Galicia, campioa de España de técnica infantil e adulta e de freestyle
A selección galega de técnica volveu facelo. Galicia dominou de principio a fin o Campionato de España de Técnica (infantil e adulto) e de freestyle, que se celebrou este domingo en Marina D’Or. A selección galega venceu en todas as categorías e logrou a clasificación de vinte deportistas para o Mundial de Técnica.
Campionato de España de técnica infantil
As e os deportistas galegos da categoría infantil acadaron un total de 14 medallas (catro ouros, tres pratas e sete bronces) que levaron á selección ao máis alto da clasificación por equipos.
Os ouros foron para Ana Llin Shin (Han’s Horang I) en alevín feminino, Yaiza Vela (Natural Sada) en infantil feminino, e Nuria García (Escola Lucense) e Daniel Areáns (Neka) en cadete.
Ademais, Jessy Sun Shin (Han’s Horang I) logrou a medalla de prata na categoría benxamín feminina, Laura Álvarez (Neka) en infantil e Sara Pena (Patiño) en cadete.
Os sete bronces foron para: Samuel Crespo (Han’s Horang I) en benxamín masculino, Diego Fernández (Han’s Horang I) e Aitor Teijeiro (Neka) en alevín masculino, Ángela Paz (Hebe) e Francisco Ramos (Natural Sport Riveira) en infantil e Lucía Costas (Yidam) Rubén Galdó (Natural Sport Sada) en cadete.
Campionato de España de Técnica adulto
Tamén aquí Galicia logrou a primeira posición na clasificación por equipos cun total de 18 medallas (cinco ouros, cinco pratas e oito bronces).
En parellas 1, o podio foi totalmente galego con Andrea Vilas e Alejandro Losada (Tao) no máis alto e proclamándose campións de España. A prata foi para Alejandro Losada e Elena Varela (Neka), mentres que os bronces foron para Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam) e Alicia Pérez e Jorge Posada (Tao).
Ademais, en parella 2, Samuel Meilán e Nerea Alamancos (Tao) volveron a amosar a súa superioridade nesta modalidade para lograr o ouro.
En parella júnior, Bárbara Di-Martino e Álvaro Portela (Hebe) lograron a medalla de prata a só unha décima do ouro, que era unha parella organizada pola Federación Española e na que tamén había participación galega, xa que competía Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) que, por tanto, acadou a medalla de ouro.
O trío júnior formado por Álvaro Portela, Gabriele Santomé e Manuel Paz (Hebe) logrou a medalla de ouro, mentres que Raquel Losada, Andrea Moscoso e Fátima Rodríguez (Tao) sumaron un bronce. Ademais, hai que destacar o ouro acadado polo trío 2 feminino, formado por Vanesa Ortega, Sonia Pérez e Noelia Pérez (Hebe).
En trío 1 masculino, Samuel Alves, Manuel Rodríguez e Jorge Posada (Tao) lograron a medalla de prata, mentres que Alicia Pérez, Aroa Montenegro, Laura Vázquez (Tao) foron bronce na categoría feminina.
En trío cadete Aarón Bóveda, Iago Fraga e Samuel Meilán (do Kiap e Tao) lograron a medalla de bronce. Ademais, nesta categoría Tom Fernández e Alejandro Fernández foron convocados pola Española para formar un equipo do CAR, e con esta agrupación lograron a primeira posición. E sen esquecer á parella cadete formada por Samuel Meilán e Laura González (Tao), que foi bronce.
Ademais, a nivel individual, Sonia Pérez (Hebe) foi prata e Sandra Gardini (Yidam) bronce, en máster 1.
En máster 2, ouro para Esperanza Fernández (Couto) e bronce en masculino para Óscar Rey (Kiap). En rematamos a colleita de medallas coa prata de Encarnación Quintela (Hebe) en máster 4.
Campionato de España de Freestyle
E finalizamos coa medalla de ouro no Campionato de España de Freestyle, onde Galicia acadou 6 ouros, 5 pratas e 3 bronces.
