Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Galicia acadou un total de sete medallas (un ouro, dúas pratas e catro bronces) en freestyle no II Mundial Praia Freestyle, que se está a disputar en Rodas (Grecia). Hoxe celebraranse as finais de rompementos nas que tamén teremos medallas galegas.

 

Na modalidade de parellas, exitazo de Galicia. O ouro foi para a parella formada por Sandra Gardini e Adrián Alonso (Yidam) que encantaron ao público coas súas acrobacias. Ademais, tivemos dous bronces: Para Aitor Priego-Eirim Vaamonde (Yidam) e Elena Varela-Alex Losada (Neka).

 

En freestyle -17, Manuel Paz (Hebe) acadou a medalla de prata, despois de realizar unha actuación case perfecta. Na semifinal quedara tamén segundo a só unhas centésimas do tailandés que ía primeiro. Por este motivo, Manu decidiu arriscar engadindo unha acrobacia de maior dificultade. A pesar do magnífico traballo, non puido acceder á primeira posición, pero sumou unha prata excepcional.

 

En quintetos Tailandia logrou a medalla de ouro, mentres que o quinteto galego (Eirim Vaamonde, Aitor Priego, Miguel Barreiro, Sandra Gardini e Adrián Alonso, do Yidam) foi prata e Italia –que o día antes non participara na demostración- foi bronce. Coma sempre, as e os rapaces do Yidam estiveron espectaculares, tanto que a speaker recoñeceu que era o seu favorito para gañar.

Eirim Vaamonde (Yidam) logrou a medalla de bronce mundialista en freestyle + 17 feminino. Eirim tamén arriscou na final para tentar subir posicións, cunha rondada mortal, que era a primeira vez que a incluía nun exercizo. Non saíu perfecta (aínda que nos adestramentos si), pero fixo un gran traballo que foi recompensando cunha medalla de bronce.

 

Na categoría masculina +17 anos, Adrián Alonso (Yidam) tamén nos ofreceu un programa espectacular, con moitísima forza. E así, medalla de bronce para o galego.

 

Onte celebrouse tamén a semifinal de rompementos e con máis éxitos para a nosa selección, que no día de hoxe pechará na final. Así en Jumping Múltiple Kick logrou clasificarse Ángel López (Mace Sport); en Spinning Kick –rompementos de xiro vertical e horizontal- lograron o pase para a final Adrián Ventín (Mace Sport) e Manuel Paz (Hebe).  En Freestyle Breaking -combinación de rompementos, ata dez e nun tempo máximo de 2 minutos- teremos na final a Adrián Alonso (Yidam) e Miguel Barreiro (Yidam), mentres que en High Kick Performance (a patada máis alta) estará Miguel Barreiro (Yidam), que rivaliza cun coreano polo ouro, porque cos outros finalistas hai moita diferenza. Ambos romperon a 2 metros e 60 centímetros.

 

En Freestyle Dynamic Kicks & Breaking challenge -combinacións de patadas con acrobacia e despois rompementos- os galegos estiveron incribles, aínda que non puideron meterse na final. Batéronse  contra os coreanos, que son de outro mundo.

A cadete María Ferreiro (-44, Couto) quedou ás beiras da clasificación para o Europeo e das medallas, ao caer en cuartos de final da Copa Presidente de Europa, que se está a celebrar estes días en Atenas (Grecia). María gañou tres combates e caeu nos cuartos de final. Ademais, tamén competiu hoxe o sénior Manu Parada (-68, Natural Sport Riveira), que perdeu en segunda rolda.

María Ferreiro (-44, Couto) comezou a President Cup ante Daría Zinchenko (Rusia). A galega venceu por 8-6, nun combate moi táctico. En segunda rolda tiña como rival a Kristina  Polychronidi (Grecia) e a nosa taekwondista gañou por 9-5. Foi determinante a perna dianteira de María, que logrou puntuar tanto no peto coma na cabeza.

