Comunicación Fegatae

Comunicación Fegatae

Nesta oportunidade non houbo medalla para a galega Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport) na competición internacional. Participou esta fin de semana no Open de Luxor e caeu nos cuartos de final.

Gañou na primeira rolda a Gulim Bibalayena (Kazakstán) nun duro combate (5-6) e caeu na moita por meterse nas semifinais fronte á italiana Cristiana Rizzelli (5-2).

E pésima sorte para Xián Silva (-74, Mace Sport). O deportista pontevedrés (actualmente adestrando no CAR de Murcia) tivo un problema na viaxe a Madrid, xa que o tren sufriu unha avería e tivo que ser remolcado. A pesar de que viaxaba con moito tempo de maniobra o retraso foi tan importante que non chegou a tempo de coller o avión para Exipto. Dende a Federación Española intentaron acadar un novo voo para chegar a tempo de competir pero foi imposible, polo que quedou fóra da competición.

Moito ánimo para Xián!

A nosa deportista Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport) logrou a medalla de prata no Open de Alejandría, torneo G1, puntuable para o ranking mundial. E estivo moi preto o ouro, porque só caeu na final fronte á campioa do mundo Haby Niare (Francia), no punto de ouro.

Nas semifinais superou con rotundidade á deportista holandesa Joyce Van Baaren (0-6).
Agora xa pensa no Open de Luxor, a próxima fin de semana.


Noráboa Lúa!

A selección galega de técnica logrou hoxe o primeiro posto na clasificaciòn xeral do Open Villa de Fuente Àlamo (Murcia). Galicia foi primeira na categorìa feminina, segunda na mascukina e primeira na xeral.

En total o equipo galego logrou catorce medallas. As e os medallistas foron: 
Gabriel Tembràs (MDK, cadete) - Ouro
Angel Lopez (Mace Sport, cadete) - Prata
Andrea Vilas (Tao, júnior) - Bronce
Oscar Penin (Kiap, sénior 1) - Ouro
Mercedes Romero (Hebe, máster 1) - Prata
Esperanza Fernández (Couto, máster 1) - Bronce
Bea Queiro (Tao, máster 2) - Ouro
Encarnacion Quintela (Hebe, máster 4) - Ouro
Parella cadete Tembràs e Beatriz Felpeto - Prata
Parella jùnior Andrea Vilas e Anxo Costa - Ouro
Parella 1 Paula Chinchilla e Oscar Penin - Prata
Trio cadete feminino Hebe - Bronce
Trio 1 feminino Olimpic - Prata
Trio 1 feminino Sares - Prata

Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) participará esta fin de semana (21 e 22 de febreiro) no Open de Alejandría, torneo G-!, puntuábel para o ránking mundial.

 

A galega partía hoxe xunto ao resto da selección española en dirección a Alejandría (Exipto), onde terá lugar este importante torneo que reunirá as primeiras do ránking mundial, coma Francia ou Rusia, polo que será unha dura competición. A nosa representante saltará ao tapiz o domingo, coa firme intención de sumar puntos para o ránking mundial. A taekwondista galega enfronta esta cita con moita ilusión, tralo título de campioa de España acadado a pasada fin de semana en Cartaxena, nunha emocionantísima final fronte a tamén galega Katya Calvar.

 

Lúa ten por diante un complicado mes. A próxima semana participará no Open de Luxor (G-2), competición na que tamén estará presente Xián Silva (Mace Sport). E posteriormente competirá en Suiza e Holanda. Así, no prazo dun mes estarán en xogo 60 puntos para o ránking mundial.

 

A selección galega de técnica, formada por 34 deportistas, participará o sábado 21 de febreiro no VII Open Internacional Villa de Fuente Álamo (Murcia) cadete, júnior e sénior. É un torneo cun alto nivel competitivo xa que conta coa participación de clubs e federacións punteiras en pumses como Catalunya ou Valencia.

 

Nas edicións anteriores participaron campións do mundo, campións de Europa e medallistas e finalistas en ambas citas, polo que os técnicos da Federación Galega de Taekwondo consideran que é un bo test para seguir medrando neste inicio de tempada.

 

CONVOCATORIA DA SELECCIÓN GALEGA

 

Nome e apelidos:

