Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

O galego Xián Silva (-80, Mace Sport) acadou a medalla de bronce no Campionato de Europa sub 21 que se está a disputar en Romanía. O galego estivo moi preto da final, xa que a semifinal decidiuse por só un punto no último segundo.

 

Xián librou a primeira rolda por ser cabeza de serie (o pasado ano lograra a medalla de prata) e así o seu primeiro rival foi o turco Orkun Atesli, un taekwondista alto e grande. Xián tentou evitar un combate físico, porque chegaba a este torneo despois dun mes parado por culpa dunha lesión no xeonllo. Así, as cousas saíron moi ben para o pontevedrés que logrou puntuar moito e desquiciar ao seu rival. Triunfo por 15-10.

 

Nos cuartos de final, Silva enfrontouse ao grego Apostolos Telikostoglov e aquí non houbo máis ca un protagonista. Así explicou o combate o propio protagonista: “Era máis alto ca min e,  como puiden velo antes, plantexei o combate para anular a súa perna cos meus xiros e a miña perna dereita. Logrei gañar por diferenza aínda que con dores no xeonllo”. Vitoria galega por un contundente 13-1.

 

Na semifinal esperaba o búlgaro Yordan Kolev. Foi un combate moi físico e disputado ata o último segundo. Comezou gañando o búlgaro que logrou poñerse cunha vantaxe de 8-5, pero o noso deportista foi quen de remontar cunha acción de tres puntos e acadou o empate (8-8). A falta de 5 segundos para o final do terceiro asalto puntuaron os dous nun intercambio de golpes, pero de repente subiu ao marcador un punto a favor do búlgaro no último instante, case sen saber por onde chegou. 9-10 para o búlgaro e medalla de bronce para Xián Silva.

 

O pontevedrés xa conta cun destacado curriculum internacional a pesar da súa idade: Prata no Europeo júnior 2013 e presea do mesmo metal no Europeo sub 21 2014 e agora, bronce en 2015.

 

Mañá será o momento de Pablo Fernández (-87 quilogramos, Mat´s). O deportista galego libra no primeiro combate e terá que espera para saber quen é o seu rival. Será o gañador do duelo entre Mehmet Korucu (Turquía) e Wiktor Komorowski (Polonia).

 

O Europeo sub 21, que celebra a súa sexta edición, comezou a súa historia en Vigo no ano 2009. Este torneo foi unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Taekwondo a través da Española, xa que se consideraba moi importante a existencia dun paso previa entre os júnior e os sénior. O Europeo de Romanía reunirá a 290 deportistas de toda Europa nacidos entre os anos 1995 e 1999.

Xián Silva (-80, Mace Sport) e Pablo Fernández Eiras (-87, Mat´s) disputarán esta fin de semana o Campionato de Europa sub 21, que se está a disputar en Romanía coa participación de case 300 deportistas.

 

Os galegos viaxaron o martes en dirección a Bucarest xunto ao resto do equipo español. O primeiro en competir será o pontevedrés Xián Silva (-80 quilogramos, Mace Sport) o día 21 de novembro. O pontevedrés xa conta cun importante curriculum a pesar da súa idade: Prata no Europeo júnior 2013 e presea do mesmo metal no Europeo sub 21 2014. O deportista estivo preparándose nos últimos meses para este campionato, pero unha lesión obrigoulle a parar as últimas semanas. Pese a todo, competirá en Romanía, nunha cita que lle fai moita ilusión.

 

Ao día seguinte (22 de novembro) sairá ao tapiz Pablo Fernández (-87 quilogramos, Mat´s). O deportista debutou o pasado ano nunha proba internacional, precisamente tamén no Europeo desta categoría. No 2014 caeu na primeira rolda, pero agora con máis experiencia espera facer un bo campionato.

 

O Europeo sub 21, que celebra a súa sexta edición, comezou a súa historia en Vigo no ano 2009. Este torneo foi unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Taekwondo a través da Española, xa que se consideraba moi importante a existencia dun paso previa entre os júnior e os sénior. O Europeo de Romanía reunirá a 290 deportistas de toda Europa nacidos entre os anos 1995 e 1999.