María xa estaba en terceira rolda e enfronte estaba a croata Kristina  Jakovljevic. Foi un combate incrible cunha gran remontada da galega. María non comezou especialmente ben, polo que tivo que refacerse e despregar o seu mellor taekwondo, con acción de mondolio nako,  para remontar e finalizar gañando (22-21).

En cuartos de final esperaba a grega Eleni Ergati, unha rival moi dura, que impuxo moito ritmo. Ergati era máis forte físicamente, aínda que María tentouno todo e chegou a meterlle moita presión ao poñerse a so dous puntos. Ao final, 21-15.

Hoxe tamén competía en sénior -68 quilogramos Manu Parada (Natural Sport de Riveira), nun peso con 65 participantes. O primeiro combate foi contra o grego Dimitrios Parastatidis e non foi sinxelo. No primeiro combate, Manu ía por detrás no marcador (1-0) a pesar de que tiña a iniciativa, pero non conseguía puntuar. O segundo asalto foi decisivo, xa que Parada venceu por 8-3 e no terceiro, o galego foi controlando e aproveitando as ocasións que tiña para seguir sumando ata o 11-5 final.

Manu perdeu en segunda rolda ante o altísimo Boris Krasnov, do equipo nacional ruso. O galego soubo ler moi ben o combate nos primeiros asaltos, pero no terceiro, o ruso acelerou e xa non deu opción algunha a Parada. Krasnov foi prata no President Cup.

 

 

Hoxe celebrouse a fase clasificatoria para a final do Mundial Praia de Freestyle, que se está a disputar estes días en Rodas (Grecia) do 25 ao 28 de abril. Despois desta fase xa temos sete medallas garantidas, o que falta por saber é a cor de cada unha delas. En principio, está previsto que a final de freestyle teña lugar mañá.

 

Desta forma, Manu Paz (Hebe) logrou o pase para a final individual -17 anos coa segunda mellor cualificación, mentres que Adrián Alonso (Yidam) e Eirim Vaamonde (Yidam) acadaron o pase para a final en +18 masculino e feminino, respectivamente.

 

En parellas, as tres parellas que presentaba Galicia (Sandra Gardini-Adrián Alonso; Eirim Vaamonde-Aitor Priego e Alex Losada-Elena Varela) estarán na final, xunto a outra parella española.

 

E por último, o quinteto (Eirim Vaamonde, Aitor Priego, Miguel Barreiro, Sandra Gardini e Adrián Alonso) tamén ten segura a medalla de prata, ante a renuncia de Italia.

 

Segundo bronce galego na 3ª Copa Presidente de Europa, que se celebra do 25 ao  29 de abril en Atenas (Grecia). Nesta oportunidade a premiada foi a cadete Cloe Iglesias (Patiño) que logrou a medalla de bronce en -59 quilogramos. Ademais, acadou a clasificación para o Europeo cadete. Tamén participaron hoxe Vanesa Roo, que chegou ata os cuartos de final; Sara García (caeu en segunda rolda) e Iván García (perdeu en primeira).

Na categoría cadete, Cloe Iglesias (-59, Patiño) comezou co bo pe a Copa Presidente. A súa primeira contrincante foi a italiana Alice Baliva. Foi un combate axustado e táctico que Cloe decidiu con solvencia cunha acción arriba (5-3, para a galega). Na segunda rolda esperaba a rusa Anastasiia Aksenova, que librara na primeira eliminatoria. E a galega foi moi superior. Mandou dende o inicio no marcador, aínda que no primeiro asalto estivo un pouco máis apertado. A partir de aí, a galega puxo un pouco máis de ritmo e marchouse no marcador con facilidade (16-2).

 Nos cuartos de final Cloe vence a Anna Lobashova (Rusia) por 7-5 e logra así garantir unha medalla e ademais a clasificación para o Europeo cadete. Cloe foi por diante durante todo o combate, pero no segundo asalto, Lobashova logrou empatar. Pero a galega non perdeu a calma e cun ataque á cabeza da rusa logra a vitoria.

