Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Galicia proclamouse campioa de España de freestyle na clasificación por equipos, no campionato que se celebrou hoxe Marina D´Or (Castellón). As e os deportistas galegos acadaron un total de 15 medallas (3 ouros, 4 pratas e 8 bronces).

 

Ingrid Gómez (Tao) logrou a medalla de ouro, ao ser a mellor na categoría individual de máis de 18 anos. Ademais, Andrea Vilas e Anxo Costa (Tao) acadaron o ouro en Parella de menos de 17 anos e o mesmo fixo o quinteto de máis de 18 formado por Nerea Alamancos, Samuel Meilán, Ingrid Gómez, Alejandro Losada e Manuel Rodríguez (Tao).

 

As pratas foron para: Ángel López do Mace (-17), a parella do Moo  Duk Kwan formada por Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (parella -17), o quintento do Hebe formado polos deportistas do Hebe  Bárbara Di Martino, Manuel Paz, Daniel Redondo, Álvaro Portela e Nerea Budiño (quinteto -17)  e o quinteto de maís de 18 anos formado por Sandra Mosquera, Nazaret Licer, Paula Gómez, Marcos Silva e Gabriel Moral, logrou a segunda posición.

 

Galicia tamén logrou 8 bronces: Eirim Vaamonde (Yidam); Iago Pita (Mace) e Adrián Ventín (Mace) (-17); Bárbara Di Martino e Manuel Paz (Hebe) e Sarai Pazos e Ángel López (Mace) lograron os seus respectivos bronces en parellas de -17 anos; en parellas de máis de 18 anos houbo dúas medallas: Gabriel Moral e Sandra Bouzas (Olimpic) e Alejando Losada e Ingrid Gómez (Tao) e por último sinalar o bronce do quinteto de máis de 18, formado por Angel López, Iago Pita, Adrián Ventín, Sarai Pazos e María Peón (Mace).

 

O freestyle segue amosando un enorme crecemento nestes escasos tres anos que leva no calendario mundial. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes.

 

Resultados 2014. Na modalidade de freestyle o pasado ano Galicia tamén logrou o título por equipos  logrou un total de 10 preseas.

 

 

Galicia acadou un total de 24 medallas nos Campionatos de España de Técnica Infantil e Adulto (8 medallas no infantil e 16 no adulto), que se celebraron hoxe en Marina D´Or (Castellón). Na clasificación por equipos, Galicia foi segunda na categoría infantil. Mañá celebrarase o Campionato de Freestyle. Este torneo decidirá (xunto ao Open de España) a selección de deportistas que acudirán ao Europeo que se celebrará en Serbia o 27 de xuño

 

Campionato Infantil. A selección galega logrou un total de sete medallas, as que hai que sumar a prata acadada por Ángela Paz (Hebe), que viaxou co seu club. En total oito medallas para deportistas galegos (3 ouros, 4 bronces e 1 prata), que ademais lle deu a Galicia a segunda posición na clasificación xeral por equipos.

 

Neste campionato infantil participaron un total de 291 deportistas das categorías alevín, benxamín, infantil e cadete. Alejandro Fernández (Neka) foi o mellor na categoría benxamín masculina cun total de 60 puntos e logrou a medalla de ouro. Nesta mesma categoría, Rubén Galdó (Han´s) acadou a medalla de bronce (55,3 puntos). En cadete feminino tamén houbo dobrete galego no podio: Lucía Penín (Kiap) foi a primeira clasificada con 67 puntos, mentres que Sarai Pazos (Mace Sport) foi bronce con 65,3. Ademais, logrou o posto máis alto do podio en cadete masculino Miguel Martínez (Kiap) con 44,1 puntos. E rematamos con dous bronces máis: Carla Pardo (Neka) en benxamín feminino e Iago Fraga (Kiap) en alevín feminino. Ademais, viaxando polo seu club, o Hebe, Ángela Paz, logrou a medalla de prata.

 

Campionato de España Adulto de Técnica. No Campionato da categoría adulta houbo 16 medallas galegas (3 ouros, 2 pratas e 11 bronces). Os mellores resultados foron para Samuel Meilán (Tao), que logrou a medalla de ouro en sénior 2 -igual que fixera hai pouco máis dun mes no Open de España celebrado en Pontevedra- e Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan), que tamén foi o mellor en cadete. Asimesmo, hai que destacar a Encarna Quintela (Hebe), que segue adestrando e acudindo aos campionatos, ao proclamarse campioa de España en Máster 4. Pola súa banda, Beatriz Queiro (Tao) logrou a medalla de prata en máster 2.

