Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Os noruegos Joachim Wien e Nina Bansal lograron o ouro en sénior 1 no Open de España de técnica, que se celebrou hoxe en Pontevedra.  Foi unha primeira xornada de competición moi intensa coa participación de case cincocentos deportistas inscritos para participar nas modalidades de técnica, freestyle e exhibición.

 

A xornada comezou ás oito da mañá coa técnica. Foron oito horas de competición ininterrumpida e moita calidade sobre o tapiz. En sénior 1 houbo dobre triunfo para deportistas noruegos. Nina Bansal (feminina) e Joaquim Wien (masculina) lograron o ouro en dúas preciosas finais. Curiosamente, o noruego sempre di que lle ten moito cariño ao Open de España pois foi a primeira proba internacional importante na que logrou unha medalla. Tamén hai que destacar o traballo do vigués Samuel Meilán en sénior 2, onde logrou a medalla de ouro nunha apertada e emocionante final. En chicas, triunfo de Laura Kim, a campioa do mundo, que seguen amosando a súa clase. Outros triunfos galegos foron os de Beatriz Queiro (máster 2, Tao), Gabriel Tembrás (cadete, Moo Duk Kwan), a parella formada por Samuel Meilán e Alba Castro (parella de + de 30, Tao) e o ouro de Encarnación Quintela en máster 4.

 

En total Galicia logrou 5 ouros, 3 pratas e 12 bronces na primeira xornada do Open de España. Ademais dos catro ouros, as pratas foron para a parella cadete formada por Felpeto Rodríguez e Gabriel Tembrás; o trío cadete masculino (Manuel Paz, Álvaro Portela e Daniel Redondo) e Santiago Rodríguez en + de 65 anos.

 

Os bronces foron para Seuhng Han Shin Jang en -50 anos; Noelia Pérez en -40 anos; Óscar Rey en -60 anos; Manuel Paz e Ángel López en cadete; o trío cadete masculino formado por Ángel López Ventín, Silva Pazos e Ventín Santos; parella masculina de + de 30 anos (Andrade, Penín); equipo júnior masculino (López Timiraos, Losada Rodríguez e Rey Cuadrado)trío feminino de + de 30 anos (Noelia Pérez, Tatiana Rivas, Mercedes Romero); trío júnior feminino (Silvia  Fernández, Iria Pena, Eirim Vaamonde); trío de menos de 30 anos (A. Guagua, A. Losada e M. Rodríguez) e o club Patiño logrou o bronce no trío cadete feminino (M. Abalde; M. González e L. Santomé).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Jueves, 09 Abril 2015 00:00

Mañá comeza o Open de España

Chegou o momento dos deportistas. Despois de meses de traballo na organización, agora é o momento da competición. Ao longo de todo o día de hoxe intensificouse o traballo para que todo estea disposto mañá ás 08:00 horas, cando comezará a Competición de Técnica do Open de España con 464 deportistas inscritos.

 

Hoxe foi o momento das acreditacións, de adestramentos, de preparación do pavillón para acoller aos deportistas a partir de mañá durante tres días dun completísimo programa de competición para acoller a máis de 1.700 deportistas de 49 países do mundo.

 

O torneo comezará o venres (08.00 horas) coa celebración do Open de España de técnica en cinco áreas de competicións, mentres que pola tarde (a partir das 15.00 horas) terá lugar a competición na modalidade de freestyle e a exhibición comezará ás 17.00 horas (en ambos casos con só dous tapices.  A celebración do Open de España en Pontevedra permite a participación dun maior número de galegos. A Federación Galega de Taekwondo presente a 88 deportistas en técnica e 71 en exhibición, ademais da inscrición doutros taekwondistas galegos a través dos seus clubes.

 

O prezo da entrada diaria para os adultos será de 5 euros, mentres que os nenos de menos de 14 anos poderán entrar gratis presentando a invitación que aparece na web www.taekwondogalego.com  (deberán levala impresa).