 En semifinais a rival foi a Lauren Larocca (USA) quen impediu a clasificación para a final da nosa deportista (12-6). No primeiro asalto Cloe ía por diante, pero no segundo Lauren logrou, primeiro empatar e nos instantes finais dese segundo asalto, adiantou no marcador á galega. E non terceiro, a estadounidense agrandou a distancia e non foi posible remontar. Larocca foi a campioa da President Cup.

 Tamén na categoría cadete Vanesa Roo (-37, Natural Sport Riveira) comezou o campionato contra a grega Lydia Pingou, unha rival de máis envergadura. Pero Vanesa estivo espectacular, liquidando esa diferencia de altura con accións continuadas. Así, foi sempre por diante no marcador para pechar o combate cun 14-10 ao seu favor.

No seguinte combate Vanesa venceu a  Kamila Gostenkova (Rusia) de forma absolutamente maxistral (30-14). Foi por diante durante todo o combate con moita claridade, con accións combinadas de peto e casco.

En cuartos de final a rival era unha española, Elsa Hernández, que fora bronce no Europeo cadete. E nesta oportunidade, Vanesa non puido gañar e quedou as beiras dunha medalla e da clasificación para o Europeo. Elsa amosou a súa “veteranía” (experiencia internacional) e despois dun primeiro asalto nivelado, logrou impoñerse con facilidade. Magnífico traballo da galega!

A sénior Sara García (-57, Dobok) gañou o primeiro combate á italiana Aurora Pinti, pero caeu en segunda rolda ante a turca Hatice Kübra  Ilgün (ouro na Universiada 2017 e prata mundial 2017) de forma moi clara e non puido seguir avanzando na competición.

O que non tivo sorte foi Iván García (-87, Mat’s) na categoría sénior. O galego caeu na primeira rolda contra o croata Iván Sapina. O noso deportista foi por detrás no marcador dende o primeiro asalto, con distancias curtas e sempre remontando. Pero no último, cando tiña que arriscar, o contrario logrou alcanzalo cunha técnica arriba e aumentou así o marcador, que xa foi imposible para Iván (14-8).

 Este torneo é unha competición G-2 e clasificatoria para o Europeo cadete, Europeo sub 21 e Europeo Sénior. Todo isto supón a presenza de grandísimos taekwondistas en busca dos seus obxectivos. En total hai case 2.500 deportistas inscritos nas diferentes categorías (cadete, júnior e sénior).

Miércoles, 25 Abril 2018 00:00

Manuel Paz, bronce no Mundial Praia

Manuel Paz (Hebe) conseguiu a primeira medalla galega no 2º Mundial Praia de Rodas, que se iniciou hoxe coa disputa da modalidade de técnica. Mañá celebrarase a modalidade de freestyle.

 

En -17 individual masculino Manuel Paz comezou a competición contra o danés Danish Hameed, que eliminara en primeira rolda ao galego Álvaro Portela (Hebe). Manu fixo un magnífico papel e logrou superar ao representante de Dinamarca, cunha superioridade maior ao que amosa o resultado (3-2). No seguinte enfrontamento, Paz tivo como rival a outro galego, Ángel López (Mace Sport), que no seu primeiro duelo venceu a Daniel Halonen (Finlandia) con absoluta rotundidade (5-0). Era o choque decisivo porque o que gañase pechaba o bronce e Paz saíu vitorioso neste enfrontamento entre galegos (4-1), aínda que hai que destacar o magnífico torneo realizado por Ángel. Finalmente a organización decidiu celebrar as semifinais no día de hoxe e aquí foi onde rematou a aventura do moañés. Caeu ante Michelangelo Sampognaro (Italia), nunha loita moi axustada e non puido chegar a esa final soñada. Pero Manuel Paz sumou así a primeira medalla de bronce galega deste Mundial Praia.

 

Nesta mesma categoría (individual masculino -17) Álvaro Portela (Hebe) e Adrián Ventín (Mace) perderon no seu primeiro enfrontamento. Adrián tivo como rival ao representante de Gran Bretaña, que ao final acadou un bronce.