As e os deportistas galegos desprazados a París para a disputa do Open de París atópanse en perfectas condicións e en contacto coa embaixada española para organizala viaxe de volta a casa.

Dende a Federación Galega de Taekwondo queremos transmitir a nosa solidaridade e apoio ao pobo francés, abatido polos atentados terroristas sufridos o venres na capital francesa e nos que morreron máis de 120 persoas.

Galicia logrou o triunfo no Circuíto Profesional de Taekwondo, que finalizou hoxe en Marín coa disputa da terceira proba. Os equipos galegos foron os mellores en todas as categorías (cadete, júnior e sénior) na proba de Marín e confirmaron así o primeiro posto na clasificación xeral por equipos do Circuíto. Na proba de Marín, organizada polo Mat´s, as e os deportistas galegos acadaron un total de 44 medallas (23 ouros, 16 pratas e 5 bronces).

 

Cadete. A selección galega proclamouse campioa na clasificación xeral do Open Profesional de Marín, tanto na categoría masculina coma feminina, e ademais campioa do Circuíto (trala suma dos resultados das tres probas).

 

Na categoría feminina, a selección galega sumou un total de  nove medallas (5 ouros, 3 pratas e un bronce) Os ouros foron para María Ping (-37), Noah Pena (-44), María González (-47), Aitana Santome (-55) e  Alba Vidal (-59): Ademais, Nerea Piedras (-33) , Alba Muñiz (-44) e Ana Dosil (-55) foron prata e Tania María Castiñeira logrou a medalla de bronce .

 

Na masculina, A Federación Galega acadou 5 ouros e 4 pratas. A primeira posición foi para David Rodríguez (-41), Diego Martínez (-45), Rodrigo Varela (-57), Unai Silva (-61) e Daniel Corrales (+65), mentres que lograron a medalla de prata Isaac Blanco (-37), Sergio Gonzalo (-53), Sergio Iglesias (-61) e  Brais Guardado (-65).

 

Categoría júnior. Os júnior seguiron o guión marcado polos cadetes pola mañá e lograron o primeiro posto tanto na categoría masculina coma feminina do Open de Marín, ademais de conseguir o título no Circuíto Profesional de Taekwondo. En total sumaron 12 medallas (sete ouros, catro pratas e un bronce).

 

Os ouros foron para Gemma Paz (-49), Jessica Blanco (-55), Antía Pérez (+68) , Alberto Verea (-51), Iván Vagner (-59), Gabriel García (-68) e Anxo Fernández (+78). Tamén lograron catro medallas de prata Pilar Rodríguez (-63),  Abel Seoane (-63), Adrián Pombo (-73) e Alex Acuña (-78) e por último sinalar o bronce de Miryam García (-63).

 

Categoría sénior. Triunfo absoluto tamén para Galicia na categoría sénior, tanto na clasificación da proba de Marín coma na do Circuíto.  As e os galegos acadaron 6 ouros, 5 pratas e 3 bronces. Os ouros foron para Sara Cortegoso (-49), Sheila Fernández (-57), Ainara Brión (-67), Sabela López (+67), Ángel Parada (-80) e José Real (+80). Ruth Tilve (-49), Sofía Pérez (-67), Sergio Álvarez (-58), Fran Padín (-68) e Iván García (-80) lograron o segundo posto e a medalla de prata, mentres que os bronces foron para Andrés Álvarez (-58), David Ansede (-68) e Rubén Simón (-68).

 

Este circuíto profesional celebra a súa primeira edición no presente ano e ten como obxectivo facer un gran espectáculo, baixo as normas actuais da Federación Mundial de Taekwondo, con petos electrónicos, vídeo-replay e árbitros internacionais. Como grandes novidades, as pistas octogonais, e o espectáculo de luces e son da sesión de tarde/noite, cando se disputaron as semifinais e finais.

 

O circuíto, organizado pola UPT (Universal Professional Taekwondo) e as federacións autonómicas de Castela e León, Valencia e Galicia, estivo formado por tres probas: Zamora (xuño); Torrevieja (outubro) e Marín (novembro).