En Individual –17 anos, Manuel Paz (Hebe) logrou a medalla de ouro, mentres que Tom Fernández (Kiap) e Bárbara Di-Martino (Hebe) foron prata e Gabriel Tembrás (Moo Duk Kwan) e Celia García (Tao) acadaron sendas medallas de bronce.
En parella -17 anos, Manuel Paz e Barbara Di Martino (Hebe) son os actuais campións de España, con Tom Fernández e Ana Sánchez (Kiap) como subcampións.
En individual + de 18 anos, tamén triunfaron os galegos: Eirim Vaamonde (Yidam) e Adrián Alonso (Yidam) proclamáronse campións de España individuais, mentres que Marcos Silva (Mace Sport) foi prata masculina.
En parella +18, novamente dominio galego: Aitor Priego e Eirim Vaamonde (Yidam) lograron a medalla de ouro, con Andrea Vilas e Samuel Alves (Tao) na segunda posición e Adrián Alonso e Sandra Gardini (Yidam), terceiros.
E rematamos co quinteto, no que Manuel Rodríguez, Alicia Pérez, Andrea Vilas, Samuel Alves e Alejandro Losada (Tao) foron ouro.
A selección galega sub 21 feminina, primeira no Campionato de España
Galicia volveu subirse ao podio do Campionato de España sub 21. A selección feminina sub 21 logrou onte en Marina D’Or a primeira posición por equipos, mentes que na clasificación xeral (masculina e feminina) foi bronce cun total de trece medallas (2 ouros, 4 pratas e 7 bronces).
Categoría feminina
Como sempre, as nosas deportistas estiveron impresionantes. En -53 quilogramos temos a dúas grandes campioas que sempre están no máis alto do podio. Esta vez foi Alma Pérez (Suh Sport) a que logrou a medalla de ouro contra Arlet Ortiz (Mat’s), que foi prata.
Alma gañou todos os seus combates con bastante superioridade. En primeira rolda superou a Sori Kim (Extremadura) por 19-6 e nos cuartos a Natalia Ruedas (Castela a Mancha) por 17-31. Na semifinal a rival era á valenciana Lorena Macía e Alma gañou de forma contundente (21-14). E na final esperaba a súa compañeira de adestramento, Arlet Ortiz. Ambas se coñecen moi ben e iso queda reflectido no tapiz, con combates moi apertados. Onte Alma foi mellor e venceu por 9-17, para lograr así o título de campioa de España.
Polo outro lado do cadro, Arlet venceu á Carla Reig (Valencia) por 5-1 e na semifinal a Lorena Cabel (Valencia) nun axustado combate (3-2). Na final non puido con Alma.
No peso pesado, Tania Castiñeira (Hebe) estivo abafadora. No primeiro combate foi moi superior a Sara Mora (Canarias), como amosa o resultado de 12-1. Na semifinal sentenciou a Desiree Ortega (Valencia) cun 1-16 e na final esperaba a catalá Silvia Boix, que nos últimos combate se lle atragantara a Tania. Pero onte a galega non deu a mínima opción. Tomou o mando dende o inicio e foi moi superior (18-3).
En – 49 quilogramos, prata (María González) e bronce (Sara Cortegoso) galegos. María González (Couto) gañou tres combates: A Patricia Oliva de Extremadura (7-11); a María Aguado (Castela a Mancha) por 20-6 e a Sheila Torras (Cataluña) por 21-22. Na final perdeu contra Irena Laguna (Madrid) por 3-15. Pola súa banda, Sara Cortegoso venceu a Eva Muñoz (Andalucía) por 25-4 e posteriormente a Julia Real (Canarias) nun apertado combate. Caeu en semifinais con Irene Laguna (Madrid), tamén de forma moi axustada (19-21).
Sofía Pérez (-73 quilogramos, Natural Sport) logrou o seu bronce ao superar a Neus Domenech (Valencia) por 6-4 nos cuartos de final. Na semifinal foi superada por Lea López (Cataluña) por un axustado 6-8.