 

En individual masculino -30, Alejandro Losada (Neka) comezou vencendo ao representante de Bulgaria de forma clara e na segunda rolda, tiña como rival ao campión do mundo Joel Van Der Weide (Holanda) e non puido superalo. Pola súa banda Aitor Priego (Yidam) gañou a Miguel Barreiro (Yidam) na primeira eliminatoria, pero caeu na segunda rolda contra Finlandia.

 

En parellas -30 anos, Elena Varela e Alex Losada (Neka) caeron ante Italia en cuartos de final, polo que non puideron acadar medalla. Non foi a mellor actuación dos galegos, que técnicamente eran superiores, pero cometeron algún erros.

 

Ademais, a galega Sandra Gardini (Yidam) participou xunto a dúas andaluzas (Alba e Desiree) nun trío feminino. Perderon en primeira rolda ante Dinamarca. Apenas se coñecía e so adestraron xuntas un ratiño antes da competición, polo que é normal que houbese problemas de sincronización. Aínda así, acadaron a medalla de bronce.

 

 

 

 

 

O cadete Julián Feijoó (-33, Couto), cunha fantástica actuación, acadou hoxe a medalla de bronce na 3ª Copa Presidente de Europa, que comezou hoxe en Atenas e rematará o próximo 29 de abril. Con este resultado ademais, o galego acadou a súa clasificación para o Campionato de Europa Cadete.

 

En primeira rolda Julián  venceu por unha diferenza de 20 puntos ao ruso Matvei Sobolev. No segundo combate o taekdondista do Couto superou ao representante greco Alexandros Reizis, tamén de forma moi clara (24-8) e no terceiro enfrontouse a outro grego, Konstantinos Ioannis Petroulis por 15-8. Así logrou plantarse nos cuartos de final onde esperaba outro deportista grego, pero Julián seguiu imparable e venceu por 14-3. Con este resultado o galego garantiu a súa clasificación para o Europeo cadete e a medalla na President Cup.

 

As semifinais celebráronse pola tarde e Julián tiña que enfrontarse a un ruso. Non estivo moi cómodo en ningún momento. O rival marchouse no marcador dende o inicio e o noso taekwondista non tivo opcións (20-7). O resumo non pode ser máis satisfactorio, con catro combates gañados de forma clara, un bronce e a clasificación para o Europeo Cadete.

 

Hoxe tamén competiu Sara Cortegoso (Mace Sport) en sénior -49 quilogramos, pero a galega perdeu no primeiro combate ante a rusa Regina Sakhautdinova. A rusa logrou escaparse fácil no primeiro combate e iso obrigou a Sara a ir a remolque. No segundo, a pontevedresa remontou e púxose a dous puntos, pero despois a rusa logrou alcanzar á nosa deportista cunha técnica á cabeza a xa abriu un oco imposible de superar (18:14).

 

Este torneo é unha competición G-2 e clasificatoria para o Europeo cadete, Europeo sub 21 e Europeo Sénior. Todo isto supón a presenza de grandísimos taekwondistas en busca dos seus obxectivos. En total hai case 2.500 deportistas inscritos nas diferentes categorías (cadete, júnior e sénior).

 

A Federación Galega despraza a un equipo formado por nove deportistas (Cloe Iglesias, Vanesa Roo, Julián Feijoo, María Ferreiro, Irene Montemuiño (cadete), Tania Castiñeira (júnior) e Sara Cortegoso, Iván García e José Fernández (sénior), e os técnicos Miguel Cortegoso, Pablo Carou e Noelia Pérez. Ademais, coa selección española viaxan os galegos Katia Calvar, Javier González, Manuel Parada e Pablo Fernández Eiras.

Mañá comeza o Mundial Praia na modalidade de técnica e farao coa participación de nove galegos. O mércores celebrarase a competición de técnica ata as semifinais e o freestyle comezará o xoves. As semifinais e finais de todas as modalidades están reservadas para venres e sábado, cando tamén se celebrará a modalidade de rompementos.

