Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

A galega Sara Cortegoso (Mace Sport) logrou o venres 13 de marzo a medalla de prata no Open de Holanda (categoría júnior). A Federación Galega de Taekwondo desprazou ata Eindhoven a unha competitiva selección, que deu a cara nun evento da categoría G-2. Así, Sara Cortegoso (-46 quilogramos) acadou a medalla de prata tras superar a Alemaña (18-9), Holanda por 8-7 e nas semifinais a Croacia (3-2). So caeu na final contra Hungría nun espectacular combate (10-14). Merecida medalla para Sara.

Ademais, na xornada de onte, tamén participaron:

- Javier González (Mace): Gañou a Alemaña (19-9) e perdeu no segundo combate fronte a Noruega (6-8).

- Myriam García (Patiño): Triunfo fronte a Holanda en punto de ouro e caeu contra Serbia (5-6).

- Laura Dosil (Natural): Vitoria contra Alemaña (4-1) e perdeu contra Polonia (7-10).

Noraboa para tod@s polo bo traballo desenvolvido!

O sábado 14 de marzo celebrouse en Noia o Campionato Galego de Técnica Adulto, coa participación de máis de 200 deportistas. Na clasificación por clubs, proclamouse campión galego de técnica o Tao (na xeral). Na categoría feminina o gañador foi o Hebe, e na masculina o Tao.

A continuación, tedes os resultados do Galego.

 

Galicia estará representada con nove deportistas na 42 edición do Open de Holanda, que terá lugar os días 13 e 15 de marzo en Eindhoven (G-2). Este torneo ten un importante prestixio e unha espectacular participación, polo que servirá para medir as prestacións dos nosos deportistas e sumar puntos no ránking internacional.

 

Desta forma, en Eindhoven estarán Katya Calvar e Lúa Piñeiro (medalla en Suíza o domingo pasado), ambas en -67 quilogramos na categoría absoluta, mentres que tamén participarán en júnior Laura Dosil, Miryam García e Sara Cortegoso. Na categoría masculina, competirá José Fernández Rey, que a fin de semana pasado fixo un gran traballo en Suíza, Borja Ríos (-58) e Javier González (-63), na categoría júnior. No Open de Holanda participarán un total de 1.700 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior e con presenza de taekwondistas das maiores potencias (Gran Bretaña, Turquía, Irán, Francia...).

 

*A continuación, a selección galega que disputará o Open de Holanda.

 

SELECCIÓN GALEGA – OPEN DE HOLANDA

CORTEGOSO LIMA, SARA

MACE SPORT

-46

CALVAR MARTINEZ, KATIA

MAT'S

-67

PIÑEIRO DEVESA, LUA MARIA

NATURAL SPORT RIBEIRA

-67

DOSIL GAGO, LAURA

NATURAL SPORT RIBEIRA

-59

GARCIA VIDAL, MIRYAM

PATIÑO-MOAÑA

-63

GONZALEZ GARCIA, JAVIER

MACE SPORT

-63

SILVA PAZOS, XIAN

MACE SPORT

-74

FERNANDEZ REY, JOSE

NATURAL SPORT RIBEIRA

-74

RÍOS CORTEGOSO, BORJA

HEBE

-58

 

O sábado 14 de marzo (a partir das 09.00 horas) celebrarase en Noia o Campionato Galego de Técnica e Freestyle Adultos, coa inscrición de máis de 300 deportistas. Será un torneo cun altísimo nivel, que coa participación dos mellores taekwondistas galegos desta modalidade, xa que en xogo estarán as prazas para poder competir no Campionato de España.

 

O torneo comezará as nove da maña, coa disputa do Galego de Técnica nos catro tapices dispostos no Polideportivo de Noia e o que participarán 254 taekwondistas.

 

A partir das 14:30 horas, dará comezo o III Campionato Galego de Freestyle, coa inscrición de 67 deportistas. Estase a apreciar un importante despunte nesta modalidade, que en só uns anos de vixencia, comeza a contar cun importante seguimento por parte dos deportistas. Entre os participantes contaremos coa presenza de Gabriel Tembrás do Moo Duk Kwan (campión de España e de Europa), un dos valores emerxentes desta modalidade, na que Galicia brilla: O pasado ano proclamouse campioa de España de Freestyle por equipos. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes.

 

 

 

Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport Riveira) segue sumando puntos para o ránking mundial. O domingo logrou o bronce no Open de Suiza, torneo da clase G1, tras caer na semifinal contra a representante de Serbia.