 

En individual tamén houbo bronces  para Mercedes Romero (Hebe) en Máster 1; Noelia Pérez (Hebe) en Sénior 2; Seung Han Shin Jang (Han´s) en Máster 1 e Santiago Rodríguez (Tao) en Máster 4.

 

Parellas. En parellas cadetes houbo dúas medallas para Galicia. Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (MDK) foron prata, mentres que o dúo formado por Manuel Paz e Bárbara Di Martino (Hebe) foron bronce. Medalla de bronce para a parella do Tao formada por Samuel Meilán e Alba Castro (Tao) en parellas 2.

 

En trío 1 feminino tamén houbo medalla galega para o equipo formado por Nerea Alamancos, Ingrid Gómez e Silvia Queiro (Tao), que se levou o bronce. En trío 2 feminino, tamén ocuparon o terceiro posto do podio o trío galego formado por Mercedes Romero, Tatiana Rivas e Noelia Pérez (Hebe).

 

E máis bronces para tríos galegos: En trío cadete masculino, medalla para o equipo formado por Manuel Paz, Daniel Redondo e Álvaro Portela (Hebe); para o trío júnior feminino (Eirim Vaamonde, Silvia Fernández e Iria Pena do Yidam) e para o trío 1 masculino formado por Isaac de Becerra, Manuel Rodríguez e Alejandro Losada (Tao).

 

O domingo celebrarase o Campionato de freestyle con 86 participantes. O freestyle segue amosando un enorme crecemento nestes escasos tres anos que leva no calendario mundial. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes.

 

Resultados 2014. Galicia logrou un total de 14 medallas (tres ouros, catro pratas e sete bronces) no Campionato de España de técnica adulto, que se celebrou o pasado ano tamén en Marina D´Or  (Castellón). Ademais, na modalidade de freestyle Galicia arrasou con dez  medallas e o título por equipos. Na categoría infantil, a selección galega infantil de técnica acadou un total de cinco medallas (dous ouros e tres bronces) e na clasificación por seleccións territoriais, Galicia logrou a medalla de bronce.

 

 

 

Galicia acadou 8 medallas no Campionato de España de Técnica Infantil, que se celebrou hoxe en Marina D´Or (Castellón). A selección galega logrou un total de sete medallas, as que hai que sumar a prata acadada por Ángela Paz (Hebe), que viaxou co seu club. En total oito medallas para deportistas galegos (3 ouros, 4 bronces e 1 prata).

Neste campionato infantil participaron un total de 291 deportistas das categorías alevín, benxamín, infantil e cadete. Alejandro Fernández (Neka) foi o mellor na categoría benxamín masculina cun total de 60 puntos e logrou a medalla de ouro. Nesta mesma categoría, Rubén Galdó (Han´s) acadou a medalla de bronce (55,3 puntos). En cadete feminino tamén houbo dobrete galego no podio: Lucía Penín (Kiap) foi a primeira clasificada con 67 puntos, mentres que Sarai Pazos (Mace Sport) foi bronce con 65,3. Ademais, logrou o posto máis alto do podio en cadete masculino Miguel Martínez (Kiap) con 44,1 puntos. E rematamos con dous bronces máis: Carla Pardo (Neka) en benxamín feminino e Iago Fraga (Kiap) en alevín feminino. Ademais, viaxando polo seu club, o Hebe, Ángela Paz, logrou a medalla de prata.

O sábado 30 de maio celebrarase en Vilalba a final galega de taekwondo escolar na modalidade de combate, na que participarán 220 deportistas que lograron a súa clasificación nas fases provinciais.

 

A final da modalidade de combate comezará ás 09:30 horas nos seis tapices dispostos para a competición. En total celebraranse aproximadamente 160 combates  para deportistas das categoría alevín (nados nos anos 2003 e 2004) e infantil (nados nos anos 2001 e 2002), que serán dirixidos por 31 árbitros. As e os deportistas competirán coas pertinentes proteccións, pero na categoría alevín non están permitidos os golpes á cabeza, co obxectivo fundamental de protexer a seguridade dos nenos e nenas. Tamén co obxectivo de protexer aos cativos non poderán participar nesta competición os medallsitas ouro e prata nos Campionatos Galegos Cadetes ou membros da selección galega.

 

Para participar na final, as e os deportistas tiveron que quedar na metade mellor clasificada nas fases provinciais. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que delega. Esta final é organizada polo Moo Duk Kwan.

