Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

A selección galega de técnica (categorías cadete, júnior e sénior) participará o domingo 18 de marzo no Open de Andalucía de Poomsae e Freestyle, que se celebrará en Málaga. É unha proba moi importante xa que concede puntos para o ránking español, que decidirá a clasificación para o Mundial 2018.  Ademais, será a última proba antes do Open de España da próxima fin de semana.

 

A clasificación para este Mundial sairá da suma dos resultados do circuíto español de ránking (Open de Valencia, Navarra, Madrid e Andalucía) e do Campionato de España e Open de España. Galicia viaxa cun amplo equipo, que tentará subirse ao podio tanto a nivel individual coma de equipos, tal e como xa fixeron no Open de Madrid a finais de xaneiro, onde Galicia proclamouse vencedora na clasificación xeral por equipos do Open de Poomsae e Freestyle. Ademais a comezos de marzo, Galicia logrou por vez primeira na historia proclamarse campioa de España de técnica adultos.

 

Open de Bélxica. Esta fin de semana, deportistas da Federación Galega de Taekwondo tamén participarán no Open de Bélxica de técnica, de clase A. Neste torneo competirán Samuel Meilán e Nerea Alamancos (ambos do Tao) tanto a nivel individual (sénior 2) como en parellas 2. Ademais, tamén competirá o trío feminino 2, formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez (Hebe).  Pola súa banda, Sonia Pérez competirá de forma individual en máster 1.

 

*Convocatoria da selección galega de técnica e freestyle para o Open de Andalucía.

 

Open de Andalucía de técnica

1

ALEJANDRO FERNÁNDEZ

ESCOLA LUCENSE

CADETE

2

TOM FERNÁNDEZ

KIAP

CADETE

3

IAGO FRAGA

KIAP

CADETE

4

AARÓN BOVEDA

KIAP

CADETE

5

SAMUEL MEILÁN

TAO

CADETE

6

LAURA GONZÁLEZ

TAO

CADETE

7

NURIA GARCÍA

ESCOLA LUCENSE

CADETE

8

GABRIEL TEMBRÁS

MOO DUK KWAN

JUNIOR

9

ÁLVARO PORTELA

HEBE

JUNIOR

10

BARBARA DI MARTINO

HEBE

JUNIOR

11

MANUEL PAZ

HEBE

JUNIOR

12

FATIMA RODRÍGUEZ

TAO

JUNIOR

13

RAQUEL LOSADA

TAO

JUNIOR

14

ANDREA MOSCOSO

TAO

JUNIOR

15

SANDRA GARDINI

YIDAM

MASTER 1

16

OSCAR REY

KIAP

MASTER 2

17

ESPERANZA FERNÁNDEZ

COUTO

MASTER 2

18

ALEX LOSADA

NEKA

SENIOR 1

19

ANDREA VILAS

TAO

SENIOR 1

20

ALEJANDRO LOSADA

TAO

SENIOR 1

21

ELENA VARELA

NEKA

SENIOR 1

22

MARCOS SILVA

MACE SPORT

SENIOR 1

23

AITOR PRIEGO

YIDAM

SENIOR 1

24

EIRIM VAAMONDE

YIDAM

SENIOR 1

25

SAMUEL ALVES

TAO

SENIOR 1

26

ÁNGEL LÓPEZ

MACE SPORT

27

ADRIÁN VENTÍN

MACE SPORT

34

José Mª Vega

COACH

35

Francisco Penín

COACH

36

Ingrid Gómez

COACH

37

Miguel Aneiros

ÁRBITRO

38

Concepcion Martínez

ÁRBITRO

39

María Bautista

ÁRBITRO

40

Luis Vilas

FISIO

 

Seleccionador responsable da categoría: Jose Mª Vega Sánchez

 

Satisfacción a medias. Unai Silva (Mace Sport) acadou hoxe a clasificación para o Mundial Júnior de Túnez, tras vencer na preselección que se celebrou en Madrid. Pero no camiño quedou a taekwondista do Hebe, Tania Castiñeira, que non puido superar á súa rival, e non poderá acudir á cita mundialista.

 En -68 masculino Unai Silva (Mace Sport) enfrontouse ao canario Jesús Moreno na preselección disputada no CAR de Madrid e logrou unha ampla vitoria (29-20). No primeiro asalto, o combate estivo máis nivelado, xa que o canario lograba alcanzalo e sumar. Xa no segundo asalto, Unai comezou a controlar ao rival e logrou escaparse no marcador, de forma que non sufriu para garantir o triunfo e así a clasificación para o que será o seu segundo Mundial.

