Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Os nosos deportistas seguen a darnos boas novas. A última chegou dende Muju (Corea) onde Aitana Santomé (-55) acadou a medalla de bronce na segunda edición do  Mundial cadete de combate despois de facer un campionato espectacular.

 

A deportista do Patiño librou o primeiro combate, para enfrontarse en segunda rolda á representante de Australia, á que superou con facilidade (cunha diferenza de 12 puntos). En cuartos de final eliminou á deportista da República Checa Petra Stolbova (tamén por 12 puntos) e caeu nas semifinais no punto de ouro contra a taekwondista de Irán Zohreh Hasan Nataj. Aitana foi gañando durante o combate pero remataron empatadas a 8 e todo tivo que decidirse no punto de ouro, onde a iraní logrou o punto decisivo. A representante de Irán proclamouse campioa do mundo.

 

Mañá, Unai e Tania. Mañá 26 de agosto será o momento de ver en acción a Unai Silva (-57 quilogramos) e Tania Castiñeira (+59) no Campionato do Mundo Cadete de Combate.

 

Os galegos están a realizar unha tempada excepcional: Unai Silva (Mace) logrou o título de campión de España en -57 quilogramos, mentres que Aitana Santomé (Patiño) é a actual campioa de -55 quilogramos e Tania Castiñeira (Hebe) ten o título de campioa de España no peso pesado. Ademais, tamén participaron no Europeo da categoría: Unai e Tania regresaron a casa con sendas medallas de bronce, mentres que Aitana caeu no segundo combate na morte súbita fronte á serbia que ao final se proclamou campioa de Europa da súa categoría.

 

Tres deportistas galegos (Unai Silva, Aitana Santomé e Tania Castiñeira) participarán na segunda edición do Campionato do Mundo Cadete de Combate, que se celebrará en Muju (Corea) entre os días 23 e 26 de agosto.

 

Os galegos viaxaron onte en dirección a Madrid para sumarse ao resto da expedición española e hoxe chegarán a Corea. A primeira en competir será Aitana Santomé (-55) que terá que saltar ao tapiz o martes 25, mentres que Unai Silva (-57) e Tania Castiñeira (+59) sairán o mércores 26.

 

Estes tres deportistas participaron no Europeo da categoría e con magníficos resultados. Unai e Tania regresaron a casa con sendas medallas de bronce, mentres que Aitana caeu no segundo combate na morte súbita fronte á serbia que ao final se proclamou campioa de Europa da súa categoría.

 

Os galegos están a realizar unha tempada excepcional: Unai Silva (Mace) logrou o título de campión de España en -57 quilogramos, mentres que Aitana Santomé (Patiño) é a actual campioa de -55 quilogramos e Tania Castiñeira (Hebe) ten o título de campioa de España no peso pesado.

 

Un ano máis o Club Escola de Taekwondo Maniotas de Noia estará presente no programa das festas patronais de San Bartolomeu de Noia realizando a xa clásica e esperada exhibición.
O clube movilizará a 70 deportistas de tódalas idades que realizarán un total 9 exercicios.
As exhibicións, que serán este vindeiro sábado 22, darán comenzó ás 12:30 do mediodía na Alameda de Noia.
O clube Maniotas fai un pequeno alto nos seus adestramentos de pretemporada para participar, como vai sendo xa tradición, nas festas patronais a portando o seu grao de area nestes días de lecer.

O equipo nacional de Seúl participará na celebración do Día de Galicia cunha gran exhibición na Praza do Obradoiro (día 25 de xullo, ás 18:00 horas). Será unha oportunidade única para gozar do noso deporte contemplando a un dos mellores equipos do mundo nun entorno incomparable. Ademais, os técnicos de Corea ofrecerán un curso de técnica e exhibición o domingo 26 en Bergondo (A Coruña).

 

A actividade do equipo de Seúl por Galicia comezará o día 25 cunha gran exhibición na Praza do Obradoiro, coma un dos actos organizados para conmemorar o Día do Apóstolo. Será unha actuación aberta ao público que poderá gozar coas acrobacias case imposibles que realizarán sobre o tapiz. Hai que recordar que o club de Seul foi campión do mundo de taekwondo hanmadang (poomsae, exhibición e  taekwondo aerobic) e participa habitualmente en exhibicións por todo o mundo.

 

O domingo 26 de xullo os técnicos de Seúl impartirán no Polideportivo de Guisamo (Bergondo) o Curso de Técnica e Exhibición, no que están inscritas case cen  persoas. O curso de técnica celebrarase pola mañá (de 11.00 a 13.00 horas) e o de exhibición a partir das 15.00 horas. Ademais o equipo coreano realizará unha exhibición a partir das 17.30 horas a porta pechada (custe de asistencia á exhibición, 5 euros).

 

Tres deportistas galegos (Unai Silva, Aitana Santomé e Tania Castiñeira) participarán no  Campionato do Mundo Cadete de Combate, que se celebrará en Muju (Corea) entre os días 23 e 26 de agosto.

 

Estes tres deportistas participaron hai unhas semanas no Europeo da categoría e con magníficos resultados. Unai e Tania regresaron a casa con sendas medallas de bronce, mentres que Aitana caeu no segundo combate na morte súbita fronte á serbia que ao final se proclamou campioa de Europa da súa categoría.

 

Os galegos están a realizar unha tempada excepcional: Unai Silva (Mace) logrou o título de campión de España en -57 quilogramos, mentres que Aitana Santomé (Patiño) é a actual campioa de -55 quilogramos e Tania Castiñeira (Hebe) ten o título de campioa de España no peso pesado.