 A selección galega de técnica participará esta fin de semana (30 e 31 de maio) no Campionato de España de técnica infantil, sénior e freestyle, que se celebrará en Marina D´Or  (Castellón). A Federación Galega de Taekwondo ten inscritas neste torneo a unha selección infantil (14 integrantes), outra adulta (42) e unha terceira de freestyle (16) ademais de aqueles/as deportistas que viaxan cos seus clubs. O Campionato decidirá (xunto ao Open de España) a selección de deportistas que acudirán ao Europeo que se celebrará en Serbia o 27 de xuño.

 

O sábado terá lugar o Campionato de España Infantil de Técnica con 291 participantes e o adulto con 391 deportistas inscritos. O Campionato de España é unha competición individual na que as e os deportistas teñen que realizar un par de pumses (depende da categoría e do número de participantes). Os oito primeiros clasificados chegan á final, onde realizarán o último exercizo (no caso dos adultos, son dous) e de onde sairán as medallas (ouro, prata e dous bronces).

 

Ademais, o domingo celebrarase o Campionato de freestyle con 86 participantes. O freestyle segue amosando un enorme crecemento nestes escasos tres anos que leva no calendario mundial. Esta modalidade é unha combinación libre de técnicas de taekwondo con coreografía e música, polo que resulta moi atractiva tanto para o público coma para os propios practicantes.

 

Resultados 2014. Galicia logrou un total de 14 medallas (tres ouros, catro pratas e sete bronces) no Campionato de España de técnica adulto, que se celebrou o pasado ano tamén en Marina D´Or  (Castellón). Ademais, na modalidade de freestyle Galicia arrasou con dez  medallas e o título por equipos. Na categoría infantil, a selección galega infantil de técnica acadou un total de cinco medallas (dous ouros e tres bronces) e na clasificación por seleccións territoriais, Galicia logrou a medalla de bronce.

 

 

Nestes enlaces, tedes as convocatorias da Federación Galega para este campionato:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1432-convocatoria-cpto-esp-tecnica-inf

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1421-convocatoria-cpto-esp-tecnica

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1422-convocatoria-cpto-esp-freestyle

 

 

 

 

 

A selección galega júnior acadou hoxe un total de 27 medallas (14 ouros, 7 pratas e 6 bronces) na Copa Cidade da Coruña, na que participaron un total de cincocentos deportistas.

Os ouros foron para: Ainhoa García (-44, Natural Sport Riveira), Sara Cortegoso (-46, Mace Sport), Gema Paz (-49, Natural Sport), Jéssica Blanco (-55, Mace Sport), Laura Dosil (-59, Natural Sport Riveira), Antía Pérez (-68, Budo), Ainhoa Boubeta (-68, Patiño), Abel Seoane (-63, Natural), Rubén Troitiño (-73, Mat´s), Anxo Fernández (78, Arte e Movemento), Nicolás Argibay (-59, Taekanart), Xabier Fernández (-55, Escola Lucense), Gabriel García (-68, Seung Sport) e Miguel Orro (-48, Natural Sada).


As pratas foron para: Alberto Bautista (-45, Budo), Sara Toucedo (-42, Maniotas), Sabela García (-55, Patiño), Sofía Pérez (-68, Natural Sada), Javier González (-63, Mace Sport), Adrián Pombo (-73, Natural Sport) e Lorena Pardo (-68, Garrapucho).


Por último, a selección galega acadou seis bronces: Mario Brenlla (-51, Maniotas), Alberto Verea (-48, Maniotas), Alex Acuña (-78, Taekanart), Uxía Ogea (-52, Garrapucho), Myriam García (-63, Patiño) e Ainhoa Ramos (-63, Luar).


Este torneo era preparatorio do Campionato de España da categoría.

 Este sábado 16 de maio celebrarase a décima edición da Copa Cidade da Coruña de Taekwondo no Pavillón de Los Rosales (a partir das 09:00 horas) coa participación duns 500 deportistas de 32 equipos de Galicia, Cantabria, Castela e León e Portugal.

 

 Este ano o torneo está dedicado ás categorías cadete (nados entre 2001, 2002 e 2003), júnior (nados entre 1998, 1999 e 2000) e infantil (2004, 2005 e 2006). Contarase co sistema de petos electrónicos que se utilizarán nos Xogos Olímpicos de Río. Na proba participarán medallistas nacionais destas categorías, así coma a selección galega júnior que está a preparar o próximo campionato de España.

