Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Jueves, 01 Noviembre 2018 00:00

O Tao, campión galego de exhibición adultos

O Tao de Vigo proclamouse campión galego de exhibición na categoría sénior, nunha fermosa competición celebrada en Vilagarcía na que os clubs galegos volveron amosar que son os mellores, sorprendendo ao público con acrobacias case imposibles.

Desta forma, o Tao logrou o título de campión galego, mentres que o subcampionato foi para o Yidam CEIP Balaídos (tamén de Vigo). O podio completouse co Mace Sport de Pontevedra e o Olimpic de Vilagarcía. Noraboa a tod@s!!!!

Esta fin de semana (o domingo pola tarde) celebrarase en Pontevedra (Pavillón Príncipe Felipe) o Campionato de España de Exhibición, no que novamente os clubs galegos volverán brillan con luz propia.

Máis de 1.200 deportistas participarán no XXI Campionato Internacional de Taekwondo Cidade de Pontevedra que se vai a desenvolver no pavillón Príncipe Felipe os días 3 e 4 de novembro.

Hoxe tivo lugar no Concello de Pontevedra o acto de presentación do evento que reunirá na cidade a taekwondistas de todos os equipos de Galicia, de León, Zamora, Canarias, Mallorca, Madrid, Tenerife, Asturias e Bilbao, ademais de equipos de Portugal e Porto Rico. No acto participaron a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro: o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz; a deputada provincial Montse Magallanes; Carmen Fernández, representante de Abanca e Miguel Cortegoso, do Club Mace-Sport de Pontevedra.

O campionato terá o seguinte guión:

Sábado, 3 de novembro

- De 9.00 a 14.00 horas. Combate junior e infantil

- De 14.00 a 20.00 horas. Combate alevín e cadetes

Domingo 4 de novembro

- De 9.00 a 14.00 horas. Combate absoluto e máster

- De 9.30 horas a 14.00 horas. Técnica

- De 16.00 a 18.00 horas. Exhibición.

Miércoles, 31 Octubre 2018 00:00

Clasificados para a Copa Xunta de técnica

A pasada fin de semana (27 e 28 de outubro) celebráronse as catro Copas Deputación de técnica, das que saíron as e os clasificados para a Copa Xunta.

Nos documentos adxuntos tedes tod@s @s clasificados.

Esta fin de semana (27 e 28 de outubro) celebraranse as catro fases provinciais de técnica adulto e infantil da Copa Deputación na que participarán preto de 1.000 deportistas.  Ademais, o domingo 28 disputarase, á vez que a Copa de Pontevedra en Vilagarcía, o Campionato Galego de Exhibición de adultos.

 Copa Deputación. O sábado 27 terán lugar as fases provinciais de A Coruña, Lugo e Ourense. A proba da provincia da Coruña disputarase no Pavillón Municipal O Conchido de Serra de Outes (Praza de Galicia, s/n), organizada pola Natural Sport Riveira, coa participación de 244 deportistas.

 Na fase de Ourense (organizada polo club Couto e que se disputará no Pazo dos Deportes Paco Paz da capital ourensá) competirán 109 deportistas, mentres que Lugo (co Neka como organizador) contarán con 183 taekwondistas no Pavillón Municipal de Taboada (Rúa Trapero Pardo s/n).

 A fase provincial de Pontevedra, organizada polo Olimpic no Pavillón de Fontecarmoa en Vilagarcía, será a única que se dispute o domingo (a partir das 9:00 horas) e a que ten a maior inscrición (421). Ademais, ás 11:00 horas celebrarase o Campionato Galego de Exhibición de Adultos, no que poderemos gozas coas exhibicións dos clubs Mace Sport, Olimpic, Tao e Yidam. Espectáculo asegurado.

 Hai que recordar que 1/3 dos participantes das Copas Deputación da categoría amateur acadará a participación para a Copa Xunta, que se disputará a mediados de decembro en Vigo. Dende hai un par de anos a Copa Deputación, ademais da categoría amateur, inclúe a competitiva, na que a metade dos participantes clasifícanse para a Copa Xunta, na que estarán en xogo puntos para o ránking galego de técnica (clasificatorio para os Campionatos de España).

 A Federación Galega de Taekwondo repartirá un agasallo entre todas e todos os participantes, xa que o obxectivo prioritario desta competición é a participación e a promoción deste deporte. Estas probas son patrocinadas polas deputacións provinciais e organizadas pola Federación Galega de Taekwondo en colaboración cos clubs Natural (A Coruña), Neka (Lugo), Couto (Ourense) e Olimpic  (Pontevedra).

 

 

 

 

 

 

 

Esta pasada fin de semana (13 e 14 de outubro) celebrouse o Campionato Internacional Cidade de Ribeira, coa participación de uns 700 deportistas. O sábado celebrouse a modalidade de combate, mentres que o domingo tivo lugar a de técnica, exhibición e freestyle.

Nos documentos adxuntos tedes os resultados.

 

Esta fin de semana (13 e 14 de outubro) disputarase, no Polideportivo Municipal da Fieiteira, o XVIII Campionato Internacional Cidade de Riveira con 700 participantes das modalidades de combate, exhibición, técnica e freestyle, nun torneo de categoría RG-3, puntuábel para o ránking galego. Ademais, hai 120 técnicos acreditados, case 100 árbitros (46 de combate e 35 de técnica) e 40 voluntarios para conseguir que todo funcione ben.

 

O sábado 13 celebrarase a competición na modalidade de combate (Infantil, Precadete, Cadete, Júnior, Absoluto e Máster), con 500 deportistas, mentres que o domingo terá lugar a competición de poomsaes, exhibición e freestyle con 200 participantes inscritos.

 

Instalaranse 7 áreas de competición para desenvolver unha competición na que participarán clubs de Portugal e outras comunidades autónomas como a selección de Madrid e  clubs de Asturias, Zamora, País Vasco, etc. A participación por xéneros está moi parella, sendo un 55% masculina e 45% feminina nas categorías de combate, e inverténdose as porcentaxes nas de técnica.

 

O torneo será, un ano máis, organizado polo Natural Sport Videlgi, coa colaboración da Federación Galega de Taekwondo e o Concello de Riveira.  Gardarase un minuto de silencio polas vítimas das riadas de Mallorca.

 

 

CRONOGRAMA

 

  • Venres 12: Montaxe de tapices e pesada dos deportistas.

 

  • Sábado 13: Campionato de Combate

          9:00 – 14:00: Categorías Infantil/Precadete/parte de Cadete/Absoluto/ Máster.

           16:00-21:00: Categorías Cadete e Júnior.

 

  • Domingo 14: Campionato de Técnica

           9:00-14:00: Técnica, Freestyle e Exhibición

 

 

O custe da entrada será de 3 euros por unha sesión e de 5 polos dous días de competición.

 

Página 4 de 55