEKWONDO 2009
A FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO ten o pracer de envia-la convocatoria de PREMIOS AUTONÓMICOS 2009 nas categorías que a continuación se relacionan:
1. Mellor Clube Autonómico 2009
1.1. Mellor Clube 2009 Provincia da Coruña
1.2. Mellor Clube 2009 Provincia de Lugo
1.3. Mellor Clube 2009 Provincia de Ourense
1.4. Mellor Clube 2009 Provincia de Pontevedra
2. Mellor Deportista Masculino 2009
3. Mellor Deportista Feminina 2009
4. Mellor Técnico Deportivo 2009
5. Mellor Árbitro 2009
6. Premio ó “Fair Play” ou á Loita contra a Violencia no Deporte
7. Medio de Comunicación escrita que máis contribuía á difusión do Taekwondo
8. Medio de Comunicación audiovisual que máis contribuía á difusión do Taekwondo
9. Entidade Privada que máis teña colaborado na promoción e difusión do Taekwondo
10. Clube que máis teña contribuído á promoción e difusión do Taekwondo
11. Premio a Deputación Provincial que máis teña colaborado na promoción do Taekwondo
12. Premio ó Concello que máis teña colaborado na promoción do Taekwondo
13. Mencións Honoríficas
14. Recompensas
BASES:
Poderán facer chegar propostas a esta FGT, tendo entrada necesariamente antes das 13.00 horas do día 28 de xaneiro de 2010, tódolos clubes afiliados, técnicos e árbitros colexiados e deportistas federados, ademáis da propia Xunta Directiva da FGT.
IMPORTANTE: As propostas deberán de ser debidamente razoadas enumerando os méritos do candidato/a ó premio, por escrito e asinadas polo propoñente e acreditando coa documentación precisa os premios que solicite (indicando puntuacións segundo os baremos do regulamento de recompensas no caso dos mellares clubes, fotocopias de prensa no caso dos medios de comunicación, grabacións no caso de teles e radios, apoios concretos realizados no caso de concellos ou deputacións, é decir, razoar e documentar facendo referencia dos logros e aportacións do candidato ó Taekwondo Galego).
So se concederán recompensas segundo as candidaturas remitidas por calquera membro do Taekwondo galego, e non de oficio.
O mellor clube 2009 será decidido en función do Regulamento de Recompensas aprobado en Asamblea Xeral de 2005, xa enviado ós clubes e que poden descargar da web da FGT www.taekwondogalego.com no apartado “Regulamentos”.
O/a mellor deportista 2009 escollerase entre os propostos en virtude dos resultados en competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional en función do valor atribuído a cada proba polo Regulamento de Recompensas.
O premio mellor técnico 2009 concederase entre os propostos en virtude do seu historial de 2009 que contemplará: participación en campeonatos, resultados deportivos obtidos polos seus deportistas, participación en actividades federativas, colaboración coa FGT, organización de eventos deportivos, etc
O premio ó mellor árbitro 2009 concederase entre os propostos a aquel/a que durante o ano colaborara en actividades autonómicas, estatais e internacionais, asistira e/ou impartira cursos e seminarios de actualización e colaborara coa FGT no ámbito da labor arbitral.
Os restantes premios concederanse entre os propostos tendo en conta o nivel de colaboración demostrado nas tarefas de difusión e promoción do Taekwondo na nosa Comunidade Autónoma. As propostas serán complementadas con dossieres informativos onde consten as actividades desenvolvidas polos candidatos e, no caso dos medios de comunicación, as fotocopias das publicacións e/ou copias dos programas emitidos no caso das entidades públicas, no dossier deben de recollerse as actuacións realizadas con datas e, de ser posible, orzamentos ou subvencións proporcionadas.
As mencións honoríficas otorgaranse a casos particulares que pola súa peculiaridade ou relevancia non poideran ser contemplados nos supostos anteriores.
A Gala de Entrega de Premios Autonómicos 2009 do Taekwondo Galego está prevista para o vindeiro 27 de febreiro, pero nun comunicado posterior confirmarase o lugar e hora da mesma.
NOTA: Tódo-los datos aportados deben de facer referencia exclusivamente ó ano 2009.