 

Ademais, todos os interesados poderán seguir o Open de España a través da páxina web da Federación Galega de Taekwondo (www.taekwondogalego.com) , que estará retransmitindo o evento por oito canais diferentes, de forma que se cubrirá a totalidade da competición.

 

 

 

CALENDARIO COMPETICIÓN

VENRES, DÍA 10

  • Open de España de técnica: A partir das 08.00 horas.
  • Open de España de freestyle: A partir das 15.00 horas.
  • Open de España de exhibición: A partir das 17.00 horas.

José Fernández (-74 quilogramos, Natural Sport Riveira) será outro dos deportistas galegos que participarán no Open de España G-1. Despois de pasar anos complicados por graves lesións, esta tempada está acadando moi bos resultados e gozando de cada momento. Non quere falar do futuro, prefire “gozar do que vivo e podo vivir, que é o presente”. O que non oculta é que lle fai moita ilusión competir en Galicia e que espera que este torneo sirva para motivar aínda máis aos pequenos a “seguir practicando este deporte”.

 

  • Por primeira vez celebrarase o Open de España en Galicia. Que significa para ti?
  • É unha oportunidade para que todos os afeccionados do taekwondo en Galicia poidan gozar dun grande espectáculo. Espero que motive a grandes e pequenos a seguir practicando. Recordo o Campionato do Mundo que se celebrou en Madrid: Para min foi unha motivación para seguir practicando e adestrando. Persoalmente significa poder gozar dun Open G-1 cos meus seres queridos, sinceramente.

 

  • Galicia é unha potencia deportiva en España e agora toca organizar o maior evento deportivo de taekwondo que se celebra en España. Que esperas deste campionato a nivel organizativo?
  • Galicia sempre organizou moi ben, polo menos dende que eu teño uso de razón para valoralo. Xa se celebrou un Campionato de Europa sub-21, no que creo que todo o mundo estivo moi cómodo. E hai so uns meses disputouse o Campionato de España de Clubs, tamén en Pontevedra, cun montón de participación e moi bo desenvolvemento. Digamos que as boas expectativas de organización están ben avaladas.

 

  • Que esperas deste Open a nivel deportivo para ti?
  • Hai un alto nivel!! Eu espero poder render o máximo posible dentro das miñas capacidades, como sempre. Poder gozar da concentración que esixe un evento destas características.

 

  • A quén destacarías como principais rivais?
  • Como te digo, hai un alto nivel, con grandes competidores. Vin as listas e sinceramente todos os que recoñezo son competidores realmente estupendos. Así que se pode dicir que o meu principal rival son eu mesmo, no sentido de que non podo controlar o nivel dos meus opoñentes, pero podo influír e guiar a miña conduta, o que eu fago. E con esa idea intentar superar as situacións que xurdan.

 

  • Competir en casa é unha vantaxe ou pode ser negativo?
  • A verdade é que non me formulei a idea de pelexar na casa, simplemente preparo unha competición máis. Pero dende logo que é unha vantaxe, porque os meus seres máis queridos poden gozar diso e sentir un pouco o mesmo que sentimos cando estamos a pelexar a miles de quilómetros de distancia. Ademais o familiar, faite sentir cómodo, sen dúbida.

 

  • Despois do calvario de lesións que viviches, todo sabe mellor?
  • Uff, non sei moi ben como contestar a esta pregunta. Diría que cambiou a forma en que vexo as cousas. Aprendes a ser máis equilibrado, máis ecuánime. Digamos que o bo sabe máis ou menos igual e o malo non amarga tanto. Tamén gocei moito axudando aos meus compañeiros, en especial ao meu irmán Juan e ao meu colega José Real, diría que mesmo máis que das miñas propias actuacións. E a verdade tiven moita sorte de ter nos peores momentos a axuda insubstituíble de Cristian Fernández e Marcos Gomez da clínica CEO osteopatía.