Club

Modalidades de participación

1

Gabriel Tembrás

MDK

CADETE / PARELLA CADETE

2

Manuel Paz

HEBE

CADETE/ PARELLA CADETE

3

Angel López

MACE-SPORT

CADETE

4

Yago Pita

MACE-SPORT

JÚNIOR / PARELLA JÚNIOR

5

Adrián Ventin

MACE-SPORT

CADETE

6

Carlos Rey

NEKA

JÚNIOR

7

José Roca

NEKA

CADETE

8

Cristian Castro

NEKA

CADETE

9

Anxo Costa

TAO

JÚNIOR/ PARELLA JÚNIOR

10

Óscar Penin

KIAP

SÉNIOR1 / PARELLA 1

11

Miguel Gutiérrez

SARES TKD CANGAS

SÉNIOR 1/ TRÍO 1

12

Sandro Caeiro

SARES TKD CANGAS

SÉNIOR 1/ TRÍO 1

13

Raúl Brun Sotel

SARES TKD CANGAS

SÉNIOR 1/ TRÍO 1

14

Marcos Silva

MACE-SPORT

SÉNIOR 1/ PARELLAS 1

15

Óscar Rey

KIAP

MÁSTER 2

16

Bárbara Di-Martino

HEBE

CADETE/PARELLA CAD/TRÍO CAD

17

Nerea Budiño

HEBE

CADETE/ TRÍO CADETE

18

Goretti Paz

HEBE

CADETE/ TRÍO CADETE

19

Sarai Pazos

MACE-SPORT

JÚNIOR/ PARELLA JÚNIOR

20

Andrea Vilas

TAO

JÚNIOR/ PARELLA JÚNIOR

21

Lucía Penín

KIAP

JÚNIOR

22

Paula Chinchilla

KIAP

SÉNIOR 1/ PARELLA 1

23

Sandra Bouzas

OLIMPIC

SÉNIOR1 /TRÍO 1

24

Paula Gómez

OLIMPIC

SÉNIOR 1/ TRÍO 1

25

Silvia Mosquera

OLIMPIC

SÉNIOR 1/ TRÍO1

26

Noelia Álvarez

OLIMPIA

SÉNIOR 2

27

Aroa Paulos

OLIMPIC

SÉNIOR 1

28

Mercedes Romero

HEBE

MÁSTER 1

29

Esperanza Iglesias

COUTO

MÁSTER 1

30

Beatriz Queiro

TAO

MÁSTER 2

31

Encarnacion Quintela

HEBE

MÁSTER 4

32

Sandra Gardini

YIDAM

MÁSTER1

33

Nazaret Licer

MACE-SPORT

SÉNIOR1 / PARELLAS 1

34

Beatriz Felpeto

MOODUKWAN

CADETE / PARELLA CADETE

 

Na clasificación por equipos, Galicia proclamouse subcampioa de España na categoría feminina, masculina e na xeral.

 

Galicia logrou un total de oito medallas (dous ouros, tres pratas e tres bronces) no Campionato de España sénior de combate que se disputou hoxe en Cartaxena coa participación de 250 deportistas. Con estes resultados, Galicia acadou  na clasificación por equipos o subcampionato na categoría masculina, feminina e na xeral. Os ouros foron para Lúa Piñeiro e José Fernández; as pratas para Katya Calvar, Sabela López e Adrián Jiménez e os bronces para Fernando Rascado, Francisco Padín e Xián Silva.

 

En -74 quilogramos masculino Galicia foi a gran protagonista, con tres representantes no podio. José Fernández (Natural Sport), que saía dunha lesión, fixo un campionato perfecto con cinco vitorias en outros tantos combates. Sufriu para meterse nas semifinais contra o representante de Madrid Álvaro Rodríguez ao que eliminou no punto de ouro, para atoparse en semifinais con Xián Silva (Mace Sport) ao que superou por 5-1. Na final tiña enfronte a Daniel Quesada e o galego, nun combate moi serio e concentrado, acadou a medalla de ouro (2-0). Así, primeiro posto para José, e dous bronces galegos (Xián Silva e Fernando Rascado).

 

Fernando Rascado (Natural Sport Riveira) logrou a medalla de bronce tras superar en cuartos a Manuel Beloqui (Madrid) por 3-0. O madrileño ten que retirarse do tapiz por lesión. Na semifinal, o vigués non puido superar a Daniel Quesada (3-1) e logrou a terceira posición no podio.

 

Pola súa banda, Xián Silva (Mace Sport) logrou o pase ás semifinais tras lograr un triunfo contundente contra o taekwondista de Extremadura Álvaro González (17-4). Na loita por meterse na final tivemos un cruce entre galegos (José e Xián) e gañou o máis veterán.

 

O outro ouro galego chegou na categoría feminina en -67 quilogramos. O magnífico estado de forma de Lúa Piñeiro (Natural Sport) e Katya Calvar (Mat´s) parecía indicar que poderíamos gozar cunha final galega se o sorteo non o impedía e así foi. Ambas foron dando pasiños cara á medalla. Katya eliminou á Aída Martínez (Valencia) nun combate controlado e apacible, para posteriomente enfrontarse a María Díaz (Cataluña) por un axustado 1-0. E así plantouse na final, onde tería que pelexar contra Lúa. Pola súa banda, a caldense gañou a semifinal contra Cecilia Castro (Madrid) por 2-1 e logrou o pase a ese combate estelar, onde ambas galegas estiveron a un nivel excepcional. Foi unha loita moi axustada que só puido decidirse no punto de ouro a favor de Lúa, despois de que se chegara ao remate dos tres asaltos con empate no marcador (3-3). Ao final, Lúa Piñeiro proclamouse campioa de España e Katya Calvar, subcampioa.