En -62 quilogramos, Myriam García (Patiño) venceu en cuartos de final de forma clara a María Cano (Madrid) por 24-8 e na semifinal, contra Laura Pérez (Castela e León), quedou as beiras da final. Foi un combate moi axustado que se decidiu no punto de ouro.
Categoría masculina
Dani Corrales (-87, Patiño) logrou a medalla de prata tras gañar a Andrew Morales (Canarias) por 4-0 e a Alonso Hernández (Madrid) por 2-11. Perdeu na final contra Manuel Villén (Murcia) por 12-21.
Ademais, Adrián Pombo (-80, Natural Sport) tamén acadou o subcampionato, tras vencer en dous combates. Superou a Gabriel Molina (Madrid) por 5-0 e a Jorge Ros (Valencia) no punto de ouro (2-0). Na final enfrontouse a Jon Cintado, nun axustadísimo e fermoso combate que, nesta ocasión, caeu a favor do valenciano por 5-4.
Ademais houbo catro bronces. Brais Iglesias (-74, Natural Sport) subiu ao terceiro chanzo do podio, tras lograr a vitoria en dous combates por 1-22 (a Pablo Ortega, de Castela e Mancha). Unai Silva (-68, Mace Sport) tamén foi bronce con dous triunfos: Ante Kevin Rodríguez (Extremadura) por 20-7 e Óscar Hernández (Castela e León), por 12-14. Caeu na semifinal contra Raúl Corredor (Madrid) por 7-13.
No peso pesado houbo dous bronces galegos. Jesús Manuel Veiga (Maniotas) gañou a Félix Martín (Castela a Mancha) por 13-9 e confirmou a súa presenza no podio, pero perdeu en semifinal contra o madrileño Alejandro Vilariño (13-10). Pola súa banda, Emilio Pousada (Mace Sport) venceu a Miguel Ángel Vargas (Canarias) por 10-21 e garantiu o seu bronce. Posteriormente non puido clasificarse para a final, ao perder ante Borja Sánchez (Aragón) por 10-0.
A selección galega cadete feminina, prata no Campionato de España
As e os deportistas galegos da categoría cadete acadaron un total de 13 medallas (tres ouros, dúas pratas e oito bronces) no Campionato de España Cadete, que se celebrou onte en Marina D’Or (Castellón). A selección galega cadete feminina acadou a medalla de prata na clasificación por equipos.
Categoría feminina
Cloe Iglesias (-59, Patiño) logrou proclamarse campioa de España tras vencer en catro combates con autoridade. A galega comezou a competición contra Samira Martínez (A Rioxa) e un claro 0-13 ao seu favor. En cuartos a rival foi Paula Torregrosa (Valencia) e nova vitoria contundente (1-21) e nas semifinais tivo o combate máis apertado contra Elena Cantarero (Castela a Mancha). Cloe gañou por 6-4. A final foi contra a andaluza Mónica Vázquez e a deportista do Patiño volveu ser infinitamente superior (20-0).
O segundo ouro galego foi para Irene Monteagudo (-51, Natural Sport Riveira), nun torneo perfecto. Irene superou a Erika Martínez (Euskadi) en primeira rolda (0-6) e a Judith Palacios (Cataluña) en cuartos (13-6). En semifinais eliminou a Neus Valbuena (Valencia) por 7-27 e na final foi moi superior á catalá Tracy Panopio (12-22). Ouro para a deportista do Natural.
En -55, houbo dúas medallas galegas. Fátima Martínez (Couto) acadou a prata, mentres que Ainhoa García (Couto) foi bronce. Fátima gañou catro combates para lograr plantarse na final. Na primeira eliminatoria superou a Iraya Peque (Asturias) por 17-9 e posteriormente a Wiam Margoum (Valencia) por 1-11. Nos cuartos de final eliminou á canaria Nadya Parra (8-1) e nas semifinais venceu á extremeña Amanda Mendo (14-2). So non puido coa madrileña Nerea Fernández, quen xa en semifinais superara á outra galega do peso. Nerea gañou na final 18-8.