 Pola súa banda, no peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) volvía verse as caras con Ana Martos (Cataluña), que derrotara á galega no Campionato de España nun combate con polémica arbitral. Volveu ser unha loita moi apertada. Despois dos tres primeiros asaltos, o marcador era de empate (1-1) e desta forma foron ao punto de ouro e volveron empatar. Entón os técnicos da Española deciden que se faga un quinto asalto. Tania conseguiu poñerse por diante pero a falta de 15 segundos para o final a competidora catalá logrou alcanzala na cabeza e adiantarse, e a nosa taekwondista xa non tivo opción a remontar (2-4).

 Tanto Unai coma Tania foron bronce no Campionato de España, pero lograron un magnífico resultado no Open de Holanda (Tania foi ouro, mentres que Unai prata) a pasada fin de semana, que tamén era clasificatorio para o Mundial júnior, mentres que os seus contrincantes non renderon a un bo nivel. Por este motivo houbo que celebrar esta preselección.

 Desta forma, no Mundial Júnior de Túnez (do 9 ao 13 de abril) Galicia contará con cinco representantes: Pablo Patiño (-63, Patiño), Arlet Ortiz (-52, Mat's), Alba Vidal (-55, Jido), Ana Dosil (-63, Natural Sport) e Unai Silva (-68, Mace Sport).

Galicia poderá estar representada por ata seis deportistas no Campionato do Mundo Júnior, que se celebrará en Túnez do 9 ao 13 de abril. Nestes intres catro galegos (Pablo Patiño, Arlet Ortiz, Alba Vidal e Ana Dosil) xa están clasificados e Unai Silva e Tania Castiñeira terán que facer este xoves unha preselección para conseguir a súa praza.

A preselección realizarase este xoves en Madrid a primeira hora da tarde. En -68 masculino Unai Silva (Mace Sport) enfrontarase ao canario Jesús Moreno nesa loita por unha praza para o Mundial júnior. Pola súa banda, no peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) terá que derrotar a Ana Martos (Cataluña) para poder acudir ao Mundial de Túnez. Tanto Unai coma Tania foron bronce no Campionato de España, pero lograron un magnífico resultado no Open de Holanda (Tania foi ouro, mentres que Unai prata) esta fin de semana, que tamén era clasificatorio para o Mundial júnior, mentres que os seus contrincantes non renderon a un bo nivel.

Os que xa están confirmados son Pablo Patiño (-63, Patiño), Arlet Ortiz (-52, Mat's), Alba Vidal (-55, Jido) e Ana Dosil (-63, Natural Sport). Todos eles lograron proclamarse campións de España júnior e están a demostrar que son os mellores no seu peso.

Moita sorte para Tania e Unai este xoves!! 

Rematou o Open de Holanda e fixoo con seis medallas galegas (tres ouros, dúas pratas e un bronce). E son medallas no torneo da categoría G-1 máis importante de Europa, con participantes de todo o mundo e medallistas mundiais e europeos. Tania Castiñeira, Irene Monteagudo e Ainhoa García foron os ouros; Cloe Iglesias e María Ferreiro lograron as pratas e Ana Dosil foi bronce.

Tania Castiñeira (+60, Hebe) acadou a medalla de ouro na categoría júnior. A galega logrou a primeira posición cunha gran superioridade sobre as rivais. Venceu en primeira rolda a Leonie Marzoll (Alemaña) por 10-2 e nas semifinais superou a Isabeau Van Droffelaar (Holanda) por 6-10. A final estivo absolutamente controlada dende o inicio. Gañou a Reba Stewart (Australia) por 7-1.

A cadete Irene Monteaguado (-51, Natural Sport) logrou a primeira posición tras vencer en catro combates e de forma clara. Superou en primeira rolda a Anastasia Tsipa (Grecia (22-2) e nos cuartos de final a Jill Marie Beck (Alemaña) por 3-19. Na semifinal deu boa conta de Tindra Andersson (Suecia) por 10-18 e na final gañou a Rachel Kerr (Irlanda) por 4-10.