 

  • Que balance fas da tempada ata agora?
  • Creo que en xeral dei un bo rendemento. Conseguín dar bo nivel en varias ocasións. Creo que o meu irmán e eu estamos a facer un bo traballo. Agora tocoulle a el pasar polo inferno das lesións. Cambiaríalle o lugar sen dubidalo. Sufro tamén por el.

 

 

O Open de España de Taekwondo, o torneo máis importante deste deporte dos que se celebran en España, reunirá os días 10, 11 e 12 de abril en Pontevedra a máis de 2.300 persoas de 49 países diferentes, superándose todas as previsións iniciais.

 

Hoxe tivo lugar o acto de presentación do Open de España de Taekwondo coa participación do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; a directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Elena Fernández; o presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz e o presidente do Mace Sport, Miguel Cortegoso.

Na rolda de prensa, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou a importancia que ten este torneo, “un dos máis importantes do mundo” e a repercusión que terá na hostalería da cidade e dos municipios dos arredores, “xa que terán unha ocupación total nesta longa fin de semana, polo que será unha continuidade da Semana Santa”.

 

O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, indicou que “o importante é que Pontevedra volve a ser unha referencia mundial no deporte” e ademais da enorme repercusión económica que ten para a cidade o feito de que “somos dalgunha forma patrocinadores indirectos de moitos deportistas que se este torneo se celebrase en outro lugar non poderían participar por motivos económicos”.

 

Elena Fernández, directora do CGTD, agradeceu a aposta do Concello de Pontevedra por este tipo de eventos e manifestou a súa confianza en que “Lúa Piñeiro poda seguir sumando puntos para participar nos Xogos de Río”.

 

O presidente da Federación Galega, Juan Carlos Eiriz, quen agradeceu o patrocinio do Concello de Pontevedra, recordou que Galicia cé una potencia no taekwondo a nivel español e manifestou a súa absoluta confianza en que este torneo volverá a amosar o bo nivel organizativo do taekwondo galego, “tal e como xa sucedeu no Campionato de España de Clubs celebrado hai uns meses”.

 

Por último o presidente do Mace, Miguel Cortegoso, que se atopa ao fronte da organización do evento, explicou que “este tipo de eventos serven para facer crecer a base, xa que poderán ver a acción aos mellores taekwondistas do mundo”. Neste torneo, da categoría G-1, será obrigatorio o uso de cascos electrónicos, e a entrada terá un prezo moi asequible (5 euros para cada día de competición para os adultos). Os nenos de menos de 14 anos tendrán entrada gratuíta.

 

Galicia acadou un total de 32 medallas (11 ouros, 9 pratas e 12 bronces) no III Open Nacional de Taekwondo Cidade de Cantalejo. Ademais a Federación Galega recibiu o premio ao equipo máis numeroso e María Ping (-33, Patiño), foi elixida a mellor competidora feminina do torneo.Noraboa para todas e todos!

A continuación tedes todos os medallistas:

Ouros: Katya García (+59, Mat´s)
Alba Vidal (-59, Kido)
Ana Dosil (-51, Natural)
Ohiana Gallego (-47, Taekanart)
María Ping (-33, Patiño)
Óscar Ortigueira (-57, Maniotas)
Diego Pampín (-53, Wellness Sport)
Miguel Lamelo (-49, Garrapucho)
Diego Martínez (-45, Natural)
Alejandro Paz (-41, Natural)
Isaac Blanco (- 33, Maniotas)


Pratas: Martina Maroñas (+59, Natural)
Pilar Davila Ozono (-59, Ozono)
Lidia Outeiral (-51, Sares)
Leticia Trigo (-44, Patiño)
Nerea Piedras (-33, Taekanart)
Moisés Cameán (+64, Natural)
Rodrigo Varela (-57, Luar)
Sergio Gonzalo (-53, Natural)
Anxo Diaz (-37, Garrapucho)