 

 

*Son resultados provisionais

 

 

Ingrid Gómez e Manuel Rodríguez, do ximnasio TAO, recibirán o Premio Excelencia Deportiva 2015 outorgado pola Universidade de Vigo. Este galardón premia a perfecta conciliación das súas carreiras académicas e deportivas.
 
Os deportistas recibirán o premio no decurso da 24ª Gala do Deporte Universitario no Centro Afundación de Vigo, que se celebrará o xoves 19 de novembro.
 
Ingrid e Manuel collen o relevo de Lara Ouviña ou Ángel Parada o ano pasado, Laura Lorenzo, Francisco Padín ou Katia Calvar en anteriores edicións.
 
Noraboa!
Jueves, 12 Noviembre 2015 00:00

Galicia irrumpe con forza no Open de París

Oito taekwondistas galegos (representando aos seus clubs ou convocados pola Real Federación Española de Taekwondo) participarán esta fin de semana na 11ª edición do Open de París, que reunirá a case 600 deportistas das categorías sénior e cadete.

 

Este torneo, da categoría G-1, contará coa participación de importantes deportistas polo que será unha boa proba para as e os nosos deportistas. Os convocados pola Federación Española tentarán sumar puntos para poder continuar competindo en probas importantes, que son as que dan puntos para o ránking mundial, coma esta.

 

A competición sénior celebrarase o sábado 14, mentres que o domingo será o momento dos júnior.

 

OPEN DE PARÍS

GARCIA SUAREZ, SARA

CLUB

DOBOK

CALVAR MARTINEZ, KATIA

RFET

MAT'S

PIÑEIRO DEVESA, LUA MARIA

RFET

NATURAL SPORT RIBEIRA

RIOS CORTEGOSO, BORJA

RFET

HEBE

GONZALEZ GARCIA, JAVIER

RFET

MACE SPORT

ARGIBAY MONTERO, NICOLAS

CLUB

TAEKANART

OTERO OTERO, DANIEL

CLUB

TAEKANART

RODRIGUEZ PINTOS, YERAI

CLUB

TAEKANART

 

 

Marín acollerá o sábado 14 de novembro a final do Circuíto Profesional de Taekwondo, no que Galicia buscará o título. A selección galega, que está formada por case 50 deportistas, lidera a Liga nas categorías cadete (masculina e feminina), júnior (masculina e feminina) e sénior (masculina).

 

Este circuíto profesional celebra a súa primeira edición no presente ano e ten como obxectivo facer un gran espectáculo, iso si baixo as normas actuais da Federación Mundial de Taekwondo, con petos electrónicos, vídeo-replay e árbitros nacionais e internacionais. Esta terceira xornada da Liga terá lugar no Pavillón Deportivo da Raña, sendo as preliminares pola mañá e as semifinais e finais pola tarde. Como grandes novidades, as pistas octogonais, e o espectáculo de luces e son previsto na sesión de tarde/noite, cando se disputarán as semifinais e finais.

 

O circuíto, organizado pola UPT (Universal Professional Taekwondo) e as federacións autonómicas de Castela e León, Valencia e Galicia, está formado por tres probas: Zamora (xuño); Torrevieja (outubro) e Marín, onde ten lugar a gran final.

 

Galicia lidera. Trala disputa das dúas primeiras xornadas, Galicia lidera a clasificación nas categorías cadete (masculina e feminina), júnior (masculina e feminina) e sénior (masculina).

 

Galicia logrou un triunfo incontestable no Open Profesional de Taekwondo de Zamora, que se celebrou o sábado 14 de xuño. Os equipos cadete, júnior e sénior acadaron a primeira posición na clasificación xeral por equipos. Na segunda xornada, en Torrevieja, a selección galega de taekwondo logrou o primeiro posto por equipos. A Federación Galega foi a mellor nas categorías cadete e júnior, tanto masculina coma feminina.