A Coruña, 11 de Xaneiro de 2010
26/2009 CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO 2010
Circular número: 26/09
Destinatario: CLUBES FEDERADOS
Asunto: CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO 2010
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS
ASUNTO: CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO MASCULINO E FEMININO
“XUNTA DE GALICIA” - ANO 2010
1. A COMPETICIÓN
1.1. LUGAR: Polideportivo Municipal de Cedeira. Avda. de España, s/n. CEDEIRA.
1.2. DATA: Sábado, 19 DE DECEMBRO DE 2009.
1.3. HORÁRIO: A partires das 10.00 horas.
2. NORMAS TÉCNICAS
2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2009, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso. As inscricións debidamente cumplimentadas con TODO-LOS DATOS nos impresos adxuntos, e coa documentación esixida, remitiranse á FGT, debendo ter entrada na mesma antes das 13.00 horas do dia 10 de DECEMBRO. As que cheguen con posterioridade ou estén incompletas, non se admitirán.
2.2. GRAO MÍNIMO:
Masculino: cinto marrón.
Feminino: cinto azul.
2.3. DOCUMENTACIÓN:
2.3.1. Autorización paterna de todo-los participantes no novo modelo de certificación oficial remitido ós clubes e aloxado na web da FGT, onde se ceritificarán tamén as condicións psicofísicas dos competidores.
2.3.2. Impreso de inscrición debidamente cumplimentado en todo-los seus extremos (DESCARGAR DA WEB).
2.4. IDADES: So poderán participar os desportistas que teñan un mínimo de 14 anos o día da competición.
2.5. PROTECCIÓNS: Son estritamente obrigatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas (non empeines) e petos e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans.
2.6. OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
2.7. ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
2.8. UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
2.9. PESOS
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
Mini-mosca - 54 kg. - 46 kg.
Mosca 54 - 58 46 - 49
Galo 58 - 63 49 - 53
Pluma 63 - 68 53 - 57
Lixeiro 68 - 74 57 - 62
Super-lixeiro 74 - 80 62 - 67
Medio 80 - 87 67 - 73
Pesado + 87 Kgs. + 73 Kgs.
2.10. TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipos: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos
Prata: 3 puntos
Bronce: 1 punto.
Nota: As medallas que se obteñan sen facer combate si computarán.
3. ORGANIZACIÓN
3.1. ORGANIZA: Club TAEKWONDO CEDEIRA de CEDEIRA, por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
3.2. PESAXE: Venres, 18 de Decembro, provincia de:
A CORUÑA: ás 13.00 hr. no Ximnasio Estudo Garrapucho.Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.
ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport.Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.
LUGO: De 13.00 a 14.00 hr. no Ximnasio Moo Duk Kwan, Porta dá Cume 29 , Vilalba.
OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.
PONTEVEDRA: De 14.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Tao C/ Coruña 13 baixo, Vigo.
De 13.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.
3.3. SORTEO: Realizarao a Directora Rexional de Arbitraxe o día anterior á competición. Aqueles delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo a: Dna. María Bautista Maestre, ó email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
3.4. XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
3.5. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 10.00 horas.
3.6. TODO-LOS CLUBES PARTICIPANTES DEBERÁN NOMINAR UN ÁRBITRO, DO QUE SE INDICARÁN OS DATOS NA FOLLA DE INSCRICIÓN.
4. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
4.1. PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un club afiliado á FGT na temporada 2009.
4.2. ÁRBITROS: A parte dos nominados, os clubes deberán propoñer outro colexiado máis, o cal recibirá unha dieta, en caso de ser seleccionado e segundo a súa categoria, a cargo da FGT. Toda-las propostas deberán ter entrada na Federación antes do 10 de Decembro de 2009.
4.3. TÉCNICOS: Os que actuen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
5. RECLAMACIÓNS:
5.1. COMITÉ DE COMPETICIÓN: Estará formado por:
Presidente: Dna. María Bautista Maestre.
Vocais: D.José Ángel Torres Taboada, D. Francisco J. Bellas Aneiros e un técnico máis que será escollido por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.
5.2. RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondiente e asinadas polo delegado oficial do club.
Ao entregar a reclamación, abonarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), dos que se entregará o correspondiente recibo. No caso de que a reclamación sexa considerada, devovelrase o importe. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Á DIRECTORA DE ARBITRAXE.
5.3. Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao club en todo-los actos do campeonato. Os adestradores, co fin de dar unha boa imaxe do noso desporte, deberán vestir correctamente, a ser posible con chándal, e, en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servicio de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
A Coruña, 23 de Novembro de 2009.
25/2009 COPA DE GALICIA DE TECNICA - TROFEO PESCANOVA
Circular número: 25/09
Destinatario: CLUBES FEDERADOS
Asunto: COPA DE GALICIA DE TECNICA - TROFEO PESCANOVA
Circular nº 25/2009
COPA DE GALICIA DE TÉCNICA - FASE AUTONÓMICA
TROFEO PESCANOVA
DESTINATARIOS: Tódo-los clubes afiliados.
LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal de SADA (A Coruña).
DATA: Sábado, 5 de Decembro de 2009.
HORARIO: A partires das 10.00 horas.
ORGANIZA: Clube Natural Sport de Sada por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
PARTICIPACIÓN:
Poderán acceder á Fase Autonómica os tres primeiros clasificados de cada categoría na Copa Deputación de cada provincia, segundo o Regulamento en vigor. En caso de renuncia expresa a participar deberán de informar para que poida participar o seguinte deportista clasificado.
No caso da provincia de PONTEVEDRA e atendendo á modificación do Regulamento para esta provincia, os clubes deberán inscribir 1 deportista por clube e categoría nesta FGT antes das 13.00 horas do venres 20 de novembro de 2009.
TROFEOS: Medallas para os 1º, 2º e 3º clasificado de cada categoría.
XUICES PUNTUADORES:
Cada clube participante deberá aportar un mínimo de dous xuíces puntuadotes, que comunicará á directora de arbitraxe en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Os árbitros nominados deberán de presentarse no lugar da competición ás 09.00 horas do día 5 de decembro debidamente uniformados.
Para calquera aclaración deberán de contactar co Director Técnico, Don Miguel Meilán Cabaleiro no teléfono 620550900.
A Coruña, a 29 de Outubro de 2009
24/2009 CAMPIONATO GALEGO XUNIOR 2010
Circular número: 24/09
Destinatario: CLUBES FEDERADOS
Asunto: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR 2010
DESTINATARIO: CLUBES E XIMNASIOS FEDERADOS.
ASUNTO: CAMPIONATO GALEGO XUNIOR MASCULINO E FEMININO.
“XUNTA DE GALICIA”- ANO 2010
1. A COMPETICIÓN
1.1. LUGAR: Pavillón Polideportivo Municipal de FONTECARMOA. VILAGARCÍA DE AROUSA (Pontevedra).
1.2. DATA: Sábado, 28 de Novembro de 2009.
1.3. HORARIO: A partires das 10.00 horas.
2. NORMAS TÉCNICAS
2.1. INSCRICIÓNS: Todo-los clubes dados de ALTA na tempada 2009, poderán presentar un equipo masculino e un feminino con un máximo de dous competidores/as por peso.
As inscricións debidamente cumplimentadas con todo-los dados nos impresos adxuntos, e coa documentación esixida, remitiranse á FGT, debendo ter entrada na mesma antes das 13.00 horas do dia 17 de NOVEMBRO. As que cheguen con posterioridade ou estén incompletas, non se admitirán.
2.2. GRAO MÍNIMO:
Masculino: cinto MARRÓN.
Feminino: cinto AZUL.
2.3. DOCUMENTACIÓN:
2.3.1. Autorización paterna de todo-los participantes no novo modelo de certificación oficial remitido ós clubes e aloxado na web da FGT, onde se ceritificarán tamén as condicións psicofísicas dos competidores.
2.3.2. Impreso de inscrición debidamente cumplimentado.
2.4. IDADES: So poderán participar os desportistas nados nos anos 1993, 1994, 1995 e 1996.
2.5. PROTECCIÓNS: Son estritamente obrigatorias, e deberá aportarlas cada desportista: casco regulamentario, coquilla, proteccións de antebrazos e espinillas (non empeines) e petos e protección bucal, guantillas homologadas para protexer os pés e as mans.
2.6. OS COMBATES: Rexeranse polos tempos marcados polo Regulamento de Arbitraxe da WTF, podendo ser modificados pola organización segundo as necesidades da competición.
2.7. ARBITRAXE: Rexerase polo Regulamento actualmente en vigor, da WTF.
2.8. UNIFORMIDADE OBRIGATORIA DOS ÁRBITROS: Pantalón gris (non vaqueiro), camisa branca, gravata azul da FGT, zapatillas brancas e chaqueta azul mariño.
2.9. PESOS :
CATEGORIAS MASCULINA FEMININA
Minimosca - 45 Kg. - 42 Kg.
Mosca 45 - 48 Kg. 42 - 44 Kg.
Galo 48 - 51 Kg. 44 - 46 Kg.
Pluma 51 - 55 Kg. 46 - 49 Kg.
Lixeiro 55 - 59 Kg. 49 - 52 Kg.