Bronces: Maria Dasvilasboas (-59, Patiño)
Zaira García (-47, Maniotas)
Alba Muñiz (-44, Ozono)
Brian Franco (+65, Taekanart)
Jesus Veiga (+65, Maniotas)
Adrián Piñeiro (-61, Patiño)
Alejandro Lema (-61, Natural)
Diego Queiruga (-53, Natural)
Mario Caeiro (-45, Sares)
Alejandro Fernández (-37, Maniotas)
Angel Remuiñán (-37, Natural)
Sara Ferradas (-59, Patiño)

O domingo 5 de abril celebrarase en Guisamo (Bergondo) o Curso Internacional de Técnica e Exhibición, no que están inscritas 200 persoas. O curso será impartido polo equipo de Corea Shin Woo Hoe (campión do mundo de exhibición nos anos 2012 e 2013) e o mestre Song Ki Sung (campión do mundo).

O curso de técnica celebrarase pola mañá (de 11.00 a 13.00 horas) e o de exhi...bición a partir das 15.00 horas. Ademais o equipo coreano realizará unha exhibición a partir das 17.30 horas a porta pechada.

Día: 5 de abril
Lugar: Polideportivo Guísamo (Brea 176 A)

 

Galicia logrou un total de oito medallas (un ouro, catro prata e tres bronces) no Campionato de España sub 21, que se disputou hoxe en Tarragona coa participación de case 400 deportistas. A selección galega logrou sete medallas, mentres que a deportista do Hebe, Odhra Di-Martino, que viaxaba representando ao seu club, acadou un bronce máis.

 

O ouro foi para Xián Silva (-80, Mace Sport), que defendía o título do pasado ano. Xián Silva gañou na semifinal a Luis Mas (Cataluña) por 2-1 e logrou o primeiro posto no podio ao vencer na final a Víctor García (Madrid) por 9-4.

 

Ademais, houbo catro finais máis con representación galega. Pablo Fernández (-87, Mat´s) venceu na semifinal a Canarias (4-1), pero na final caeu fronte a Cataluña (9-5).

 

Anxo Fernández (+87, Arte e Movemento) eliminou en semifinais ao representante de Cataluña por 4-2, para perder no último e definitivo combate  contra Alejandro Vilariño (Madrid) por 15-5.

 

Na categoría feminina, dúas pratas galegas. Sabela López (+73, Patiño), gaña a semifinal a Zuriñe Padilla (Euskadi) por un rotundo 10-2. Na final, derrota fronte a Mariona Leyes (Cataluña) por 3-1. Beatriz Parada (-49, Natural Sport), gañou a semifinal (5-4) e perdeu na final contra Madrid (10-2).

 

 

Bronces. Laura Dosil (-62, Natural Sport) perdeu a semifinal contra Jone Magdaleno (Euskadi) por 5-0. Sara Cortegoso, (-46, Mace Sport) foi derrotada na semifinal por Marta Oliver (Baleares) por 12-5. Odhra Di-Martino (-67, Hebe) logrou a medalla de bronce, ao caer nas semifinais contra Cecilia Castro (Madrid).

 

A Federación Galega despraza viaxou cun equipo de 24 deportistas (13 rapaces e 9 mulleres), que sufriu dúas baixas inesperadas por lesión. Caeron da convocatoria non último momento Laura Centoira e Sandra Senra, ambas por lesións. Ademais, varios clubs presentaron deportistas pola súa conta.

 

Clasificación clubs cadete. A organización deu a coñecer hoxe a clasificación de equipos da categoría cadete, que se celebrou durante a xornada de onte e rematou moi avanzada a noite. Galicia logrou a segunda posición na categoría feminina e tamén na xeral. Dúas medallas máis para o equipo galego!