Pola súa banda, Ainhoa gañou a Ainhara Santana (Canarias) por 15-5 e a Naria García (Rioxa) por 10-2. Así garantiu a súa medalla. Na semifinal perdeu ante Nerea Fernández (Madrid) nun axustado combate (10-14).
A última medalla cadete feminina galega foi o bronce de Yadira Reimúndez (Mat’s) en -47 quilogramos. A deportista gañou dous combates (á canaria Victoria Pérez por 10-2 e á valenciana Lorena Herraiz por 0-2). Na semifinal caeu derrotada ante Ezoe ALberola (Cataluña) por 5-11.
Categoría masculina
Eduardo Rejo (Mace Sport, -61) logrou o título de campión de España tras lograr vencer en catro combates, en todos eles con bastante comodidade. O primeiro foi contra Pau Rigo (Baleares) e Rejo venceu 17-5; en segunda rolda superou a Enrique Durán (Andalucía por 13-17 e na semifinal deixou atrás ao catalá Joshua Maaño (22-7). A final foi contra o canario Juan Airam Coello e o resultado é incontestable: 3-24 para o galego.
En – 41 houbo dúas medallas galegas: Manuel Castro (BoudSport) foi prata e Samuel Meilán (Tao), bronce. Manuel venceu a Javier Navarro (Baleares) por 24-10; a Miguel Galilea (A Rioxa) por 23-7 e a Héctor López (Madrid) por 19-14. E así logrou meterse na gran final, onde esperaba o valenciano Marcos Jiménez, que foi mellor (26-9). Magnífica prata para Manuel Castro. No outro lado do cadro atopábase Samuel Meilán, quen gañou a Carlos Navarro (Baleares) por 5-11 e a Víctor del Rosario (Canarias) por 7-20. Caeu na semifinal ante Marcos Jiménez por 21-14.
En -49 quilogramos, Martín Conde (Couto) e David Barbosa (Budo Castrelos) lograron dúas medallas de bronce. Martín superou dúas eliminatorias para acadar a medalla: venceu a Alejandro Ortiz (Cataluña) por 15-3 e a Iván Salas (Navarra) por 1-18. Caeu na semifinal ante o madrileño Jesús Fraile (30-16), que foi o que se proclamou campión de España. Mentres, David Barbosa gañou en tres combates: a Aduén Viera (Canarias) por 8-24; a Guillermo Lafuente (Aragón) por 15-13 e a Diego Librado (Madrid) por 8-17. Perdeu na semifinal ante o catalá Rolando Duque (13-20).
Julián Feijóo (-33, Couto) tamén sumou unha medalla de bronce. Venceu a Alexis de la Fuente (Madrid) por 7-3; a Jorge Almeida (Baleares) por 17-19 e a Aingeru Araújo (Euskadi) por 23-7. Foi derrotado na semifinal polo representante de Andalucía, Jacob Muñoz, nun disputado combate (11-16).
O bronce de Darío Fernández (-65, Hebe) concretouse ao vencer a Guillermo Expósito (Madrid) dunha forma clara (10-20). Na semifinal perdeu contra o catalá Arnau Fumado (ouro).
Hugo Trigo (+65, Maniotas) logrou a medalla de bronce, ao superar nos cuartos de final a Airam Afonso (Canarias) por 2-6. Na semifinal caeu nunha fermosa loita ante o que ao final se proclamou campión de España. O valenciano Daniel Ortuño (22-18).
As seleccións galegas cadete e sub 21 de combate e as de técnica infantil e adulta participarán esta fin de semana no Campionato de España
As seleccións galegas cadete e sub 21 da modalidade de combate e as de técnica (adulto e infantil) participarán esta fin de semana no Campionato de España que se celebrará en Marina D’Or (Castellón). Serán dous días moi intensos de competición, cunha inscrición de más de 1.100 deportistas (334 en cadetes, 241 na categoría sub 21, 269 en técnica adulto e 266 en técnica infantil). Ademais teremos catro árbitros galegos en liza (Noelia Gómez, Daniel Paredes, Eugenio Barral e María Bautista).