 

Ademais, Sabela López (Patiño) logrou a medalla de prata no peso pesado. Acadou a final, tras superar nas semifinais a Miriam Ortega (Madrid) por 11-13, pero non puido lograr o título fronte a Zuriñe Padilla (Euskadi). Caeu por 6-1.

 

A segunda medalla de prata galega foi para Adrián Jiménez (Natural Sport) en -54 quilogramos. O galego tivo un duro camiño ata as medallas. Deixou polo camiño a Jaume Torréns (Baleares) na primeira rolda e posteriormente a Carlos Javier González (Canarias) por 5-1. Na semifinal superou ao taekwondista de Madrid Jorge Canales (5-2) e só caeu na final contra Jesús Tortosa (Madrid) por 21-1. Medalla de prata para o galego.

 

En -68 Galicia logrou outro bronce grazas a Francisco Padín (Natural). Acadou o pase as semifinais gañando ao representante de Valencia Jesús Francisco Ruíz con bastante superioridade (8-3), pero neste penúltimo combate antes de loitar polo ouro, caeu fronte a Eduardo Longobardi (Baleares) por 7-2.

 

A selección galega participará o sábado 14 de febreiro (a partir das 08.00 horas) no Campionato de España sénior de combate, que se celebrará en Cartaxena. O torneo será clasificatorio para o Mundial de Rusia.

O combinado galego partirá en autobús esta noite en dirección a Cartaxena, onde terá lugar tanto a gala de entrega dos Premios Nacionais de Taekwondo coma o Campionato de España sénior. A selección viaxa coa intención de acadar bos resultados, sobre todo porque as e os deportistas buscarán a súa clasificación para participar no próximo mundial.

No equipo galego destacan deportistas cun magnífico curriculum e con posibilidades de loitar polo título, ademais de taekwondistas novos que veñen empurrando forte. Así contamos con medallistas nacionais e internacionais coma os irmáns José e Juan Fernández (ambos recuperados de sendas lesións), Fernando Rascado, Borja Ríos, Lúa Piñeiro ou Katia Calvar, por exemplo, e tamén cos máis novos Xian Silva (prata no Europeo sub 21) ou Sabela López, que o pasado ano xa logrou unha medalla no Campionato de España absoluto, a pesar da súa idade. No Campionato de España, que se celebrará nos seis tapices dispostos no pavillón central, participarán un total de 250 deportistas, 75 técnicos e 56 árbitros.

Resultados 2014. Galicia logrou un total de dez medallas (dous ouros, tres pratas e cinco bronces) no Campionato de España sénior de combate 2014 que se disputou en Cáceres. Con estes resultados, Galicia logrou na clasificación por equipos a medalla de bronce na categoría feminina, e foi prata na masculina e na xeral.

Os ouros foron para Juan Fernández e Lúa Piñeiro, mentres que as pratas foron para Xián Silva, Borja Ríos e Sabela López. Ademais, Galicia logrou cinco bronces para Miguel Cobas, Katia Calvar, Lara Ouviña, Francisco Padín e Fernando Rascado.

O traballo da Federación Galega de Taekwondo e de todos e cada un dos que formamos parte da familia do taekwondo galego será recoñecido no transcurso da gala dos Premios Nacionais de Taekwondo, que se celebrará o próximo día 13 de febreiro en Cartagena.

A Federación Galega recibirá o Premio Nacional a federación autonómica que mellor promocionou o noso deporte no ano 2014. Nesta categoría tamén resultarán galardonadas as federacións de Asturias e Andalucía.

Ademais, tamén teremos premios a nivel individual. Alejandro Vidal recibirá o Premio Nacional ao Deportista de Combate en categoría de Parataekwondo do ano 2014, mentres que a xuiza María Bautista Mestre recollerá a medalla de bronce ao mérito deportivo.

Dende a Federación Galega de Taekwondo queremos dar a noraboa a todos os premiados tanto a nivel individual coma colectivo.

A gala celebrarase o día 13 de febrero (20:00 horas) no salón de actos "Isaac Peral" da Facultade de Ciencias da Empresa de Cartagena.

O Concello de Bueu ofreceu onte 5 de febreiro unha recepción aos taekwondistas do Mat´s Luis Reiriz e Marina Estévez en recoñecemento á súa traxectoria.

Os deportistas foron recibidos polo alcalde do municipio, Félix Juncal, e o concelleiro de Deportes Xosé Leal.

Noraboa a ambos deportistas!

Esta pasada fin de semana celebrouse en Moaña os campionatos galegos cadete e sub 21 coa participación de case 250 deportistas.

A continuación tedes o enlace cos resultados de ambas categorías:

Cadete: https://www.dropbox.com/s/ozf8w5oz6460m6o/CPTO%20%20GALEGO%20CADETE%202015.pdf?dl=0

Sub21: https://www.dropbox.com/s/wydecl9m7b5dqkk/CPTO%20%20GALEGO%20%20SUB%20-%2021.pdf?dl=0

 

 

Página 55 de 55