 

 

Galicia logrou hoxe, nunha xornada maratoniana, un total de trece medallas (8 da selección galega e 5 de clubs) no Campionato de España que se celebrou en Tarragona coa participación de máis de 450 deportistas. A selección galega acadou tres ouros (Unai Silva, Aitana Santomé e Tania Castiñeira), dúas pratas (Elena Currás e Noah Pena) e tres bronces (Brais Guardado, Ana Dosil e Daniel Corrales), mentres que por clubs houbo unha prata (Sergio Gonzalo) e catro bronces (Silvia García, Nerea Piedras, Brian Franco e Leticia Trigo). A competición rematou moi tarde e non se anunciaron aos resultados por equipos, que se darán a coñecer mañá.

 

A Federación Galega de Taekwondo sumou tres campións de España. Os ouros foron para Unai Silva (-57, Mace Sport) que superou na final a Baleares e logrou o primeiro posto no podio. En -55, Aitana Santomé (Patiño) tivo como principais rivais as representantes de Cataluña: Primeiro en semifinais e posteriormente na final. No peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) logrou o pase á final, tras superar nas semifinais a Violeta Pérez, de Euskadi, por 9-4. E a galega logrou o ouro gañando no último combate a Goizane Maestro (Euskadi) por un rotundo 9-3.

 

Pratas. En -29 tivemos un enfrontamento galego nas semifinais. Nerea Piedras (Taekanart) caeu contra Elena Currás (Patiño) e logrou a medalla de bronce. Pola súa banda, Currás tivo o ouro moi preto. Escapouse por nada. Enfrontouse na final a Blanca Calvo (Valencia) e o combate rematou con empate (2-2) e no punto de ouro (0-0). Desta forma, tivo que decidirse o campión de España por decisión arbitral e caeu a vitoria a favor da valenciana por só un rexistro. Prata para Currás e bronce para Nerea.

 

En -37, medalla de prata para Noah Pena (Patiño) logrou o pase á final tras superar á semifinal (6-3) contra Lorena Ortega (Cataluña). Na final perdeu contra Alba Palmer (14-2). A terceira prata galega foi para Sergio Gonzalo (-55, Natural Sport), que foi superado na final polo representante de Cataluña.

 

Bronces. En -44, Leticia Trigo (Patiño) conseguiu a medalla de bronce. Na loita por clasificarse para a final, caeu fronte a Madrid. Ana Dosil (-51, Natural Sport Riveira) acadou a medalla de bronce tras perder nas semifinais contra Esther Asensio (Cataluña) por un 0-1. Silvia García (Moo Duk Kwan) logrou o bronce en -59 quilogramos, tras caer nas semifinais contra a representante de Valencia (5-0).

 

En chicos, os bronces foron para: Brais Guardado (-65, Sares TKD) logrou a medalla de bronce. O deportista galego perdeu nas semifinais contra Cataluña. Daniel Corrales (Patiño) acadou o terceiro posto no podio no peso pesado. Perdeu nas semifinais contra Yeray Robledo (Taekwondo  Nazaret) por 6-1. Ademais, neste mesmo peso, Brian Franco (Taekanart) sumou outro bronce ao perder nas semifinais contra Andalucía (11-1).

As seleccións galegas cadete e sub 21 participarán esta fin de semana no Campionato de España que se celebrará en Tarragona e tentarán loitar polo podio.

O torneo cadete celebrarase o sábado 21, mentres que o sub 21 terá lugar o domingo 22. A selección galega cadete parte esta noite en autobús en dirección a Tarragona cun equipo formado por 31 deportistas (16 chicos e 15 mulleres). No Campionato de España están inscritos un total de 458  deportistas, que competirán sobre os seis tapices dispostos no Tarraco Arena.

O pasado ano, Galicia logrou un total de dez medallas (oito para a selección e dúas para deportistas de clubs galegos) no Campionato de España cadete que se celebrou en Marina D´Or (Castellón). En total, catro ouros, unha prata e cinco bronces para as e os deportistas galegos. Ademais, na clasificación por equipos Galicia foi prata na categoría masculina e na xeral. Javier González, Adrián Pombo, Artai Pazos e Pilar Rodríguez logrou as medallas de ouro.