Super-Lixeiro 59 - 63 Kg. 52 - 55 Kg.
Semi-Medio 63 - 68 Kg. 55 - 59 Kg.
Medio 68 - 73 Kg. 59 - 63 Kg.
Semi-Pesado 73 - 78 Kg. 63 - 68 Kg.
Pesado + 78 Kg. + 68 Kg.
2.10. TROFEOS:
Individuais: Medallas para os tres primeiros clasificados.
Equipas: Trofeo aos tres primeiros clasificados, segundo o seguinte baremo:
Ouro: 7 puntos.
Prata: 3 puntos.
Bronce: 1 punto.
NOTA: As medallas que se obteñan sen facer combate SÍ computarán. (Acordo da Asamblea Xeral do 03/03/01).
3. ORGANIZACIÓN
3.1. ORGANIZA o Clube OLIMPIC DE VILAGARCÍA por delegación da Federación Galega de Taekwondo.
3.2. PESAXE: Venres día 27, provincia de:
A CORUÑA: ás 13.00 hr. no Ximnasio Garrapucho. Paseo de Ronda, 56 - A Coruña.
ás 13.00 hr. no Ximnasio Natural Sport. Avda.De Ferrol, 27 – Riveira.
LUGO: De 13.00 a 14.00 hr. no Ximnasio Moo Duk Kwan, Porta de Cima 29 , Vilalba.
OURENSE: de 13 a 15 horas no Ximnasio Couto, Juan de Anges, 4 – Ourense.
PONTEVEDRA: De 14.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Tao C/ Coruña 13 baixo, Vigo.
De 13.00 a 15.00 hr. no Ximnasio Mat´s, C/ Inferniño, 10 – Marín.
3.3. SORTEO: Realizarao a Directora de Arbitraxe o dia anterior á competición. Aquiees delegados que queiran estar presentes deberán comunicarllo á directora: Dona María Bautista Maestre. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
3.4. XUNTANZA DE DELEGADOS E ÁRBITROS: Celebrarase unha hora antes do inicio da competición no pavillón – lémbrase a todo-los árbitros a obriga de asistir a esta reunión arbitral e parte do pago percibido corresponde á mesma.
3.5. COMEZO DA COMPETICIÓN: ás 10.00 horas.
4. CONDICIÓNS ECONÓMICAS
4.1. PERTENZA A CLUBE FEDERADO: os desportistas, técnicos e árbitros deberán pertencer a un clube afiliado á FGT na tempada 2009.
4.2. ÁRBITROS: A parte dos nominados, os clubes deberán nomear outro colexiado máis, inscribíndoo na folla de inscrición de desportistas e comunicándoo á Directora de Arbitraxe, o cal recibirá a gratificación correspondente en caso de ser selecionado e segundo a súa categoria, a cargo da FGT. Toda-las propostas deberán ter entrada na FGT antes do dia 27 de Outubro de 2009.TÉCNICOS: Os que actúen como coach deberán estar inscritos no impreso oficial e colexiados.
5. RECLAMACIÓNS
5.1. COMITÉ DE COMPETICIÓN: Estará formado por:
Presidente: Dna. María Bautista Maestre.
Vocais: D. Miguel Ángel Cuevas Feijoo, D. Miguel Ángel Torres Taboada e un técnico máis que será escollido por sorteo o dia da competición ademáis do árbitro de mesa do tapiz no que se produza a reclamación.
5.2. RECLAMACIÓNS: Poderán ser polas causas que figuran no Regulamento de Arbitraxe da WTF, actualmente en vigor. Deberán facerse sempre por escrito, no impreso correspondente e asinadas polo delegado oficial do clube. O IMPRESO DE RECLAMACIÓN PODE SOLICITARSE Á DIRECTORA DE ARBITRAXE.
5.3. Ó entregar a reclamación, pagarase unha cuota de trinta euros (30 Euros), da que se entregará o correspondiente recibo. En caso de que a reclamación sexa considerada, devolverase o importe.
5.4. Os delegados oficiais, que figurarán no impreso de inscrición, serán os únicos que poderán representar ao clube en todo-los actos do campionato. Os adestradores co fin de dar unha boa imaxe do noso deporte, deberán de vestir correctamente, a ser posible con chándal, e en todo caso, con calzado desportivo, para evitar problemas co servizo de mantemento dos pavillóns.
A FGT non se fai responsable dos problemas orixinados polo incumprimento das normas que figuran nesta circular ou da lexislación vixente.
A Coruña, 27 de Setembro de 2009.