En primeira rolda, Lúa superou á representante alemana Vanessa Koerndl de forma clara (6-10) e posteriormente á francesa Benedicte Siosse por un rotundo 13-1. Na semifinal, perder contra a serbia Ana Bajic (2-5). Bronce para a galega.

Ademais, hai que destacar a boa actuación do tamén galego José Fernández Rey (-74, Natural Sport). Fixo tres combates e gañou os dous primeiros. Gañou ao italiano Iván Scala (15-3) e a Georgios Kakouris (Chipre) por 4-1, para caer derrotado contra o serbio Damir Fejzic nun apertado combate (1-0). Bo traballo de José, que regresou a competición despois dunha longa tempada parado por lesión.

Por último, sinalar que Katia Calvar (-67, Mat´s) perdeu no primeiro combate fronte a eslovena Donja Lemajic (6-4).

 

 

Domingo, 08 Marzo 2015 00:00

RESULTADOS ESCOLAR DE COMBATE - LUGO

O sábado 7 de marzo celebrouse en Begonte o campìonato provincial de Lugo do Escolar de Combate.

A continuación tedes os resultados e os clasificados para o Galego.

 

A fase provincial do Campionato Escolar de Combate de Pontevedra celebrouse o sábado 7 de marzo no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra coa participación de 175 deportistas.

A continuación tedes os resultados.

 

Esta fin de semana (7 e 8 de marzo) celebrarase en Lausanne o Open de Suíza, coa presenza dos galegos Katia Calvar (-67 quilogramos, Mat´s), Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport) e José Fernández (-74, Natural Sport).

O Open de Suíza, que se celebrará os días 7 e 8 de marzo, é un torneo de clase 1, que conta con 384 deportistas inscritos e as seleccións de Francia, Serbia, Suíza, Alemaña, Romanía, México, Kazajistán ou Suecia, entre outras. Entre os deportistas inscritos figuran medallistas mundiais ou olímpicos e o espectáculo parece garantido.

Galicia estará representada en Lausanne por José Fernández (-74 quilogramos), Katia Calvar (-67) e Lúa Piñeiro (-67), que competirán o domingo 8. Lúa é unha habitual nas competicións internacionais buscando puntos para o ránking mundial e leva un mes cheo de torneos. Pola súa banda, José estivo lesionado boa parte da tempada pero na súa reaparición logrou o título de campión de España sénior. Katia está a facer unha gran tempada, a pesar da dificultade do cambio de peso, e quere seguir medrando no seu rendemento.

 

 

O sábado 7 de marzo celebraranse as fases provinciais do taekwondo escolar de Pontevedra (Pontevedra), A Coruña (Betanzos), Ourense (Ourense) e Lugo (Begonte) nas modalidades de combate coa participación total de case catrocentos nenas e nenos. Ademais, en Ourense tamén se celebrará o Open de Ourense, coa participación das seleccións de Castela e León, Portugal e Galicia.

A proba de Pontevedra, organizada polo Mace Sport, terá lugar o 7 de marzo (a partir das 10.00 horas) no Pavillón Príncipe Felipe da capital do Lérez con 175 taekwondistas inscritos, mentres que a da Coruña (organizada polo club Kwon) celebrarase no Pavillón Municipal de Betanzos con 172 deportistas. Ademais, a proba de Ourense (organizada polo Couto) ten 12 inscritos e en Begonte (provincia de Lugo, coa organización do Jansu) a inscrición é de 20 deportistas.  Este campionato é das categorías alevín (nados nos anos 2003 e 2004)  e infantil (nados nos anos 2001 e 2002), pero na categoría alevín non están permitidos os golpes á cabeza, co obxectivo fundamental de protexer a seguridade dos nenos e nenas.

A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final, que se celebrará o 30 de maio en Vilalba. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que se delega.

Open de Ourense. O mesmo sábado e coincidindo coa celebración da fase provincial, disputarase o Open de Ourense, un triangular coas seleccións de Galicia, Portugal e Castela e León (cadete, júnior e sub 21) no pavillón dos Remedios, que servirá como preparación para os próximos campionatos de España cadete e sub 21 (21 e 22 de marzo en Tarragona).

 

 

 

 

Lunes, 02 Marzo 2015 00:00

MEMORIA DO CAMPIONATO GALEGO PROMESAS

O sábado 28 de febreiro celebrouse no Gatañal (Cangas) o Campionato Galego Promesas de Combate, coa participación de case catrocentos deportistas das categorías cadete, júnior, absoluta e veterán.

A continuación tedes a memoria do evento.

 

 

 

 

Página 54 de 55