Tamén na categoría cadete, ouro para Ainhoa García (-55, Couto). A galega venceu en primeira rolda a Leah Kerr (Irlanda) por un contundente 0-13 e posteriormente a Frida Sjoberg (Suecia) por 3-11. En semifinais superou á holandesa Amy Mink (3-5) para rematar a súa perfecta competición coa vitoria na final ante Jesse de Vries (Holanda) por 0-4.

As pratas foron para as cadetes María Ferreiro e Cloe Iglesias. María Ferreiro (-44, Couto) logrou a vitoria en tres combates antes de chegar á final: Superou a Sofia Klein (Alemaña) por 5-8; a Holly Pepper (Gran Bretaña) por 6-2 e a Nilla Brostom (Holanda) por 12-0. Na final caeu ante a francesa Maysane Kamkasoumphou por 15-20, nun fermoso combate.

Pola súa banda, Cloe Iglesias (-59, Patiño) venceu na semifinal a Mia Gouws (Australia) por 2-0, para perder na final contra Emel Karagoz (Alemaña) por 6-14.

Por último, sinalar o bronce da júnior Ana Dosil (-63, Natural Sport). Venceu a Michaela Razimova (R. Checa) por 3-5 e posteriormente a Meike Unrau (Alemaña) por un espectacular 0-8. Na semifinal, a galega foi derrotada por Kristyna Drobna (R. Checa) un axustadísimo combate (2-1).

 

O sábado 10 de marzo celebrouse en Cangas o Campionato Galego Promesas das categorías cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate, coa participación de 300 deportistas.

No documento adxunto tedes os resultados.

Magníficos resultados para o taekwondo galego no primeiro día de competición do Open de Holanda, que se está a celebrar en Eindoven esta fin de semana. Arlet Ortiz acadou a medalla de ouro, mentres que Vanesa Roo, Pablo Patiño e Unai Silva foron prata e Alejandro Paz acadou a medalla de bronce.

 A júnior Arlet Ortiz (-52, Mat’s) continúa imparable, en tres semanas continuadas de competición e sempre subida ao podio. Onte logrou a medalla de ouro tras gañar cinco combates. En primeira rolda venceu a Ihsane Akchich (Holanda) por un espectacular 22-0, mentres que en segunda superou a Lisa María Sorensen (Dinamarca) por 2-5. Nos cuartos de final tiña como rival a Anahita Akbari (Noruega) e gañou por un apertado 2-3. Na semifinal venceu con rotundidade a Gabriela Briskarov (Eslovaquia) por 0-9 e rematou a súa participación cun 14-6 na final contra Ozoda Sobirjonova (Usbequistán). Ouro para Arlet.

 A cadete Vanesa Roo (-37, Natural Sport) logrou a medalla de prata na súa categoría. En primeira rolda superou a Firdaous Bouisengaren (Holanda) por 11-14 e así acadou o pase as semifinais. Na semi esperaba unha rival moi dura, a española Jada Wijngaarden, pero Vanesa estivo moi firme e segura e venceu por 2-4. A final foi espectacular, con cambios continuos no marcador, contra a alemá Nur Arayan. Ao final, vitoria para a alemá por un axustadísimo 13-14.

 O júnior Pablo Patiño (-63, Patiño) tamén foi prata nun peso con moitos competidores o que lle obrigou a disputar ata seis combates. En primeira rolda venceu de forma moi clara a un taekwondista portugués (26-5), na segunda ao belga Niel Willems (6-15) e na terceira a Ezequiel Lautaro (Arxentina) por 12-15. Nos cuartos de final, o rival era o ruso Dimitri Vasilev e foi un contrincante moi duro (13-14). En semifinais o rival foi o sueco Joseph Aljaf e Pablo volveu a estar a un nivel espectacular para lograr o pase a final (11-12). Na final esperaba Jasurbek Djaysunov (Usbequistán), que venceu con claridade (21-4).

 O júnior Unai Silva (-68, Mace Sport) tamén logrou a medalla de prata despois de unha durísima competición. En primeira rolda gañou a Edwin Van Zon (Holanda) por 15-17, mentres que en segunda venceu a Raphael Jaschin (Alemaña) por 7-15. Nos cuartos de final o rival era o británico Jamie Simpson-Kidd e o combate foi absolutamente espectacular, cun resultado final de 40-44. Na semifinal, Unai gañou a Giovanni Slanec (Eslovaquia) por 23-12 e na final caeu derrotado ante Gabriel Biskar (Eslovaquia) por 13-6.