O torneo cadete –para deportistas nados nos anos 2004, 05 e 06- celebrarase o sábado e a selección galega cadete, que viaxou onte en autobús, xa está en Marina D’Or. O equipo galego está formado por 29 deportistas (16 rapaces e 13 rapazas) e entre eles xa hai campións de España coma Ainhoa García ou Julián Feijoó e Cloe Iglesias (bronces na Copa Presidente de Atenas e clasificados para o Europeo cadete).
O pasado ano, as e os deportistas galegos acadaron un total de nove medallas (dous ouros, tres pratas e catro bronces) no Campionato de España Cadete que se celebrou en La Nucia (preto de Benidor). Por equipos, Galicia foi prata na categoría feminina e terceira na xeral, mentres que na categoría masculina ocupou a cuarta posición.
Na categoría sub 21 (deportistas nados entre os anos 1998 e 2002), a Federación Galega despraza a un equipo de 24 deportistas (12 rapaces e 12 mulleres) tamén con destacadas e destacados taekwondistas coma Arlet Ortiz (ouro Open Alemaña 2018 e bronce Europeo 2017), Tania Castiñeira (ouro na Copa Presidente de Atenas 2018), Unai Silva (clasificado para o Mundial Júnior deste ano) ou Pablo Patiño (ouro no Campionato de España júnior e tamén clasificado para o Mundial).
Técnica. A modalidade de técnica celebrarase o domingo tanto na categoría infantil coma adulto, polo que se espera unha moi longa xornada de competición. Galicia viaxa coa intención de loitar polo podio, como fai habitualmente, tanto a nivel individual como de selección. A selección galega adulta está formada por 46 deportistas e na infantil hai 11 taekwondistas convocados. Ademais, os clubs viaxan pola súa banda.
Convocatorias galegas para o Campionato de España 2017:
CTO. PROVINCIAL IDADE ESCOLAR EXHIBICIÓN -REDONDELA- 12/05/18
Circular 13/2018. Curso de xuices calificadores
Circular 12/2018. Curso actualización tribunales examen
Cpto. España Universitario
Selección técnica cpto. España 27/05/18
Itinerario Cptos. España
CPTO. ESPAÑA CADETE E SUB21
Saída xoves 24/05/18 – Regreso o sábado ó remate da competición
RIVEIRA (Ximansio Natural Sport) - 22:00 h.
BOIRO (Espiñeira) - 22:15 h.
SANTIAGO (Parada Hipercor) - 23:00 h.
PONTEVEDRA (Avda. de Marín) - 22:30 h.
VIGO (Plaza de España) - 23:00 h.
OURENSE (Rotonda O Couto) - 00:00 h.
CPTO. ESPAÑA DE TECNICA
PLAN DE VIAXE EQUIPOS DE TÉCNICA INFANTIL E ADULTO:
SAIDA VENRES 25:
22.00 Santiago
23. 00 Pontevedra
23.30 Vigo
00.30 Ourense
DOCUMENTACION:
DNI, Autorización paterna para os menores, Carnet de Grado.
EQUIPACION: A equipacion da FGT entregarase en destino. Viaxaremos con equipacion do club ou roupa deportiva.
More...
Selec. Cadete Cpto. España 26/05/18
Selección Sub21 Cpto. España 26/05/18
Resultados Galego Escolar de Combate - Outes 2018
O sábado celebrouse en Outes o Campionato Galego Escolar de Combate oa participación de 220 deportistas das categoría alevín e infantil.
No documento adxunto tedes as clasificacións.
CLASIFICACIÓN DO CAMPIONATO AUTONÓMICO ESCOLAR DE EXHIBICIÓN
O sábado 19 de maio celebrouse en Outes o Campionato Galego Escolar de Exhibición. Os dous primeiros clasificados da categoría cadete, que foron o Tao e o Mace Sport, lograron a clasificación para o Campionato de España.
Estos son os resultados das categorías infantil, cadete e xeral.