En individual masculino -17 Álvaro Portela (Hebe) inaugura o campionato mentres que Adrián Ventín (Mace), Ángel Lopez (Mace) e Manuel Paz (Hebe) librarán a primeira rolda. Álvaro ten  que pasar 3 enfrontamentos para optar a medalla e os demais un menos.  O peor de todo será que os nosos deportistas se cruzarán. Se Álvaro gaña  ao danés Danish Hameed , loitará polo pase contra o seu compañeiro Manuel. E o vencedor desta segunda rolda, tería como rival a Ángel (que antes debe vencer  ao finlandés Daniel Halonen).

En individual masculino -30, Alejandro Losada (Neka) comezará o Mundial contra Bulgaria e, se gaña, terá coma rival ao holandés Joel Van Der Weide, campión do mundo (sempre que supere a primeira rolda tamén).  Aitor Priego e Miguel Barreiro (ambos do Yidam) tiveron mala sorte no sorteo, xa que se enfrontarán na primeira eliminatoria.

En parellas -30 anos, Elena Varela e Alex Losada (Neka) terán como rival en cuartos de final a Italia e no caso de vencer, garanten a medalla.

 

Un total de 13 taekwondistas galegos participarán nos próximos días no II Mundial Praia de Técnica e Freestyle, que se disputará en Rodas (Grecia) do 25 ao 28 de abril.

 Esta modalidade é moi novidosa, xa que se estreou o pasado ano. Ademais, nesta edición engadiron a modalidade de rompementos, un novo reto para os nosos deportistas. Hai 250 deportistas inscritos nas diferentes probas e Galicia tentará volver a subir ao podio como xa fixeron os nosos representantes o pasado ano. Tamén é certo que na edición de 2018, a selección galega conta con importantes baixas, xa que moitos deportistas que estaban clasificados, non puideron acudir a esta cita por cuestións laborais. Aínda así, entre os que viaxan, contamos con algún medallista do pasado ano, coma Manuel Paz (prata en freestyle -17) ou Álvaro Portela, que foi bronce en júnior individual.

 A selección galega está formada por Manuel Paz (Hebe), Álvaro Portela (Hebe), Alejandro Losada Rodríguez (Neka), Elena Varela (Neka), Eirim Vaamonde (Yidam), Aitor Priego (Yidam), Miguel Barreiro (Yidam), Sandra Gardini (Yidam), Adrian Alonso (Yidam), Ángel López (Mace Sport) e Adrián Ventín (Mace Sport), que irán acompañados polos técnicos Jacobo Ríos e José María Vega.

 O noso equipo participará en numerosas probas no Mundial Praia, tanto en técnica como en freestyle:

  • Manuel Paz: Poomsae individual júnior, Freestyle - 17, rompementos.

 

  • Álvaro Portela: Poomsae individual júnior.

 

  • Alejandro Losada Rodríguez: Poomsae individual - 30, parella poomsae - 30, parella Freestyle +18.

 

  • Elena Varela: Freestyle individual +18, parella poomsae - 30, parella Freestyle +18.

 

  • Eirim Vaamonde: Freestyle individual +18, Quinteto, parella Freestyle +18.

 

  • Aitor Priego: Poomsae individual - 30, Quinteto, parella Freestyle +18.

 

  • Miguel Barreiro: Freestyle individual +18, Quinteto, poomsae individual - 30 e rompementos.

 

  • Sandra Gardini: Poomsae individual - 30, Quinteto, parella Freestyle +18.

 

  • Adrian Alonso: Freestyle individual +18, Quinteto, parella Freestyle +18 e rompementos.

 

  • Angel López: Poomsae individual jínior, Freestyle - 17, rompemeentos.

 

  • Adrian Ventín: Poomsae individual júnior, Freestyle - 17, rompementos.

 

Unha destacada delegación galega estará presente na 3ª Copa Presidente de Europa, que se celebra do 25 ao  29 de abril en Atenas (Grecia). A Federación Galega despraza a un equipo formado por nove deportistas (Cloe Iglesias, Vanesa Roo, Julián Feijoo, María Ferreiro, Irene Montemuiño (cadete), Tania Castiñeira (júnior) e Sara Cortegoso, Iván García e José Fernández (sénior), e os técnicos Miguel Cortegoso, Pablo Carou e Noelia Pérez. Ademais, coa selección española viaxan os galegos Katia Calvar, Javier González, Manuel Parada e Pablo Fernández Eiras.

