
Comunicación Fegatae
Esta semana, concentración dunha selección mexicana júnior e o grupo do CGTD
Unha selección mexicana júnior desprazouse a Galicia esta semana para adestrar cos rapaces e rapazas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, e mellorar así xuntos o nivel de competitividade.
Esta selección, que procede de Nuevo León (México), chegou a Pontevedra o luns 14 e marchará o domingo 20, despois de seis días de traballo e convivencia cos deportistas e técnicos galegos do CGTD. Tanto o adestrador do CGTD, Jesús Benito, coma o técnico mexicano, Ismael Gómez, consideran que “este campamento permitirá a ambos grupos ter unha óptima preparación con miras aos próximos compromisos competitivos”.
A continuación tedes o listado dos deportistas mexicanos que están a adestrar estes días en Pontevedra.
|
Nome |
División |
|
1 |
Vanessa García Quezada |
-42 kgs |
Ouro en olimpiada nacional 2017 |
2 |
Alicia Rodríguez Fuentes |
-44 kgs |
Ouro en selectivo nacional 2017, clasificada para Xogos Olímpicos da Xuventude |
3 |
Sofía Lazos de Pietro |
-52 kgs |
Ouro en selectivo nacional 2017, seleccionada para o Mundial Xuvenil 2018 |
4 |
Ángel Martínez Gómez |
-51 kgs. |
Ouro en selectivo nacional 2017, seleccionado para o Mundial Xuvenil 2018 |
5 |
Diego Ibarra Ochoa |
-59 kgs. |
Ouro en selectivo nacional 2017 |
6 |
Cesar André Coronado Retiz |
-63 kgs. |
Ouro en selectivo nacional 2017 |
7 |
Luis Adrián Garza Garza |
-68 kgs |
Bronce en abierto de México 2018 |
8 |
Melvin Patricio Saldaña González |
-73 kgs |
Ouro en olimpiada nacional 2016 e 2017 |
CTO. DO MUNDO PRAIA -GRECIA- 2018-05-25
CTO. DO MUNDO PRAIA -GRECIA- 2018-05-24
CTO. DO MUNDO PRAIA -GRECIA- 2018-05-23
Pablo Fernández Eiras caeu contra o ruso Kuznetcov no Europeo sénior
Pablo Fernández Eiras (+87 quilogramos, Mat's) non tivo moita sorte no sorteo do Campionato de Europa Sénior de Kazán. Ao galego tocoulle en "sorte" no primeiro cruce do seu peso un dos favoritos para as medallas, o ruso Oleg Kuznetcov, e ao que se enfrontara hai un par de semanas na Copa Presidente de Grecia.
Hoxe Pablo deu a cara dende o inicio. O combate estivo moi axustado nos dous primeiros asaltos e no terceiro, Kuznetcov logrou poñerse por diante no marcador. Isto obrigou a Eiras a atacar e deixar aberta a posibilidade de contras para o ruso, de enorme envergadura, que non as desaprovechou, para aumentar así as distancias.
Desta forma rematou a aventura de Pablo Fernández Eiras no Europeo Sénior de Kazán. Pola súa banda, Kuznetcov acadou a medalla de bronce.
Resultados Fase Pontevedra Taekwondo Escolar - Combate e Exhibición
O sábado celebrouse en Redondela a fase provincial de Pontevedra do Taekwondo Escolar nas modalidades de combate e exhibición, coa participación de case 400 taekwondistas.
No documento adxunto tedes os resultado.
Esta fin de semana celebraranse as fases provinciais do Taekwondo Escolar nas modalidade de combate e exhibición con 700 deportistas
Esta fin de semana (12 e 13 de maio) celebraranse as fases provincias do taekwondo escolar nas modalidades de combate e exhibición, nas que participarán uns 700 deportistas. En xogo está a clasificación para o Galego, que se disputará o día 19 de maio en Outes.
A fase provincial que reúne a máis deportistas é a de Pontevedra que se celebrará o sábado 12 de maio no Pavillón As Marismas de Redondela e contará con 145 taekwondistas en combate e 27 equipos en exhibición (cada equipo esta formado por nove ou dez deportistas). En total 388 rapaces e rapaces competindo no tapiz. Pola mañá terá lugar a modalidade de exhibición, cun altísimo nivel, xa que os mellores equipos de España están concentrados na provincia de Pontevedra.
Pola tarde (15:30 horas) terá lugar a competición de combate nas categorías alevín (nados nos anos 2006 e 2007) e infantil (nados nos anos 2004 e 2005). Non poderán participar nesta competición os medallistas ouro e prata nos Campionatos Galegos Cadetes ou membros da selección galega. Esta fase está a ser organizada polo Kiap en colaboración co servizo provincial de Deportes.
O domingo terá lugar a fase provincial de Ourense, que se celebrará no Pavillón dos Remedios de Ourense, organizado polo club Couto. Aquí a participación será moi inferior con 5 deportistas en combate e 6 equipos en exhibición.
O domingo 13 de maio tamén se disputará no Pavillón Municipal de Arteixo a fase provincial da Coruña, organizada polo Dobok, tamén cunha importante participación (136 deportistas en combate e 12 equipos en exhibición). O club organizador é o Boud Sport. En Lugo todos os inscritos están clasificados para o Autonómico e non se realizará a fase provincial.
Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que delega. A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final, que terá lugar o día 19 de maio en Outes.
Pablo Fernández Eiras e María Bautista, no Europeo de Kazán
Pablo Fernández Eiras (+87 quilómetros, Mat´s) disputará este domingo 13 de maio o Campionato de Europa, que se está a disputar estes días en Kazán (Rusia). Ademais, tamén contamos coa presenza de María Bautista, que exercerá como xuíza durante todo o torneo.
Pablo non competiu moito esta tempada, pero nestes intres se atopa ben: “Competín na Copa Presidente de Grecia hai unha semanas e a verdade é que tiven boas sensacións. Creo que chego nun nivel de forma bastante bo“, explicou. No Europeo pensa en “ir combate a combate, ir pasando rondas e tratar de chegar a medalla. O obxectivo é estar sempre arriba”.
Este ano Fernández Eiras acadou a medalla de prata no Campionato de España e caeu en segunda rolda da Copa Presidente contra Oleg Kuznetcov (Rusia), quen ao final logrou a vitoria neste peso. No seu peso, formado por 16 deportistas, os principais rivais son os representantes de Rusia (son tres e un deles é Kuznetcov) e Azerbaián, aínda que nun torneo sempre pode saltar unha sorpresa.
Miguel Barreiro, seleccionado para formar parte do equipo de Exhibición da Federación Mundial
Resultados Open de Zamora 2018
Galicia proclamouse vencedora na clasificación xeral por equipos do Open Profesional de Zamora.
A Federación desprazou ata Zamora unha destacada selección, que brillou con luz propia neste torneo, logrando o título por equipos e liderando en case todas as categorías nas que competía.
No documento adxunto tedes as clasificacións individuais.