Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

A selección galega cadete acadou hoxe un total de 15 medallas (4 ouros, 3 pratas e 8 bronces) no Open de Bausari, ao que acode nos últimos anos como primeiro torneo preparatorio cara a vindeira temporada.

Desta forma, o balance é moi positivo, xa que a Federación viaxaba cun equipo moi renovado, que deu a cara. Así, lograron subirse ao máis alto do podio e proclamarse campións nos seus respectivos pesos, Carlos Jiménez (-37 quilogramos, Natural Sport Sada), Mateo Boudjanane (-41, BoudSport), Xabier Ramas (-53, Garrapucho) e Noa Romero (-33, Natural Sport).

Tamén houbo tres pratas galegas que foron para Antía Queiruga (-51, Natural Sport), Thalía  Sampedro (+59, Natural Sport) e  Kevin Dean (-41, Natural Sport). E ademais conseguiron oito bronces:

Aroa Abelleira (-37, Natural Sport), Tania López (-41, Patiño), Sara Soneira (-47, Boudsport), Olaya Blanco (-55, Boudsport), Antía Sánchez (-55, Kido), Zaira Otero (-59, Tkdenodo), Martín Lois (-45, Tkdenodo) e Iago Mallo (-57, Segunsport).

En cuartos de final quedaron Carme Santamaría (-37, Natural Sport), Avril Varela (-44, Natural Sport), Adrián Dávila (-33, Kae Sport), Javier Otero (-37, Kae Sport) e Brais Martínez (-49, Natural Sport).

Mañá 16 de xuño Caldas de Reis acollerá a segunda edición do TKDay, un evento lúdico-deportivo que afronta o reto de pechar a tempada nun ambiente no que a rivalidade se deixa de lado para compartir experiencias e a paixón polo deporte.  O pasado ano contaron cuns 200 deportistas e este ano a participación será a mesma.

 

O obxectivo do evento segue sendo o mesmo: Que os mozos deportistas, de entre 7 e 12 anos, gocen ao redor do seu deporte favorito. Entre as novidades do programa deste ano, inclúese un taller exclusivo para os máis pequenos de Caldas.

   

Lúa Piñeiro, organizadora do evento, explica esta novidade: “Para nós é importante que Caldas de Reis teña relevancia. Por iso incluímos un taller no que poderán participar @gratuitamente todas as nenas e os nenos do pobo de entre 7 e 12 anos”.

 

Medallistas internacionais. Como xa sucedeu o ano pasado, non se descoidará a formación dos participantes. Así, ao longo da xornada haberá un amplo abano de adestradores, con títulos a nivel internacional, en tres disciplinas do Taekwondo: Combate, técnica e acrobacias. Así, no TKDay estarán Lúa Piñeiro, Samuel Meilán, Manuel Rodríguez, Raul Bouzas, ou o diploma olímpico Rui  Bragança e o equipo de especialistas de cinema Galaico  Stunt, que participan en series como Fariña ou  Serramoura.

 

 

 O acontecemento conta co patrocinio do  Concello de Caldas de Reis, a Deputación de Pontevedra e a Federación  Galega de Taekwondo. Ademais, colaboran empresas privadas como, Saunier Duval,  J.Rey Asesores, San Marcos e o Club  Olimpic.

 

 

 

 

 

Unha selección galega cadete, formada por 22 deportistas, participará mañá no XI Campionato The Masters- Basauri.

 A Federación Galega acode a este evento cunha selección completamente renovada, para ver en acción aos novos valores cara á próxima tempada. Este Open, organizado polo club The Masters, contará coa participación das seleccións de Cataluña, Madrid, Euskadi e Galicia.

 Dende hai dous anos, o equipo técnico da Federación Galega utiliza este torneo como o primeiro cara a preparación da selección cadete do vindeiro ano. O combinado galego, co técnico Pablo Carou ao fronte, partiu hoxe por estrada en dirección a Basauri.

 No seguinte enlace tedes a convocatoria:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/2698-basauri-15-06-2018

Domingo, 03 Junio 2018 00:00

Resultados Open do Lérez

Catrocentos deportistas participaron o sábado 2 de xuño na sétima edición do  Open “Cidade do Lérez” de combate, que se celebrou no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.

No documento adxunto tedes os resultados.

 

Catrocentos deportistas participarán o sábado 2 de xuño na sétima edición do  Open “Cidade do Lérez” de combate, que se celebrará en Pontevedra (Pavillón Príncipe Felipe, a partir das 09:00 horas) organizado polo Taekanart de Pontevedra.

 

O sábado pola mañá terá lugar a competición para as categorías, absoluto e cadete, mentres que pola tarde (a partires das 15:30 horas) competirán os infantil, precadete e júnior. En total, entre participantes, técnicos e árbitros, o torneo moverá a cincocentas persoas, de 30 clubs galegos. O torneo celebrarase sobre as 6 pistas dispostas no pavillón, con todos os medios electrónicos actuais (cascos, petos e vídeo-replay).

 

O evento é o primeiro campionato renqueable da tempada  2018/19, onde os deportistas segundo o seu resultado  adquiren puntos, que le servirán para formar parte das diferentes seleccións galegas.

 

 

 

 

 

 

 

 

Página 7 de 55