                                                           

Este torneo é unha competición G-2 e clasificatoria para o Europeo cadete, Europeo sub 21 e Europeo Sénior. Todo isto supón a presenza de grandísimos taekwondistas en busca dos seus obxectivos. En total hai case 2.500 deportistas inscritos nas diferentes categorías (cadete, júnior e sénior).

GALICIA, GANADORA POR EQUIPOS NO OPEN INTERNACIONAL CIUDAD DE LA CERÁMICA

               

A Coruña, 21 de abril de 2018. Galicia proclamouse gañadora na clasificación xeral por equipos, trala suma de todas as categorías,  no XVIII Open Internacional de Taekwondo Ciudad de la Cerámica, que se celebrou hoxe na localidade de L’Alcora (Castellón). A Federación levaba a este open, no que participaban preto de mil taekwondistas de toda España e Francia, a unha selección cadete e absoluta, e tamén venceu nestas categorías.

 

Sénior

 

Brais Iglesias (-74, Natural Sport Riveira) acadou a medalla de ouro en -74 quilogramos tras vencer en tres combates con rotundidade en todos eles. Na final gañou por 4-10.

 

Ouro para Alejandro Paz (Natural Sport) en -54 quilogramos, tras gañar na semifinal por 21-0 e na final por 11-5.

 

En -58 quilogramos masculino tivemos unha final galega con Javi Torrado (Suh Sport) e Diego Martínez (Natural Sport). O triunfo foi para Javi que gañou por 8-5.

 

Rubén Troitiño (-80, Mat's) subiu ao máis alto do podio. Na semifinal gaño a Hugo Tortosa (Madrid) por 16-2, pero non houbo final ao non presentarse o rival por lesión.

 

Jesús M. Veiga (+87, Maniotas) logrou a medalla de prata, ao non poder presentarse na final por lesión. Antes venceu en dous combates. Pola súa banda, Daniel Corrales (-87, Patiño) foi prata tras caer na final por 21-1.

 

Emilio Pousada (+87, Mace Sport) conseguiu a medalla de bronce despois de facer só un combate por culpa dunha lesión que arrastraba dende hai algún tempo e da que se resentiu. Así que non puido continuar a competición.

 

Na categoría feminina, Sara Gacio (-57, Boudsport) tamén ocupou a primeira posición, despois de gañar en semis a Paula Martínez (Garrut) por 12-1 e na final á súa compañeira de selección Leticia Trigo (Patiño) no punto de ouro (2-0). Prata para Trigo, tras ganar en cuartos por 3-2 e na semifinal por un rotundo 7-0.

 

Alma Pérez (-53, Suh Sport) gañou en semifinal a Ariadna Marcos (17-2) e na final a Sandra López (18-8). Ouro para Alma.

 

Outra final galega en -67 quilogramos. Laura Dosil (Natural Sport) logrou a medalla de ouro tras superar na final a Lorena Pardo (Garrapucho) nun axustado combate (8-7). Lorena vencera na semifinal a Cataluña (10-2).

 

Sara Toucedo (Maniotas) conseguiu o ouro en – 46 quilogramos tras vencer na final por 10-6.  Sofía Pérez (-72, Natural Sport) logrou a medalla de ouro tras superar a semifinal por 25-4 e na final a unha representante de Cataluña por 11-3.

 

Uxía Rodríguez (-63, Moo Duk Kwan) foi prata tras perder na final contra a catalá Natalia Moreno (21-1). Natalia tamén eliminou na semifinal a Catia García (Mat's), que logrou o bronce. Bárbara Calvo  (-72, Patiño Moaña) subiu ao terceiro chanzo do podio.

 

Cadete

En -49 quilogramos houbo unha fermosa competición na que David Barbosa (Budo Castrelos) e Martín Conde (Couto) protagonizaron unha final galega. Antes, David venceu en cuartos por 16-8 e na semifinal tamén de forma rotunda (20-0). A final, contra Conde, rematou cun 11-4 no marcador. Pola súa banda, Martín gañou o primeiro combate por 24-2; o segundo por 25-3 e na semifinal venceu no punto de ouro tras empate (11-11).