Na categoría sub 21, a Federación Galega despraza (viaxa mañá venres pola noite) a un equipo de 24 deportistas (13 rapaces e 9 mulleres), que sufriu dúas baixas inesperadas por lesión. Caeron da convocatoria non último momento Laura Centoira e Sandra Senra, ambas por lesións. No torneo, que se celebrará o domingo a partir das oito da mañá, hai 370 deportistas inscritos.

Resultados 2014. Galicia logrou catorce medallas (once da selección e tres de clubs) no Campionato de España sub 21 2014 que se celebrou en Marina D´Or (Castellón). A selección galega sumou tres ouros (Sara Cortegoso, Xián Silva e Pablo Fernández), unha prata e sete bronces, aos que hai que sumar un bronce e dúas pratas de deportistas presentados polos seus clubs. Ademais, na clasificación por equipos Galicia foi prata na categoría masculina e feminina e bronce na xeral.

 

 

Convocatorias galegas para o Campionato de España 2015:

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1299-convocatoria-cadete-cpto-espana

 

http://www.taekwondogalego.com/fegatae2015/index.php/ximnasios/convocatorias/item/1298-convocatoria-sub21-cpto-espana

 

 

  

 

Bo traballo da selección galega que se desprazou ata Eindhoven para participar na 42 edición do Open de Holanda (G-2). Na categoría júnior, Sara Cortegoso logrou a medalla de prata, mentres que en adultos, Lúa Piñeiro foi a que estivo máis preto do podio, ao caer nos cuartos de final.

Prata para Sara Cortegoso. A galega Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) logrou o venres a medalla de prata no Open de Holanda (categoría júnior). En primeira rolda Sara superou a Seyma Catalbas (Alemaña) por un claro 18-9. Posteriormente, eliminou a Youssra El Boujjoufi (8-7) e nas semifinais a Ana María Kovcalija (Croacia) por  3-2. So caeu na final contra Luca Patakfalvy (Hungría) nun espectacular combate (10-14). Merecida medalla para Sara.

Ademais, tamén participaron na categoría júnior:

- Javier González (-63, Mace Sport): Gañou a Alemaña (19-9) e perdeu no segundo combate fronte a Noruega (6-8).

- Myriam García (-63, Patiño): Triunfo fronte a Holanda en punto de ouro e caeu contra Serbia (5-6).

- Laura Dosil (-59, Natural): Vitoria contra Alemaña (4-1) e perdeu contra Polonia (7-10).

Categoría sénior. Dos galegos que participaron o sábado no Open de Holanda foi Lúa Piñeiro a que estivo máis preto do podio. A taekwondista do Natural chegou aos cuartos de final, onde caeu fronte á rusa Katerina Derbeneva por un apertado 2-1. Lúa (-67) gañou en primeira rolda a Cristiana Rizzelli (Italia) por 3-0 e posteriormente á finlandesa Rossa Narhi (9-0).

No mesmo peso, Katya Calvar (Mat´s) gañou o primeiro combate contra á checa Iveta Jirankova (2-1) e caeu fronte a deportista de Exipto Seham Elsawalhy (número 4 do ranking) por 3-8.

Por último, sinalar que o sábado tamén competiu Borja Ríos (-59, Hebe), que caeu no primeiro combate de forma moi axustada contra o representante ruso Ilia Batrakov (8-7).

Domingo. Na última xornada do torneo participaban Xián Silva (Mace Sport) e José Fernández (Natural Sport), ambos en -74 quilogramos. Silva fixo un bo torneo no Open de Holanda, ao lograr gañar dous combates.

O pontevedrés superou a primeira rolda tras gañar a un taekwondista holandés (18-5), e posteriormente eliminou ao representante de Chipre (6-4). No terceiro combate tiña un duro rival, o representante iraní, que foi o que ao final logrou a medalla de ouro, e caeu eliminado (7-1).

Pola súa banda, José Fernández (-74, Natural Sport) caeu no primeiro combate contra Serbia (6-4).

Página 53 de 55