 

Como todos os anos con motivo da organización do campionato, a Escola de Taekwondo Garrapucho organiza unha recollida de alimentos en favor da Cociña Económica. Así, todo o que queira colaborar, pode dar a súa achega no pavillón. A entrega realizarase alí mesmo aos responsables da centenaria institución coruñesa.

 

Este torneo está a ser organizado pola Escola de Taekwondo Garrapucho en colaboración co Concello da Coruña e a Federación Galega de Taekwondo.

 

A deportista viguesa Ruth Tilve Costas, membro da selección galega e subvencionada no CGTD, foi invitada pola Federación Belga de Taekwondo para adestrar e participar no Sparring Camp de Taekwondo, que se celebra entre os días 14 ao 17 de maio en Bruxelas.

Na categoria de Ruth(-46 quilogramos) asistiran deportistas de Dinamarca (HEDIYE DILARA), Alemaña (IOANNA ANDREOPOULOU) ou Francia (MATHILDE DOURDIN), entre outras.

A galega Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport Riveira) caeu na primeira rolda do Mundial de Taekwondo, que se está a disputar estes días en Chelyabinsk (Rusia). 

Lúa comezaba a súa competición fronte a marroquí Hakimo El Meslahy e foi un duro combate que se decidiu no último asalto a favor da marroquí (2-0). Un duro golpe para a nosa deportista que enfrontaba este Mundial con moitas ilusións e gañas de facer as cousas ben nunha tempada moi importante e ante a posibilidade de sumar moitos puntos para o ranking mundial.

Pero Lúa xa pensa no futuro, porque quedan por diante importantes probas para seguir sumando puntos cara ao obxectivo de clasificarse para os Xogos de Río 2016.

Moito ánimo Lúa e adiante!

 

A galega Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) competirá o xoves 14 de maio no Campionato do Mundo de Taekwondo, que se está a celebrar entre os días 12 e 18 de maio en Chelyabinsk (Rusia). A deportista galega comezará a súa competición fronte a marroquí Hakimo El Meslahy.

 

Lúa estivo concentrada xunto ao resto do equipo no CAR de Barcelona ata o día 9 de maio, no que partiron en dirección a Chelyabinsk. Este será o segundo Mundial no que participará Lúa: “O primeiro foi en México e despois de tres duros combates, quedei ás portas da medalla caendo 2-1 contra China Taipei, a cal acabou facendo final. Así que espero poder dar un pasiño máis e mellorar eses cuartos de México”.

 

Para a nosa deportista está concentración co equipo nacional foi moi positiva: “O certo é que levamos un ano moi duro no que só parabamos na casa para facer e desfacer a maleta, polo que con tanto campionato, o tempo para adestrar escasea moito. Por iso, na miña opinión, esta concentración facíanos moita falta. Estivemos dúas semanas en Madrid adestrando con Alemaña, Gabón, Noruega, Costa Rica e Venezuela, e por outro lado dúas máis en Barcelona. E aínda que estamos cansados polo duro traballo, somos un equipo moi unido e con moitas ganas polo que nos axudamos moito”.

 

Cando se lle pregunta polos obxectivos, Lúa nos sorprende cunha interesante historia: “Mira, no libro que estou a ler agora hai un capitulo que conta unha historia onde un rei quería casar a súa filla. O mandatario dixo que aquel que conseguise coa súa lanza atravesar o río se levaría a princesa. Os guerreiros máis fortes do lugar intentárono sen éxito ata caer exhaustos. Cando un campesiño pediu unha lanza todos se mofaron del, pero agarrou a lanza, colleu carreira, proxectou o metal e atravesou o río! Rapidamente o rei baixou a felicitar o novo heroe o cal lle respondeu: `Non me felicite, Maxestade, eu non conseguín o meu obxectivo... eu apuntaba ao sol´. O que quero dicir con isto, é que o meu obxectivo é o mesmo campionato tras campionato. Eu sempre apunto ao máis alto. Xa non me vale con só "facelo ben". É certo que ás veces se consegue e outras non, pero son consciente diso e aceptarei tanto a vitoria coma a derrota pero o meu obxectivo é claro: O ouro”.

 

As rivais máis duras neste Mundial son a sueca Elin Johnson, Anastasia Baryshnikova de Rusia, Habi Nyarede (Francia )e Chia Chia de Taipei. A caldense ten claro que este é o principal reto da tempada: “Dende logo! Aínda que este ano temos moitas ocasións de puntuar en grandes eventos como os Xogos Europeos para o mes, a Universiada para o seguinte e tres Grand Prix, este é o que máis vale: 120 puntos!”.

 

Página 51 de 55