 O bronce foi para Alejandro Paz (-51, Hebe) na categoría júnior. Para chegar as semifinais, primeiro tivo que superar dous combates. No primeiro venceu a Omer Dawoud (Dinamarca) por 14-3 e posteriormente, superou ao español Joaquíon Albadalejo (1-3). Na semifinal caeu contra o uzbeco Ulugbek Rashitov (17-4), que foi o que se proclamou vencedor do Open de Holanda.

A Campionato Galego Promesas das categorías cadete, júnior, absoluta e veteranos de combate reunirá o sábado 10 de marzo no pavillón do Gatañal (Cangas) a case 300 deportistas e 33 árbitros pertencentes a clubs de toda Galicia.

 Hoxe xoves, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación deste evento. No acto participaron Xoán C. Chillón Iglesias (Concelleiro de Deportes), María Bautista (Vice-presidenta da Federación Galega de Taekwondo) e Pablo Casares (Director Deportivo do Club Sares TKD Cangas).

Poderán participar neste campionato, organizado polo club Sares TKD de Cangas, aqueles deportistas que non sexan medallistas en campionatos galegos e estatais. Tamén quedan excluídos aqueles taekwondistas que foron membros da selección galega nunha competición oficial. O torneo comezará ás 09:00 horas pola mañá coa competición absoluta e cadete e ás 15:30 horas pola tarde para o resto de categorías (júnior e veteranos).

 O Gatañal leva nove anos acollendo este torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción do deporte base, darlle continuidade a deportistas que aínda non se incorporaron á selección galega e promover o salto de categorías.

 

 

Galicia estará representada na 45 edición do Open de Holanda, que terá lugar os días 10 e 11 de marzo en Eindhoven (G-1), cunha participación de case 1500 taekwondistas. Este torneo ten un importante prestixio e as e os nosos deportistas acoden aí coa intención de sumar puntos no ranking internacional. Ademais, no caso dos júnior, este campionato é puntuable para o Mundial Júnior e a Olimpiada Xuvenil.

 Desta forma, en Eindhoven estará unha nutrida representación galega en todas as categorías. A selección galega cadete que viaxa a Holanda está formada por dez deportistas, mentres que no equipo júnior hai trece (caeu no último momento Iván Rodríguez) e no sénior contamos con trece taekwondistas (Alberto Verea é baixa por lesión). Ademais hai que destacar que Arlet Ortiz, Alba Vidal, Ana Dosil e Pablo Patiño van convocados pola Federación Española. Tamén haberá taekwondistas galegos que viaxan cos seus clubs.

 No Open de Holanda participarán un total de 1.433 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior e con presenza de taekwondistas das maiores potencias.

 O pasado ano houbo 12 medallas galegas: 2 ouros, 2 pratas e 8 bronce. Os  ouros foron para a cadete Diana Siota (Couto) e a júnior Tania Castiñeira (Hebe), mentres que as pratas foron para o júnior Adrián Pombo e David Rodríguez na categoría cadete. Houbo catro bronces en sénior (Katia Calvar, José Fernández, Sara Cortegoso e Iván García) e outros catro en júnior (Elena Pérez, Brais Iglesias Alba Vidal e Pablo Patiño). 

Selección galega absoluta

Nome e apelidos

Categoría

Peso

 

MIGUEL ÁNGEL CORTEGOSO ESTONLLO

 Técnico

MODESTO GONZÁLEZ ARIAS

 Técnico

ARGIBAY MONTERO, NICOLAS

Masculina

MOSCA

GALLEGA

POMBO ROMERO, ADRIAN

Masculina

SUPERLIXEIRO

GALLEGA

JOSE FERNANDEZ REY

Masculina

LIXEIRO

GALLEGA

LORENZO AMOEDO, LAURA

Feminina

MINIMOSCA

GALLEGA

CORTEGOSO LIMA, SARA

Feminina

MOSCA

GALLEGA

OGEA COSTAS, UXIA

Feminina

GALO

GALLEGA

GARCIA SUAREZ, SARA

Feminina

PLUMA

GALLEGA

GARCIA VIDAL, MIRYAM

Feminina

LIGERO

GALLEGA

PEREZ RIESCO, SOFIA

Feminina

MEDIO

GALLEGA

PARADA MARTINEZ, MANUEL

Masculina

PLUMA

GALLEGA

PIÑEIRO DEVESA, LUA MARIA

Feminina

SUPERLIXEIRO

GALLEGA

 