 

Eneritz Iglesias (-41, Mat's) ocupou a primeira posición tres superar tres combates. No primeiro eliminou a Jaba Buchli (15-2), na semifinal a Alba Ruiz (28-7) e na final a Ana López (14-11).

 

Eduardo Rejo (-61, Mace Sport) tamén ocupou a primeira posición tras unha traxectoria impecable. Venceu no primeiro combate por 25-4, no segundo por 21-0 e no terceiro por 14-2 ao tamén galego Sergio Troitiño (-61, Mat’s), que foi prata. Sergio ganara en semifinais ao Zion Jay por 21-1.

 

Hugo Trigo (-65, Maniotas Noia) sumou outro ouro, tras vencer na final por 28-7, mentres que Samuel Méndez (-57, Arte e Movemento) venceu na final por 21-7.

 

Medalla de ouro para Carlos Jiménez (-33, Natural Sada) en -33 quilogramos. Venceu na semifinal con facilidade (11-2) e na final sufriu un pouco máis (9-8).

 

Diego Rodríguez (-45, Mace-Sport) subiu ao máis alto do podio tras vencer en catro combates e en todos eles con bastante superioridade. Na final, gañou 14-3.

 

 

Edgar Batista (-65, Natural Sport) acadou o ouro tras vencer en semifinais a Robert Kallo (12-4) e ao galego Darío Fernández (Hebe) por 12-2. Prata para Darío.

 

Diego Alvarez (-53, Natura Sport Sada) logrou a medalla de prata. Gañou dous combates de forma clara e perdeu nunha final axustadísima (13-12). Ignacio Remuiñán (-37, Natural Sport Videlgi) logrou o bronce despois de vencer en dous combates e caer nas semifinais por 10-6.

 

En -44, final galega con Tania  Bouzas (Kae Sport) e Lucía García (Kwon Betanzos). O triunfo foi para Lucía por 13-3.

 

Outra interesante final galega en -44 feminino, Antía Sánchez (Kido Sport) logrou a medalla de ouro tras vencer nos cuartos de final a Lucía Fernández (19-1) e pasar directamente á final, ao no presentarse a súa rival en semifinais. Na final, superou a Antía Queiruga (Natural Sport) por 18-9. Pola súa banda, Queiruga gañou en cuartos a unha taekwondista  catalá (27-4) e na semifinal venceu por 8-6. Prata para Queiruga. Silvia Otero (-29, Mat’s) caeu na final (4-1) e logrou a medalla de prata.

 

No peso pesado, Nuria Cernadas (Natural Sport Videlgi) logrou a medalla de bronce, tras perder na semifinal no punto de ouro (tras rematar o combate 6-6). En cuartos de final gañou por 12-3.

 

Pola súa banda, Thalia Sampedro (Natural Sport Videlgi) tamén foi bronce estes mesmo peso, tras vencer en cuartos 13-0 e caer na semifinal contra unha taekwondista de Teruel no punto de ouro.

Bronce para Fátima Martínez (-55, Couto) tras gañar no primeiro combate a Abrar Ouazzani por 17-0, e caer na semifinal ante Wiam Margarita Oum (Garrut).

 

Yadira Reimundez (-47, Mat’s) logrou a primeira posición no seu peso tras vencer en cuartos de final a Judith Izquierdo (Santa Isabel) por 18-2. A semifinal foi o combate máis axustado (3-2) e na final gañou con claridade a Patricia Rodríguez (Club Deportivo Granjo) por 11-0.

 

Elena Cubas (-33, Suh Sport) foi bronce, igual que Adrián Abeijón Priegue (Natural Sport Videlgi), que gañou dous combates; ou Julio Iglesias (Couto), que tamén sumou unha presea de bronce.

 

Pola súa banda, Manuel Lorenzo (Suh Sport) e Uxía Rúa (Hebe) perderon no primeiro combate.

Página 11 de 55