 

No seguinte enlace, tedes a convocatoria galega para Marín:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1637-seleccion-galega-para-professional-tkd-open-3-3-marin

 

Ainara Brión (-62, Natural Sport Ribeira) e Katya Calvar (-67, Mat´s) quedaron onte a só un paso das medallas no Open de Croacia (G1), ao caer nos cuartos de final.
 
Ambas deportistas fixeron un gran traballo disputando tres combates e quedaron moi preto de subirse ao podio.
 
Menos sorte para o resto dos participantes no día de onte. Borja Ríos (-63, Hebe) superou o primeiro combate e caeu no segundo contra un rival de gran calidade, Ashad (Bélgica), campión do mundo.
 
O resto dos galegos da categoría perderon no primeiro combate. O Open de Croacia continuará hoxe coa disputa das competicións júnior e cadete.

Galicia estará presente esta fin de semana (7 e 8 de novembro) no Open de Croacia (G-1). A Federación Galega de Taekwondo despraza a un equipo formado por 13 deportistas e a Real Federación Española de Taekwondo tamén fixo unha convocatoria na que están incluídos Katia Calvar (-67) e Javier González (-63). Tamén estaba convocado Xián Silva (-74), pero non viaxa por lesión. Ademais, o Natural Sport Ribeira tamén acode a este torneo con varios deportistas.

O Open de Croacia conta cunha inscrición de 1.400 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior. A selección galega está formada oito deportistas da categoría cadete, cinco séniors e tres técnicos. A competición sénior celebrarase o día 7, mentres que os cadetes competirán o domingo 8.

 

CONVOCATORIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO PARA OPEN DE CROACIA

ARGIBAY MONTERO, NICOLÁS

JUNIOR

-59

TAEKANART

 

FERNÁNDEZ DE LA IGLESIA, ANXO

JUNIOR

(+)78

ARTE E MOVEMENTO

 

GARCIÍA ÁLVAREZ, GABRIEL

JUNIOR

-68

SEUNGSPORT

 

GARCÍA VIDAL, MIRYAM

JUNIOR

-62

PATIÑO-MOAÑA

 

SEOANE SANTAMARÍA, ABEL

JUNIOR

-63

NATURAL SPORT RIBEIRA

 

CORTEGOSO LIMA, SARA

JUNIOR

-46

MACE SPORT

 

POMBO ROMERO, ADRIÁN

JUNIOR

-73

NATURAL SPORT RIBEIRA

 

TROITIÑO AMOEDO, RUBÉN

JÚNIOR

-73

MAT´S

 

CORTEGOSO ESTONLLO, MIGUEL ÁNGEL

TECNICO

 

MACE SPORT

 

CUEVAS FEIJOO, MIGUEL ÁNGEL

TECNICO

 

OLIMPIC

 

MARTÍNEZ QUEIRUGA, JUAN LUIS

TECNICO

 

NATURAL SPORT RIBEIRA

 

FERNÁNDEZ EIRAS, PABLO

ABSOLUTO

-80

MAT'S

 

FERNÁNDEZ REY, JOSÉ

ABSOLUTO

-74

NATURAL SPORT RIBEIRA

 

PADIÍN OLIVEIRA, FRANCISCO

ABSOLUTO

-68

OLIMPIC

 

PARADA ENRÍQUEZ, BEATRIZ

ABSOLUTO

-49

NATURAL SPORT RIBEIRA

 

RÍOS CORTEGOSO, BORJA

ABSOLUTO

-63

HEBE

 

 

O sábado 7 de novembro (a partir das 10:00) o Pavillón Municipal de Vilalba acollerá a Copa Xunta de Galicia de técnica, na que participarán máis de 550 deportistas e 43 árbitros.

 

A Copa Xunta de Galicia é un torneo de técnica (infantil e adultos) que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte. Neste torneo participan aqueles deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais que se celebraron o os días 24 e 25 de outubro coa participación de 1.300 rapaces e rapazas (1/3 dos participantes das diferentes fases). Nesta proba están inscritos 402 deportistas da categoría infantil e 156 adultos e haberá medallas para os primeiros clasificados.

Página 46 de 55