Selección galega júnior

Nome e apelidos

Categoría

Peso

Club

ELENA PÉREZ           

Feminina

-46

Natural Sport

MARÍA GONZÁLEZ              

Feminina

-49

Couto

ARLET ORTIZ                           

Feminina

-52

Mat’s

ALMA M. PÉREZ                   

Feminina

-52

Suh Sport

ALBA VIDAL                          

Feminina

-55

Kido Sport

CATIA GARCÍA                   

Feminina

-63

Mat’s

ANA DOSIL                      

Feminina

-63

Natural Sport

TANIA M. CASTIÑEIRA          

Feminina

68

Hebe

ALEJANDRO PAZ      

Masculina

-51

Natural Sport

DIEGO MARTÍNEZ

Masculina

-59

Natural Sport

JAVIER TORRADO                           

Masculina

-59

Suh Sport

PABLO PATIÑO         

Masculina

-63

Patiño

UNAI SILVA                                         

 

-68

Mace Sport

 

Selección galega cadete

Nome e apelidos

Categoría

Peso

Club

AINHONA GARCÍA RODRÍGUEZ      

Feminina

-55

Couto

IKER GARCÍA DE LA LLERA             

Masculina

-49

Natural Sport

MARÍA FERREIRO DOMÍNGUEZ

Feminina

-44

Couto

IRENE MONTEMUIÑO MARTÍNEZ               

Feminina

-47

Natural Sport

CLOE IGLESIAS RIAL           

Feminina

-59

Patiño

JULIÁN FEIJOO GÓMEZ

Masculina

-33

Couto

CARLA DIÉGUEZ VEIRA       

Feminina

-33

BoudSport

LUCIA DE LA IGLESIA DEL PRADO 

Feminina

-44

Maniotas

MANUEL CASTRO RODRÍGUEZ

Masculina

-37

BoudSport

VANESA ROO FERRER        

Feminina

-37

Natural Sport

 

 

 

Jueves, 08 Marzo 2018 00:00

O Tao, na final de Got Talent

Sabíamos que podían e fixérono! O Tao de Vigo logrou o pase a gran final de Got Talent. Houbo emoción de máis! Primeiro non se escoitaba a música e houbo que comezar de novo o exercizo. Despois quedaron ás beiras do pase de ouro. Máis tarde quedaron moi preto do pase polo voto do público dende casa e houbo que esperar á decisión do xurado, que recoñeceu o mérito e a espectacularidade do exercizo. Cos votos de Edurne e Risto... O Tao na final de Got Talent!

Aproximadamente en quince días, teremos unha nova cita diante da tele! Noraboa ao Tao e ao taekwondo galego! Grazas a tod@s @s que apoiaron o seu traballo!!!!

Mañá mércores 7 de marzo (a partir das 22:00 horas) o Tao de Vigo participará na semifinal do programa Got Talent de Telecinco co obxectivo de lograr o pase do taekwondo galego á final deste espazo televisivo de talentos.

 O conxunto galego está formado por Samuel Meilán, Manuel Rodríguez, Samuel Alves, Jorge Posada, Iago Davila, Hugo Davila, Sara Davila, Celia García, Alicia Pérez e Eva Morales. Entre eles hai medallistas europeos ou mundiais coma Samuel Meilán, Manuel Rodríguez ou Samuel Alves. O equipo realizará unha exhibición de dous minutos de duración coa que intentarán sorprender ao xurado e ao público que vexa o espectáculo dende casa.

 O programa é en directo e o público terá un papel fundamental. Cando chegue o momento da actuación do Tao, aparecerá en pantalla un teléfono e haberá só dez minutos para votar nese número. E deses votos depende o paso a final, porque o participante máis votado polo público pasa directamente á final. Os que queiran votar mañá terán que desbloquear o teléfono para tarifas especiais (905 e 906), senón non permite votar. O custe da chamada é de 1,50 euros.

 Este verán (aínda que o programa emitiuse o día 12 de febreiro) as e os rapaces do Tao acadaron o pase a semifinal e xa sorprenderon ao público e o xurado e agora prometen aínda máis espectáculo.

 

 

Página 14 de 55