 

 

 

O luns 13 de xullo deu comezo a sétima edición do Campamento de Verán Soño Olímpico coa participación de 200 deportistas de 20 países. O campamento desenvolverase entre os días 13 e 19 de xuño  coa colaboración da Federación Galega de Taekwondo, e os participantes terán a posibilidade de adestrar con grandes figuras do taekwondo mundial.


A inauguración correu a cargo de Juan Luis Martinez (organización), Joaquín Peixoto (adestrador de alto nivel), Mercé Barrientos (representanteda FGT) e Gabriel Mercedes (deportista de Alto Rendemento). Así mesmo comezou o curso de adestradores a cargo de Salvador Alén (estimulacion temperá), Juan Luis Martínez (sistemas de adestramento e preparación física específica) e Chavi Sánchez (coaching deportivo aplicado ao TKD).

Magnífica actuación dos nosos deportistas no Campionato de Europa de Combate Cadete que se disputou estes días en Estrasburgo. Hoxe Tania Castiñeira acadou o segundo bronce galego, mentres que Aitana Santomé fixo unha moi boa competición, a pesar de non lograr unha presea.

 

 Tania Castiñeira (+59, Hebe) librou a primeira rolda, para enfrontarse na segunda cunha durísima rival, a francesa Della Sassi, que o pasado ano lograra o subcampionato do mundo da categoría cadete en Azerbaián. Aínda así, a galega fixo un combate excepcional e superou á francesa por un claro 6-3 que lle garantía a medalla de bronce. Nas semifinais, Castiñeira caeu contra a deportista de Bosnia Adna Boric (12-5) e quedou fóra da final.

 

Pola súa banda, Aitana Santomé (-55, Patiño) superou no primeiro combate á turca Aydin Kubra por un rotundo (0-4). Na segunda rolda  esperaba a taekwondista serbia Nadica Bozanic e ambas ofreceron un combate moi rifado e duro que tivo que decidirse na morte súbita e  foi a favor da serbia. Bozanic logrou ao final o título de campioa de Europa Cadete en -55 quilogramos.

 

Unai Silva, bronce o sábado. Aos resultados de hoxe, hai que sumarlle o bronce acadado por Unai Silva (Mace Sport) o sábado en -57 quilogramos.

Sábado, 04 Julio 2015 00:00

Unai Silva, bronce no Europeo Cadete

 Unai Silva (-57, Mace Sport) acadou hoxe a medalla de bronce no Campionato de Europa Cadete de Combate, que se está a celebrar en Estrasburgo (Francia) estes días con 352 deportistas inscritos. Mañá será a quenda de Tania Castiñeira e Aitana Santomé.

O deportista pontevedrés comezou a competición contra o representante de Francia, Alex Toullan, ao que superou con certa comodidade cun resultado final de 10-4. Nos cuartos de final tivo un duro combate fronte a Alin Dumitru Onita (Romanía), ao que gañou no punto de ouro, e así garantiu a medalla de bronce. Nas semifinais caeu contra o húngaro Bela Berei, quen finalmente logrou o título de campión de Europa no seu peso, no que participaron un total de 18 deportistas.

Mañá, Tania e Aitana. Mañá chegará o momento das deportistas galegas. Aitana Santomé (-55) terá unha durísima rival no seu arranque de competición. A galega enfrontarase á turca Aydin Kubra, mentres que Tania Castiñeira (+59) iniciará o Europeo contra a gañadora do combate entre Luz Zurdo (Andorra) e a francesa Della Sassi.

 

 

Tres deportistas galegos (Unai Silva, Aitana Santomé e Tania Castiñeira) participarán esta fin de semana no  Campionato de Europa Cadete de Combate, que se celebrará en Estrasburgo (Francia) entre os días 2 e 5 de xullo.

 

Os nosos taekwondistas xa se atopan en Estrasburgo, onde competirán sábado (Aitana e Unai) e domingo (Tania). Estes tres deportistas acadaron a súa clasificación para o Europeo ao proclamarse campións de España nos seus respectivos pesos. Unai Silva (Mace) logrou o título en -57 quilogramos, mentres que Aitana Santomé (Patiño) é a actual campioa de España de -55 quilogramos e Tania Castiñeira (Hebe) ten o título de campioa de España no peso pesado.

 

No campionato de Europa da categoría cadete están inscritos un total de 352 deportistas. Os deportistas galegos estiveron preparándose estes meses para participar no Europeo nas mellores condicións posibles.

 

 

Espectaculares os resultados acadados polos deportistas da Federación Galega de Taekwondo no Europeo de Técnica e Freestyle, que se celebrou nestes días en Belgrado. Onte rematou o torneo con tres medallas máis para Galicia: Unha prata e dous bronces.

A prata foi para o quinteto de freestyle, formado por Nerea Alamancos, Samuel Meilán, Ingrid Gómez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez (Tao). O equipo galego fixo un magnífico programa que lle outorgou a medalla de prata.

Pola súa banda, Beatriz Queiró (Tao) logrou a medalla de bronce en Máster 2 de técnica, mentres que Encarna Quintela (Hebe) acadou o bronce en Máster 4.

A participación galega completouse co trío cadete masculino (formado por Manu Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo, do Hebe) que quedou eliminado por Italia, que ao final acadou o título de campioa de Europa.

Noraboa para todas e todos polo traballo e o esforzo!!!

Página 49 de 55